24/12/15

FOLLIÑAS LIXEIRAS E SECAS



Que vos parecen estas follas feitas pol@s alumn@s de 5ºB?

A ver se sabedes de que están feitas.....?

Aí tedes diferentes versións das follas de carballo coas landras, das do liquidámbar e das do pradairo.

E tamén fixeron a súa impresión en cartolina.

Ah que quedaron moi orixinais e moi chulas!!!

E para completar, valaí un poema do outono:


As árbores espidiñas,
                sen follas, 
                sen folliñas.
Os esqueletos de xeo 
                     amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Unha alfombra
             cobre o chan
tapiz de follas caídas,
                     folliñas
que veñen e van.

            Folliñas,
    lixeiras e secas
    fatigadas 
             de troular.


Folliñas 
         que bailan 
               co vento
todos collidos
              da man.
           
                  ( Antonio García Teijeiro )














22/12/15

HISTORIA DO FERROCARRIL


Baixo o título  "O TREN DE ANTES E O TREN DE AGORA" elaborei para este blog ,en entradas anteriores e de maneira cronológica, a evolución do FERROCARRIL dende que se inaugura o primeiro tramo entre Cornes e Carril ata que se chega  a enlazar con Madrid.

En entradas posteriores, tentarei dar a coñecer os datos relativos á construción do resto dos tramos que, en Galicia, permitirán unir diferentes puntos extratéxicos da nosa xeografía.

Este é o panel coa información relativa á "HISTORIA DO FERROCARRIL".



ELOY DOMÍNGUEZ VEIGA








Un persoeiro que tivo moita influencia neste concello de Catoira foi D. Eloy Domínguez Veiga, creador da empresa Cedonosa.

 Pero, se queredes saber máis da súa vida , podedes acceder neste enlace a unha publicación que leva por título :"EMPRESARIOS DE GALICIA"Volumen 2; editada pola Fundación Caixa Galicia e que foi elaborada por Ángel I. Fernández González, Profesor titular da Universidade de Santiago.






HISTORIA DA FÁBRICA DE LÁMPADAS DE PADRÓN

“Brillan como el sol de España”:

 nacemento e ocaso de ‘Lámparas Iria’

DANIEL SEIJAS  | 17.04.2011 "EL CORREO GALLEGO"

Ó saír de Padrón con dirección a Santiago de Compostela, e pasamos en Iria a ponte que cruza por riba da vía do ferrocarril, e miramos cara á dereita, a uns 200 metros, veremos unha antiga cheminea industrial. Pois nese lugar indicado, estivo noutro tempo funcionando a coñecida empresa LÁMPARAS IRIA,S.A. A orixe da fábrica de lámpadas incandescentes IRIA, S.A. xorde da iniciativa do padronés Estanislao Tanis Pérez Artime (1881-1945).Estanislao era fillo do importante comerciante, procedente da localidade rioxana de Ortigosa de Cameros, José Ramón Pérez de la Riva e da padronesa María de los Dolores Artime. Estanislao Pérez Artime contraería matrimonio con Angela Rey Baltar (1884-1964)
O 2 de setembro de 1929 constituíuse perante o notario de Padrón, Ignacio Viñas Nieto, a sociedade IRIA, S.A., sendo xerente e presidente do consello de Administración o propio Estanislao Pérez Artime. A empresa contaba cun capital social de 1.100.000 pesetas, dos cales, un 66,7% do total das accións eran propiedade de Estanislao Pérez Artime. O resto das accións correspondían a un amplo abano de persoas. O sector da banca estaba representando por Juan Saenz (Banco Simeón) e polos irmáns pontevedreses Ignacio e Francisco Riestra Calderón (Banca Riestra). Tamén figuraban o vilagarcían Santiago Rey Daviña e o comerciante santiagués Miguel Martínez de la Escalera. A lista de accionistas completábase ademais con persoas da propia familia Pérez Artime, como a nai e os irmáns de Estanislao, Isidoro e José; os seus fillos José, Manuel e Estanislao Pérez Rey; o seu cuñado Antonio Domínguez Orense, que era un dos grandes comerciantes de Pontecesures, entre outras persoas. O domicilio social da nova empresa establécese no lugar de Iria, casa número 1.
A fábrica, que se pon en marcha en 1929, conta ademais con fabricación propia de casquillos para as lámpadas e forno de vidro. As lámpadas que se pretenden fabricar eran dunha patente española , creada en 1927, que Estanislao Pérez mercara nun principio, para o seu uso en España, Cuba, Portugal e Bélxica, así como a pretensión de abranguer máis países. Tamén rexistrara a palabra "YRIA" ,escrita de forma oblicua e con i grego, como marca impresa que iría nas lámpadas. Segundo X. Carmona Badía, as primeiras semanas de funcionamento da empresa estiveron marcados por unha chea de problemas. As partidas de lámpadas saíran cativas e defectuosas, algo que lle deu, nun primeiro momento, moi mala fama á Compañía. Para paliar isto, botouse fóra o director técnico, Francisco de Salas Rodríguez, e decidiuse contratar un enxeñeiro máis competente, o alemán Hez Karl Feuchter, que viña da empresa Castañeda y Cía. de Madrid. El encargouse de reorganizar a fábrica e encargou a compra de maquinaria máis adecuada. Deste xeito, as cousas comezaron a funcionar en mellores condicións. Obtouse ademais por cambiarlles, de balde, ós clientes de Lámparas Iria, as pezas defectuosas por unhas que funcionaran. Superado este contratempo, tiveron que afrontar outro inconveniente . Dado que Lámparas Iria era unha empresa nova no mercado, o resto das compañías do sector dedicáronse a "tirar" os prezos para tentar arruinalos e botalos do mercado, feito que non lograron de todo, xa que co comezo da Guerra Civil Lámparas Iria faríase cunha parte importante do mercado galego, xa que os fábricantes madrileños e cataláns quedaran na zona republicana, sen posibilidade de exportar ás zonas controladas polos rebeldes franquistas como Galicia.
Lámparas Iria foi, ademais, unha empresa que dende un primeiro momento prestou moita atención á súa imaxe publicitaria. Segundo apunta Quiroga Valcarce, en 1930 Lámparas Iria manda producir unha película publicitaria na que aparecían imaxes do interior da fábrica en pleno funcionamento cos obreiros traballando, así como imaxes de Padrón. Esta filmación estreouse no antigo Salón Latorre, en abril dese mesmo ano, coincidindo posiblemente coas festas da Pascua de Padrón. Dita filmación que tiña como fin a súa exhibición nos principais cines de España, estivo producida probablemente pola empresa do cineasta José Gil "Galicia Cinegráfica". Ademais do cine, Lámparas Iria serviuse da prensa para dar a coñecer os seus produtos, coa inserción de espectaculares e chamativas ilustracións publicitarias nas follas dos principais xornais galegos, facendo moi populares os segunites lemas :
"Lámparas Yria, lucen como el sol de España" ou "La lámpara gallega para Galicia". Tamén foron destacados os stands que instalou Lámparas Iria nas feiras e exposicións a onde acudiu para mostrar os seus produtos. Ese fora o caso das feiras do automóbil de ocasión e exposición industrial que se celebraran en Pontecesures nos anos 1950 e 1954. Na feira cesureña de 1950 Iria, S.A. presentou a súa caseta expositora cun arco de triunfo rematado coa cruz de Santiago, que estaba perfilada con lámpadas e cun saúdo de benvida ós visitantes. Estes exemplos dan unha boa idea da preocupación que a dirección de Lámparas Iria tiña á hora de crear unha boa imaxe de marca do seu produto, que seguiron coidando con outro tipo de detalles. Lámparas Iria encargoulle a Cerámica Celta de Pontecesures a realización dun secante publicitario coa imaxe das torres da colexiata de Iria, seguramente co fin de ser un agasallo para os seus bos clientes. Ademais, en Cerámica Celta, segundo conta Xoán Guitián, utilizábanse os restos dos vidros da fábrica de lámpadas, para transformarlos e empregalos no vidrado exterior dos artigos feitos de cerámica.
As amizades que tivera Estanislao Pérez Artime, durante a II República, con persoeiros e deputados de esquerdas pasaríalle despois factura ó pouco de explotar a Guerra Civil. O historiador Carlos Fernández explica que Estanislao foi represaliado,permanecendo unha temporada no cárcere de Santiago de Compostela.Cando saíu del, deu moitos cartos para reparar o presidio, co fin de mellorar as condicións nas que se atopaban os presos. En 1945, coa morte de Estanislao, a presidencia da empresa pasa ó seu fillo, o enxeñeiro Estanislao Pérez Rey que era o director técnico e propietario a súa vez da fábrica de casquillos de lámpadas de Lámparas Iria. Nese mesmo ano IRIA, S.A. amplía o seu capital social ata os 5 millóns de pesetas, dos cales unha gran maioría son da sociedade Hijos de Simeón García de Ourense e Santiago de Compostela.
En 1948, a fábrica declaraba un consumo oficial de 43.000 m3 de gas, mentres que o seu persoal era de 92 empregados. Os problemas económicos e as continuas perdas que afectaron a IRIA, S.A nos anos posteriores fixeron que en 1953, para poder restablecer o equilibrio financeiro da Compañía, se optara por reducir o capital social á metade. Ademais, a empresa seguiu investigando en novos sistemas de iluminación, e despois de visitar unha fábrica en Londres, polo ano 1953, e adquirir unha seria de experiencias, adecuan a factoría e deciden fábricar tamén tubos fluroerescentes, que serán comercializados baixo a denominación de VERALUX. A pesar da introdución de novos produtos no mercado, a fábrica de Iria seguiría pasando por máis visicitudes económicas nos anos seguintes, pechando aproximadamente, a mediados dos anos 70.

19/12/15

A CONQUISTA DO ESPAZO

VIVIR NO ESPAZO



O primeiro laboratorio espacial foi o estadounidense SKAYLAB I, lanzado o 14 de maio de 1973.
Grazas a esta plataforma, tres astronautas puideron realizar numerosas observacións astronómicas coa axuda dun telescopio especial.
  
Varias sondas espaciais, LUNIK, MARINER, VIKING, PIONEER, VOYAGER e moitas máis sucaron o espazo exterior máis aló da órbita da TERRA, coa fin de obter información científica sobre a LÚA, MARTE, VENUS, XÚPITER, SATURNO E TRITÓN.

A VOYAGER II, tras pasar a 5000Km da atmosfera de NEPTUNO e fotografar o seu satélite TRITÓN en 1989, abandoou o SISTEMA SOLAR.





Un dos obxectivos da ”carreira espacial” era poder disponer de estación espaciais capaces de ser habitadas por astronautas durante longo tempo.Os primeiros foron os rusos coas súas naves SLUT.

   A SALYUT I foi a primeira estación espacial tripulada, despois de acoplarse en 1971 co SOYUZ XI. 



    A SALYUT VII, lanzado en 1982 estableceu o record de permanencis no espazo, con 238 días.

                                                                    



                                                                
A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL é o obxecto de   maiores dimensións mandado ao espazo. Xira arredor da TERRA  una velocidade de 27000Km/h.


O 29 de outubro de 2015, o astronauta americano SCOTT KELLY bateu o  record de permanencia continuado de 216 días e 522 ao longo de catro misións. Este record tíñao MICHAEL LÓPEZ-ALEGRÍA. O record absoluto de permanencia acumulada teno o ruso SERGER KRIKALYOV con 803 días ao longo de seis misión.




A CONQUISTA DO ESPAZO

OS TRANSBORDADORES ESPACIAIS


Son naves espaciais de transporte tripuladas. Durante un tempo estiveron en funcionamento para abastecer e colocar módulos orbitais na ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL e misións de mantemento do telescopio HUBBLE.
    A súa característica principal era que se podían reutilizar ata os cen lanzamentos, o cal abratou considerablemente os custos.
   
Ata 1980 todos os lanzadores existentes eran dun só uso, destruianse tralo lanzamento.
    O primeiro lanzamento orbital tivo lugar o 12 de abril de 1981.      
                                                                                                                
A NASA contou con seis:ENTERPRISE(1977),COLUMBIA(1981-12 abril de 2003 estourou cando reentraba na atmosfera e faleceron os sus sete tripulantes),CHALLENGER(1982-28 de xaneiro de1986estourou aos 73 seg do lanzamento),DISCOVERY(1984-2011),ATLANTIS(1985-2011) e o ENDERVOUR(1992-2011).

     Os rusos , co BURÁN(1988) só fixeron una viaxe tripulada.


   
A AXENCIA ESPACIAL EUROPEA tamén dispuxo dun, o  ARIANNNE V que o 19 de decembro de 1999 trasladou o satélite XMM-Newton, o telescopio de raios X máis potente que se puxo en órbita.


 En febreiro de 2015 lanza  o primeiro prototipo de nave espacial reutilizable; leva o nome de IXV(Inmediate Xperimental Vehicle)




18/12/15

A CONQUISTA DO ESPAZO

A CONQUISTA DA LÚA

                
 Un dos momentos máis significativos da HUMANIDADE e da TECNOLOXÍA foi a misión espacial tripulada de EEUU do APOLO XI que ía lograr que o ser humano camiñara sobre a superficie da LÚA.





  A tripulación estaba formada por NEIL AMSTRONG, EDWIN E. ALDRIN e MICHAEL COLLINS.
 




Despegou o 16 de xullo de 1969 dende Cabo Kennedy (Florida), impulsado polo foguete espacial SATURNO V.

Dous minutos despois do despegue  sepárase una parte e nove minutos máis tarde sepárase a segunda etapa. O “módulo de mando” e o “módulo lunar” permañecen unidos.


Unha vez completada a segunda órbita arredor da ´TERRA, o centro de mando de Huston ordea poñelo rumbo á LÚA, acelerando ata 45000Km/h. O “módulo lunar” sepárase do “Qmódulo de mando·Atraídos pola forza da gravidade da LÚA a una velocidade de 9000Km/h.

                                     AMNSTRONG e ALDRIN pasan al “módulo lunar” EAGLE, mentres COLLINS permanece no “módulo de mando” COLUMBIA para efectuar a manobra de separación.
    O EAGLE está pousado sobre a superficie da LÚA.


O comandante AMSTRONG foi o primeiro ser humano que pisou a superficie do noso satélite o 21 de xullo de 1969 ás  2:56 hora internacional, ao Sur do MAR da TRANQUILIDADE, seis horas despois de ter alunizado. Será el quen pronuncie a famosa frase:” It´s one small step for man, one giant leap for mankind”(Un pequeño paso para un home, un gran salto para a humanidade).

 
  A continuación os astronautas levan a cabo as tarefas encomendas , así como clavar a bandeira dos EEUU.

 
Despois de trece horas prodúcese o despegue e pouco a pouco acercáronse os dous módulos e encáranse cara a TERRA para logo entrar nunha pequeña cápsula e entrar na atmosfera abrindo tres paracaídas e amerizando no Océano Pacífico, preto das illas Hawai ás 18:50 h do día 24 de xullo.
   




Os nosos "Principiños e Princesiñas" de 5ºB
deséxanvos un FELIZ NADAL!!








A CONQUISTA DO ESPAZO

 PIONEIROS DO ESPAZO II



 O 20 de febrero de 1962, os estadounidenses iniciaron a exploración tripulada do espazo coa viaxe de JOHN GLENN que a bordo do FRIENDSHIP 7 , que impulsado polo MERCURY ATLAS 6, deu tres voltas á TERRA en 4h 55min 23seg.

VALENTINA TERESKOVA, soviética, foi a primeira cosmonauta da historia cando  o 16 de xuño de 1963, a bordo da nave VOSTOK 6 convertiuse na primeira muller en viaxar ao espazo.




ALEKSEI LEONON, astronauta soviético que o 12 de marzo de 1965 foi o primeiro home en facer un “paseo espacial".








JIM LOVELL , americano, realizou a primeira viaxe orbital arredor  da LÚA o 27 de decembro de 1968 a bordo do APOLO VIII e será quen comande a misión do APLO XIII en abril de 1970.







ARNALDO TAMAYO, cubano,considerado coma o primeiro latino en ter chegado ao espazo exterior.Viaxou na SOYUZ 38 o 18 de setembro de 1980. Realizou una viaxe de sete días a través de 124 órbitas arredor do noso planeta.


MAE JEMISON, física e astronauta americana que en 1992, a bordo do ENDEVOUR, foi a primeira muller de orixen africana en viaxar ao espazo. Tras saír da NASA, participou nun episodio de STAR TREK: NEXT GENERATION



















PEDRO DUQUE, o rpimeiro astronauta nacido en España, realiza a súa primeira misión en 1998 a bordo do DISCOVERY e participa na misión en MISIÓN  CERVANTES na EEI.
YANG LIWI foi o primeiro astronuta (taikonauta) da Rep.
Popular China; viaxou ao espazo exterior coa nave espacial SHENZHOU V o 15 de outubro de 2003,e,tras dar 14 voltas arredor da TERRA a 340 Km de altura,  regresou 21h despois do lanzamento.