21/07/20

DIA DA NAI 2013



AGASALLOS DO DÍA DA NAI 2013

Un fermoso colgante artesanal para un día tan especial.



PREMIO A UNHA EXPERIENCIA PEDAGÓXICA ARREDOR DA FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO



Fai quince anos tiven a honra de que este traballo fose valorado e premiado.

O alumnado ao que foron destinadas estas actividades eran de Segundo curso de Educación Primaria do C.P.I Progreso de Catoira.

Coma profesora- titora de este grupo, teño que poñer de manifesto, en primeiro lugar que, cando comecei este traballo, botei bastante tempo tentando selecionar os poemas que me parecesen o máis aexitadas á idade d@s alumn@s cos que estaba traballando, temendo que alguns deles resultasen de difícil comprensión.

Seleción de poemas:

                                FOLLAS NOVAS

                                                     VARIA- Meses de inverno fríos
                                                                    Era no mes de maio...(fragmento)
                                                                    Vamos bebendo

                                                     DA TERRA- Miña casiña, meu lar.

                                                     DO ÍNTIMO-Maio longo
                                                                           ¡Que prácidamente brilan!
                                                                            Abride as frescas rosas

                                                     AS VIUDAS DOS VIVOS E AS VIUDAS DOS 
                                                     MORTOS- Tecín soa a miña tea

                            CANTARES GALLEGOS
                                                                        Nasín cando as prantas nasen
                                               
Aprobeitamos a ocasión de escoitar moitos poemas aos que diferentes compositores lles puxeron música.

Pero foi sorprendente o resultado acadado ao ver coma se despertaba o seu interese por esta modalidade literaria, esmiuzando  cada poema e comentándoos a nivel oral para logo continuar coas diferentes actividades propostas.

Traballáronse as características da linguaxe poética, as frases feitas, os refráns, o tempo atmosférico, a emigración, a soedade, a tristeza, a pobreza, a lectura de textos poéticos, a importancia de Rosalía na nosa poesía e a súa influencia nos lectores máis novos.

Predisposición á introdución na aprendizaxe de novos métodos de elaboración de textos a partir dun programa informático.

Valorar a mellora da calidade de vida se a comparamos con outras épocas pasadas , aceptación da convivencia escolar con persoas de diferentes razas ou con necesidades educativas especiais.

A non discriminación en función dos xogos e dos traballos e tolerancia e respecto polos demais.

Foi incrible a facilidade coa que podían memorizar estrofas en incluso poesías completas, a súa expresividade ao ser recitadas. Había coma unha especie de competición para ver quen era capaz de recordalas mellor. Este ansia  por facer ben as cousas trasladouse ás actividades relacionadas coa Área de Educación Artística.

Animámonos a facer un taller de poesía que vai incluido neste traballo e no que se poden apreciar os intentos do alumnado por facer rimas. Foi incrible¡¡ Valorando de maneira moi positiva a súa ceatividade á hora de compoñer pareados.

Ao mesmo tempo amosaron un gran interés por visitar a Casa-Museo de Rosalía na Matanza e, moit@ del@s fixeron que as súas familias tamén se interesaran e os acompañaran a visitala. Traía todo tipo de recordos: fotos, libros, entradas....

Algo que teño que comentar é que, aínda que non estea selecionado o poema Torres de Oeste, fixemos a súa lectura. Sorprendeulles bastante o título xa que sendo de Catoira, chamoulles a atención que Rosalía lle adicase a ese lugar emblemático unha das súas poesías.

Podería comentar multitude de anécdotas relacionadas con este traballo, que foi levado a cabo durante os meses de abril e maio de 2005.

Recordaremos  neste traballo a   Adrián ,  Claodia Isabel, Marta C.  ,Juan, Marta G. 
 Nicolás ,  Aida, Patricio, Yaiza, Belén, Alba, María, Iván, Sara, Julia, Rocío, Álvaro,  Andrea, Alejandro, Carlos, Fabián e Manuel.

Mit@s puideron ir á Casa de Rosalía o día da entrega dos premios e aparecen na noticia do xornal El Correo Gallego.

A tod@s  levareivos sempre na miña memoria. Foron momentos inesquecibles.

Deséxovos o mellor na vosa vida e que cheguedes á meta que vos propoñades.