O noso roteiro particular por Catoira comeza visitando os exteriores do
Hotel Balneario, tamén coñecido por
"Villa Cayo", onde hai anos se dispensaban tratamentos a base das augas mineiro- medicinais que tanta fama deron a este pobo.
|
HOTEL BALNEARIO |
Continuamos a visita pasando pola
Capela de San Xosé Obreiro, moi preto da estación do tren.
|
CAPELA DE SAN XOSÉ OBREIRO
|
Cruzado por debaixo da vía do tren , seguimos a nosa camiñata cara o
"Balneario Laxinias", hoxe en total abandono, no que se levaban a cabo os baños coas augas medicinais.
|
BALNEARIO LAXINIAS |
Seguindo cara a praia fluvial podese ver de fondo, cruzando o
río Ulla, a maior
ponte de extructura metálica contruida ata agora en Europa, que serve para o
recén estreado Tren de Alta Velocidade da liña A Coruña-Vigo e coñecido coma o
"Viaducto de Catoira".
|
PRAIA FLUVIAL E PONTE DO TREN |
|
PASARELA DE MADEIRA SOBRE A MARISMA |
|
ZONA INTERMAREAL. DESEMBOCADURA DO RÍO CATOIRA |
|
VISTA XERAL |
Na desembocadura do
río Catoira atópanse os restos dun muiño de marea.
|
MUIÑO DE MAREA
|
Pasado este muiño, continuamos pola marxen esquerda do río Catoira e chagamos ata outro muiño que se atopa restaurado .
|
MUIÑO NO RÍO CATOIRA
|
Tras deixar atras este muiños, continuamos por un camiño que vai dar á Casa do Concello dende onde seguimos , unha vez atravesada a estrada que conduce cara Vilagarcía de Arousa, a ruta que nos leva ao lugar de Trasadaveiga. Preto dalí podemos observar, no alto dun pequeno outeiro,
os muiños de vento.
Pero a nosa peregrinaxe ten coma obxectivo principal a visita dunha pequena capela que ten unha gran importancia histórica coma se sinalou nun apartado anterior do noso blog. Referímonos á
Capela da Virxe da Barca, no lugar de Trasdaveiga.
|
CAPELA DA VIRXE DA BARCA EN TRASDAVEIGA |
Preto da Finca da Capela podemos observar un magnífico exemplar dunha
sobreira que destaca polo seu tamaño e antigüidade.
|
SOBREIRA CENTENARIA EN TRASDAVEIGA
|
E coma non podía ser menos, este precioso
hórreo de tipoloxía mixta, construido en pedra e madeira, de tres claros combinando nos seus soportes os pés e as cepas, cuns remates nos dous extremos do tellado, que simbolizan a abundancia co pináculo e o sentido sagrado do pan ,coa cruz.
|
HÓRREO EN TRASADAVEIGA |
|
HÓRREA DE PEDRA EN TRASADVEIGA |
Outro tipo de hórreo, todo de pedra.
Deixamos
Trasadaveiga para seguir á beira da estrada e paramos a contemplar este cruceiro, simbolo galego onde os haxa.
|
CRUCEIRO NA RÚA DO CONCELLO |
No noso camiñar imos cara o
lugar de Barral onde, case na estrada se pode ver este outro cruceiro, que á vista está que non é respectado polo vecindario.
|
CRUCEIRO NO LUGAR DE BARRAL |
Pero tamén atopamos esta fonte de tres canos da que brota auga por un só .
|
FONTE - BARRAL
|
Alí falamos con xente que nos amosou o lugar onde , hai moito tempo, existiu unha
torre que, ao ver dos restos que quedan , debeu ocupar unha boa superficie.
|
VISTA FRONTAL DOS RESTOS DA TORRE DE BARRAL |
Contan algúns historiadores que en Barral houbo o
privilexio de acuñar moeda.
|
PORTA DE ENTRADA A UNHA FINCA- BARRAL
|
Seguindo as indicacións duns letreiro e coa axuda duns veciños, chegamos ata
"Outeiro de Barral", unha paraxe de pedras con representacións de gravados rupestres nos que predominan as
"cazoletas".
|
PEDRA CON PETROGLIFOS- BARRAL |
|
VISTA DO LADO DEREITO DOS RESTOS DA TORRE DE BARRAL |
|
ANTIGA CONSTRUCIÓN EN BARRAL |
Este cartel informa da disposición das pedras e axuda a interpretar os grabados rupestres.
|
INDICADOR INFORMATIVO DOS PETROGLIFOS DE BARRAL |
Sempre a axuda da veciñanza é moi útil para dar con lugares especiais coma o foi o deste muiño no que o seu propietario se prestou amablemente a amosarnos o seu funcionamento e contarnos algo da súa historia.
Quedámoslles moi agradecidos.
|
PECULIAR LAVADOIRO NA CANLE DO MUIÑO |
|
DEMOSTRACIÓN DO FUNCIONAMENTO |
|
INTERIOR DUN MUIÑO
|
Preto deste muiño temos este outro que está completamente abandoado . Podemos apreciar esas dúas pedras situadas a carón da porta de entrada e cuia misión era a de pousar as saquetas para logo subilas á cabeza ou ao lombo dun burro.
|
EXTERIOR DUN MUIÑO EN RUINAS
|
Preto dos muiños citados con anterioridade hai esta pequena e antiga
pontella que nos permite cruzar o regato que leva a auga ata os muiños.
|
PONTELLA ANTIGA |
O río
Catoira, nunha contorna rodeada de vexetación. E
stamos en Fonte Gaiteira.
|
MUIÑO DA PONTE |
|
PEQUENA PONTELLA SOBRE O RÍO CATOIRA EN FONTE GAITEIRA |
Antes de construir a estrada entre Cesures e Carril, esta ponte medieval usábase para cruzar o río Catoira e formaba parte do chamado
"camiño real".
|
A PONTE VELLA (S-XI) SOBRE O RÍO CATOIRA |
|
ENTORNO DO RÍO CATOIRA |
Logo dun pequeno descanso, imos rematando a nosa andaina e dirixímonos ata a
Igrexa Parroquial de San Miguel de Catoira, situada no casco urbán, e visitamos o monumento adicado ao arcebispo
Diego Xelmírez, que tanta fama lle deu a Catoira.
|
MONUMENTO A XELMÍREZ |
|
IGREXA DE SAN MIGUEL DE CATOIRA
|
Así remata a nosa andaina por Catoira, Disfrutamos do noso patrimonio e esperemos que quenes lean esto , tamén se sintan atraídos e saiban valorar o que teñen preto.
Animámosvos a que coñezades este concello, ainda que esta é unha pequena mostra do que se pode ver.