03/07/15

VISITANDO CATOIRA



      O noso roteiro particular por Catoira comeza visitando os exteriores do Hotel Balneario, tamén coñecido por "Villa Cayo", onde hai anos se    dispensaban    tratamentos a base das augas mineiro- medicinais que tanta fama deron a este pobo.


HOTEL BALNEARIO
   Continuamos a visita pasando pola Capela de San Xosé Obreiro, moi preto da estación do tren.


CAPELA DE SAN XOSÉ OBREIRO

  Cruzado por debaixo da vía do tren , seguimos a nosa camiñata cara o "Balneario  Laxinias", hoxe en total abandono, no que se levaban a cabo os baños coas augas medicinais.


BALNEARIO LAXINIAS

  Seguindo cara a praia fluvial podese ver de fondo, cruzando o río Ulla, a maior
ponte de extructura metálica contruida ata agora en Europa, que serve para o
 recén    estreado Tren de Alta Velocidade da liña A Coruña-Vigo e coñecido coma o "Viaducto de Catoira".


PRAIA FLUVIAL E PONTE DO TREN


PASARELA DE MADEIRA SOBRE A MARISMA


ZONA INTERMAREAL. DESEMBOCADURA DO RÍO CATOIRA


VISTA XERAL

  Na desembocadura do río Catoira atópanse os restos dun muiño de marea.

MUIÑO DE MAREA

  Pasado este muiño, continuamos pola marxen esquerda do río Catoira e chagamos ata outro muiño que se atopa restaurado .

MUIÑO NO RÍO CATOIRA

    Tras deixar atras este muiños, continuamos por un camiño que vai dar á Casa do Concello dende onde seguimos , unha vez atravesada a estrada que conduce cara Vilagarcía de Arousa, a ruta que nos leva ao lugar de Trasadaveiga. Preto dalí podemos observar, no alto dun pequeno outeiro, os muiños de vento.
    Pero a nosa peregrinaxe ten coma obxectivo principal a visita dunha pequena capela que ten unha gran importancia histórica coma se sinalou nun apartado anterior do noso blog. Referímonos á Capela da Virxe da Barca, no lugar de Trasdaveiga.


CAPELA DA VIRXE DA BARCA EN TRASDAVEIGA
  Preto da Finca da Capela podemos observar un magnífico exemplar dunha sobreira  que destaca polo seu tamaño e antigüidade.

SOBREIRA CENTENARIA EN TRASDAVEIGA

  E coma non podía ser menos, este precioso hórreo de tipoloxía mixta, construido en pedra e madeira, de tres claros combinando nos seus soportes os pés e as cepas, cuns remates nos dous extremos do tellado, que simbolizan a abundancia co pináculo e o sentido sagrado do pan ,coa cruz.

HÓRREO EN TRASADAVEIGA
HÓRREA DE PEDRA EN TRASADVEIGA
Outro tipo de hórreo, todo de pedra.



   Deixamos Trasadaveiga para seguir á beira da estrada e paramos a contemplar este cruceiro, simbolo galego onde os haxa.

CRUCEIRO NA RÚA DO CONCELLO

   No noso camiñar imos cara o lugar de Barral onde, case na estrada se pode ver este outro cruceiro, que á vista está que non é respectado polo vecindario.


CRUCEIRO NO LUGAR DE BARRAL

     Pero tamén atopamos esta fonte de tres canos da que brota auga por un só .

FONTE - BARRAL

  Alí falamos con xente que nos amosou o lugar onde , hai moito tempo, existiu unha torre que, ao ver dos restos que quedan , debeu ocupar unha boa superficie.


VISTA FRONTAL DOS RESTOS DA TORRE DE BARRAL
   

 Contan algúns historiadores que en Barral houbo o privilexio de acuñar moeda.



PORTA DE ENTRADA A UNHA FINCA- BARRAL

           Seguindo as indicacións duns letreiro e coa axuda duns veciños, chegamos ata "Outeiro de Barral", unha paraxe de pedras con representacións de gravados rupestres nos que predominan as "cazoletas".


PEDRA CON PETROGLIFOS- BARRAL

VISTA DO LADO DEREITO DOS RESTOS DA TORRE DE BARRAL

ANTIGA CONSTRUCIÓN EN BARRAL


























 Este cartel informa da disposición das pedras e axuda a interpretar os grabados rupestres.


INDICADOR INFORMATIVO DOS PETROGLIFOS DE BARRAL
     
   














    Sempre a axuda da veciñanza é moi útil para dar con lugares especiais coma o foi o deste muiño no que o seu propietario se prestou amablemente a amosarnos o seu funcionamento e contarnos algo da súa historia.
   Quedámoslles moi agradecidos.


PECULIAR LAVADOIRO NA CANLE DO MUIÑO
DEMOSTRACIÓN DO FUNCIONAMENTO



INTERIOR DUN MUIÑO



   














Preto deste muiño temos este outro que está completamente abandoado . Podemos apreciar esas dúas pedras situadas a carón da porta de entrada e cuia misión era a de pousar as saquetas para logo subilas á cabeza ou ao lombo dun burro.


EXTERIOR DUN MUIÑO EN RUINAS

      Preto dos muiños citados con anterioridade hai esta pequena e antiga pontella que nos permite cruzar o regato que leva a auga ata os muiños.


PONTELLA ANTIGA
 
     O río Catoira, nunha contorna rodeada de vexetación. Estamos en Fonte Gaiteira.


MUIÑO DA PONTE

PEQUENA PONTELLA SOBRE O RÍO CATOIRA EN FONTE GAITEIRA

      Antes de construir a estrada entre Cesures e Carril, esta ponte medieval usábase para cruzar o río Catoira e formaba parte do chamado "camiño real".


A PONTE VELLA (S-XI) SOBRE O RÍO CATOIRA

ENTORNO DO RÍO CATOIRA















Logo dun pequeno descanso, imos rematando a nosa andaina e dirixímonos ata a Igrexa Parroquial de San Miguel de Catoira, situada no casco urbán, e visitamos o monumento adicado ao arcebispo Diego Xelmírez, que tanta fama lle deu a Catoira.




MONUMENTO A XELMÍREZ

IGREXA DE SAN MIGUEL DE CATOIRA


  
  Así remata a nosa andaina por Catoira, Disfrutamos do noso patrimonio e esperemos que  quenes lean esto , tamén se sintan atraídos e saiban valorar o que teñen preto.

 Animámosvos a que coñezades este concello, ainda que esta é unha pequena mostra do que se pode ver.




Ningún comentario:

Publicar un comentario