02/11/15

A ERMIDA DE SAN CIBRÁN









 Localízase na parroquia de Dimo,  na ladeira setentrional do Monte Xiabre, preto de onde nace o Rego de San Cibrán e baixo unha carballeira, está a ermida do mesmo nome.

    Para acceder a este lugar hai que coller a estrada que vai dende Catoira a Carracedo e, a poucos quilómetros, collemos á nosa dereita unha pista que nos indica o lugar.
   

   









 A capela está formada por unha soa nave duns 20x8 metros. O edificio está  totalmente construido de pedra e, ao longo dos anos , tivo moitas reformas e engadidos.

   Non se pode determinar con exactitude a súa fundación, pero parece remontarse  a unha época barroca e ademais,baixo unha ventá,  aparece unha inscrición onde pon ano  de 1671.

  
   Coñecido na zona coma San Sidrán, a súa romaría celébrase dez días despois da Ascensión.

  Unha das tradición levadas a cabo nesta celebración é a de dar nove voltas arredor da ermida para logo titrar unha pedriña sobre o tellado.

   Tamén hai que pasar tres veces por debaixo da imaxe do santo.

   Todo isto faise para romper o meigallo e quitar o mal de ollo.

    Pero o que caracteriza a esta festa é o xantar na carballeira, escoitar música de gaita e comer o pulpo, churros, rosquillas......

  VIDA DE SAN CIBRÁN

   Este santo  naceu cara o ano 200 , probablemente en Cartago. Pertencía a unha familia rica e culta. Abrazou o cristianismo sobre o ano 246 e, pouco despois, no 248  foi  elexido bispo en Cartago e morreu decapitado.

  É dos santos máis antigos do culto hispano.

  Cibrán foi meigo antes de se cristianizar e, por iso,esas fórmulas máxicas atribúenselle a el por ser considerado o autor do libro "O Ciprianillo", que é considerado o libro de maxia  de meigas e feiticeiros.

   A súa imaxen representa a un bispo.

  OBRAS:

Tratados e cartas agrupados en dous tipos:

-As de carácter apoloxético, defendendo a fe de Cristo contra os pagáns.
-As pastorais, nas que fala coma bispo cunha clara concepción da igrexa e do episcopado.


  REFRÁNS:

  Os refráns referidos a este santo teñen que ver con outra época do ano, xa que o día 16 de setembro é cando se celebra en máis lugares.

   "Por San Cibrán , castaña  na man".
  "Chuvia por San Cibrán, quita mosto e non da gran".


  
   


Feito por : Abel Casal Touriño

Ningún comentario:

Publicar un comentario