Localízase na parroquia de Dimo, na ladeira setentrional do Monte Xiabre, preto de onde nace o Rego de San Cibrán e baixo unha carballeira, está a ermida do mesmo nome.
Para acceder a este lugar hai que coller a estrada que
vai dende Catoira a Carracedo e, a poucos quilómetros, collemos á nosa dereita
unha pista que nos indica o lugar.
A capela está formada por unha soa nave duns 20x8
metros. O edificio está totalmente
construido de pedra e, ao longo dos anos , tivo moitas reformas e engadidos.
Non
se pode determinar con exactitude a súa fundación, pero parece remontarse a unha época barroca e ademais,baixo unha
ventá, aparece unha inscrición onde pon ano de 1671.
Coñecido na zona coma San Sidrán, a súa romaría celébrase dez días despois da Ascensión.
Unha das tradición levadas a cabo nesta celebración é a de dar nove voltas arredor da ermida para logo titrar unha pedriña sobre o tellado.
Tamén hai que pasar tres veces por debaixo da imaxe do santo.
Todo isto faise para romper o meigallo e quitar o mal de ollo.
Pero o que caracteriza a esta festa é o xantar na carballeira, escoitar música de gaita e comer o pulpo, churros, rosquillas......
VIDA
DE SAN CIBRÁN
Este
santo naceu cara o ano 200 ,
probablemente en Cartago. Pertencía a unha familia rica e culta. Abrazou o
cristianismo sobre o ano 246 e, pouco despois, no 248 foi
elexido bispo en Cartago e morreu decapitado.
É dos santos máis antigos do culto hispano.
Cibrán foi meigo antes de se cristianizar e, por iso,esas fórmulas máxicas atribúenselle a el por ser considerado o autor do libro "O Ciprianillo", que é considerado o libro de maxia de meigas e feiticeiros.
A súa imaxen representa a un bispo.
OBRAS:
Tratados
e cartas agrupados en dous tipos:
-As
de carácter apoloxético, defendendo a fe de Cristo contra os pagáns.
-As
pastorais, nas que fala coma bispo cunha clara concepción da igrexa e do
episcopado.
REFRÁNS:
Os refráns referidos a este santo teñen que ver con outra época do ano, xa que o día 16 de setembro é cando se celebra en máis lugares.
"Por
San Cibrán , castaña na man".
"Chuvia por San Cibrán,
quita mosto e non da gran".
Ningún comentario:
Publicar un comentario