Visita do grupo de 5ºB ás Torres de Oeste
Aprobeitando que estamos tratando o tema da Idade Media, que mellor lugar para recrear uns momentos clave na historia de Galicia e de Catoira, en particular.
Un lugar coma as Torres de Oeste ben merecía que se lle adicase un tempo para poder comprender como este enclave estratéxico está situado no lugar polo que entraron diferentes pobos e civilizacións e a influencia que estes chegaron a ter naqueles momentos.
Foi este río Ulla un camiño importante polo que significou o paso dos restos do Apóstolo Santiago, convertíndose no principal camiño Xacobeo da Historia.
Pero o que máis cabe salientar deste asentamento, que se supón con antecedentes castrexos e posteriormente romanos, é a súa misión de defender esta entrada contra as incursións dos normnados e dos piratas sarracenos nas nosas costas.
Aínda que o que podemos observar son os restos dun enclave defensivo, estando aquí podemos supoñer como podía ser este lugar naquela época de maior explendor.
Sen embargo o interesante desta visita foi poñer en valor a historia destas torres e comprender o significado desta célebre frase: "CATOIRA, CHAVE E SELO DE GALICIA"
Tamén podemos falar do aspecto lúdico deste lugar, pois tódolos primeiros domingos do mes de agosto se celebra neste recinto a internacionalmente coñecida "ROMARÍA VIQUINGA", na que se recrea o desembarco e posterior combate entre invasores e invadidos, rematando todos xuntos nunha gran festa.
"Víanse entrando pola Ría de Arousa uns cen drakkars cara Catoira dirixidos polo seu xefe Gunderedo".....
Detalle da ventá da Torre Maior. |
Reproducións de dous drakkars viquingos. |
Paseo sobre as xunqueiras. |
Ao fondo, vista do viaducto sobre o Ulla entre as provincias de Pontevedra e A Coruña. |
Aspecto da marisma coa marea baixa. |
Entrada no recinto pola porta da Torre de Lugo. |
Un descanso para repoñer forzas. |
Descanso para merendar e charlar . |
Torre próxima ao río Ulla. |
Grupo de 5ºB xunto á ermida e á Torre Maior. |
Imaxe dunha das torres con parte da muralla defensiva. |
Diante da Torre de Lugo. |
Ao fondo o illote coñecido como o do Rato ou do Rapto cun dos cruceiros do viacrucis marítimo fluvial. |
Restos dunha das torres. |
Outro aspecto da marisma coa marea baixa. |
Aspecto dunha ventá da capela de estilo prerrománico asturiano. |
Rosalía Castro escribiu este poema adicado ás Torres de Oeste:
As Torres de Oeste
A iaugua corría
polo seu camiño,
i eu iba ó pe dela
preto dos Laíños,
sin poder cas penas
que moran conmigo.
Con tamaña carga,
¿para dónde eu iba?
A Virxe sabráio,
que eu non o sabía;
mais seica fuxindo
de min mesma iña.
Por antre os herbales,
profunda e sombrisa,
cal unha sarpente
de escamas bruñidas,
brillaba ós meus ollos
dándome cobiza.
¡Estaba tan soia!
Nin bote, nin lancha,
nin velas, nin remos
a vista alebraban;
e soias as veigas
tamén se quedaran.
¡Qué bonitas eran
noutro tempo as rosas
que naqueles campos
medran e se esfollan!
Mais muchas estonces
se amostraban todas.
I o sol, cal a lúa
en noite de brétema,
brilaba tembrando
por antre as vimbieiras,
tan descolorido
como a mesma cera.
I ao ferir as ondas
revoltas e escuras,
víanse no espeso
da negra fondura
as herbas marinas
e longas que a surcan.
De pronto unha i outra
poñéndome medo,
as loitosas cruces
se me apareceron
que se erguen na orela
cal nun cimiterio.
"Meu ben, ¿ónde moras?
-perguntéi chorando-.
Xa que ti morreche,
no mundo, ¿qué fago,
coma vós, ¡ouh torres!,
soia e sin amparo?
Soidás me consomen,
bágoas me alimentan,
sombras me acompañan,
cómeme a triteza.
¡Quén pode con tanta
fartura de penas!"
I eu non sei qué negra
tentazón maldita
me afrixéu o esprito,
me anubróu a vista,
e sorréume como
me o demo sorrira.
Dende a fonda orela
miréi arredore...
A marea viva
petaba nas torres,
orfas antre a líquida
sabán que as envolve.
"¡Alá vou! -lles dixen-.
Daime morte dose,
auguas onde as penas
para sempre dormen..."
Saltéi..., i a corrente
calada levóume.
..................................
..................................
..................................
¡Ouh Torres de Oeste!
Malas tentadoras
auguas apromadas,
de calma treidora;
cómaros pelados
onde o corvo pousa.
¡Ouh Torres de Oeste!
Tan soias e mudas,
ca vosa atentaches
a miña tristura.
Ninguén triste vaia
cabo de vós nunca.
Dos desamparados
tendes o homenaxen,
i aínda ó redor voso
non rexorde o aire,
coma si temese
de vos despertare.
É das que se apegan
a tristeza vosa;
das que o peito oprimen,
das abrumadoras,
que ó inferno encamiñan
as almas loitosas.
Que si inda estóu viva,
foi que un mariñeiro,
medio morimunda,
por estes cabelos
tróuxome das ondas
ó mundo en que peno.
Non vaiades nunca,
eu vo-lo aconsello,
ás Torres de Oeste
co corazón negro.