Buscar neste blog
27/11/14
04/11/14
O alumnado de 6º curso de
Ed. Primaria visita Pontevedra
Acompañados polas súas titoras, o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria do C.P.I. Progreso de Catoira realizou unha visita a Pontevedra.
Co plano da cidade na man, fixeron un percorrido polo casco vello á maneira de xogo de orientación e descubriron lugares emblemáticos da cidade do Lérez.
Aproveitaron a ocasión para visitar o Sexto Edificio do Museo Provincial no apartado de "Arte Galego do S-XX" e, coa axuda de guías didácticas,realizaron actividades encamiñadas a diferenciar as distintas tendencias da Arte Contemporánea e a aprender a ver un cadro e as diferentes interpretacións que un artista fai na súa obra.
Esta viaxe foi subvencionada
pola Deputación Provincial de Pontevedra que, cada ano, nos brinda a oportunidade de visitar o Museo Provincial.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)