Buscar neste blog

25/06/15


 MUIÑO DE MAREA



    “O Muiño do Cura”, que é como é coñecido o muiño de marea existente en Catoira, está situado  onde desemboca o río Catoira no Ulla, case  na Ria de Arousa.

      Era neste lugar onde se instalou debido ás mareas que permitían a entrada de auga durante a preamar e unha gran seca na baixamar, para poder conseguir que funcionasen adecuadamente.

      É unha construción formada por un edificio e unha presa no fondo dunha seca e sobre esta parede instalouse o edificio do muiño.


Muiño de dúas pedras
     
 Este muiño tiña unha comporta que se abría cando subía a marea e a presa se enchía . Cando esta estaba chea, pechábase a comporta ata que se abría cando a marea baixaba , o que permitía que pasase a  auga para mover o rodicio.



           

        O que  diferencia fundamentalmente estes muiños dos outros é ter unha presa ou muro, xa que no resto teñen un mecanismo semellante.

  Traballaba en  períodos de seis horas,coincidindo coas mareas.


Comporta da presa pola parte interior.

  

Este muiño data de arredor 
de 1873 e pertencía a un só propietario.

Canle de saída da auga da presa.

Esta construción constaba de tres andares e faiado na parte da vivenda e dous andares na zona de traballo ou moenda.


Interior do muiño
Vista exterior

Pedra do muiño no interior.


O seu estado actual é de ruina.

Feito por: Marcos Calvo García e Joel Jamardo Conde

23/06/15

AS NOSAS TRADICIÓNS

Mural elaborado para o Calendario Musical do ano 2012 polo alumnado de 3ºA

NOITE DO SAN XOÁN

Chegou a noite do San Xoán á Nosa Terra,
a noite meiga de tradicións verdadeiras,
esta é a noite das lumieiras
e de brincar por enriba das fogueiras.

Na noitiña do San Xoán
as fogueiras alumean
esta noite arde Galicia
e co lume vanse as meigas.

Na noitiña do San Xoán,
mentres arden as fogueiras,
non hai figas nin meigallos,
non hai bruxas nin hai meigas.

E nesta noite do San Xoán na Nosa Terra
o lume queima os meigallos que hai na aldea,
a herbaluisa disposta está
para lavarnos na alborada do San Xoán.

Letra e música: Xosé-Luís Blanco Campaña
Gravada en discos por Ana Kiro (1984)



Se queredes escoitar un anaco desta canción , que está no mes de xuño, podedes facelo aquí:






09/06/15

  
SAN MIGUEL DE CATOIRA



VISTA FRONTAL




   A igrexa parroquial  de San Miguel de Catoira é de orixe medieval e responde á tipoloxía galega chamada gótico-mariñeira.
  A súa primeira etapa   (1250-1350)   caracterízase por ter pranta de nave única, rectangular. Tellado con estructura de madeira sobre arcos apuntados transversais e cuberta de tella a dúas augas.

   A primeira transformación levada a cabo foi a finais do S. XVII, cando se ampliou cara o oeste e se colocaron dous retablos barrocos , un do Santísimo e o outro de San Roque.


  As obras proseguiron a comezos do S. XVII para erguer unha sacristía.

  
            VISTA DO LATERAL DEREITO

ANTIGA CAPELA MAIOR


A capela maior, rectangular e profunda, mais estreita  ca nave, está cuberta con bóveda de canón apuntado.


      No Altar Principal hai unha imaxe da Virxe,  de gran tamaño. Ao seu carón ten dúas imaxes máis pequeñas, unha de Xesus e outra de San Miguel.
VISTA DO LATERAL ESQUERDO
Esta igrexa non tiña renta, pero o 
 recibido dividíanse en dúas partes: unha, consistente en quince cargas de pan era para o cura e  a outra, consistente en vintecatro ducados,  era para o mosteiro de San Martín Pinario.


      A festividade de San Miguel celébrase o día 29 de setembro.



Histoira de San Miguel:

VENTÁ CON VIDREIRA
      San Miguel é un dos 7 arcanxos. A Igrexa dá a San Miguel o nome de “Príncipe dos Espíritus Celestiais”. Miguel significa “quen coma Deus”.

      É representado no arte coma o anxel guerreiro, o conquistador de Lucifer, poñendo o seu talón sobre a cabeza do inimigo infernal, traspasándoo coa súa lanza.

      San Miguel é o anxo que derrotou a Satanás e ós seus seguidores e botounos do ceo coa súa espada de lume.

Refráns de San Miguel:

-"Por san Miguel os figos saben a mel".

            -"San Migueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras".

-"Polo san Miguel mete as uvas no tonel".

-"Polo san Miguel, xa o coello se ve ben".



 Feito por: Marcos Calvo García







08/06/15


CAPELA DA NOSA SEÑORA DA BARCA


VISTA FRONTAL



  Está situada en Catoira, no lugar de Aragunde, nunha finca privada. Antigamente, ao lado da capela, había unha necrópole (cemiterio). Todo o achado na capela pertence á época sueva. (S. VI-VII).
  
  No seu interior albergaba unha imaxe da Virxe da Barca está feita de madeira de aciñeira ,está policromda, mide 72 cm de alto e 12,5 de ancho.Data do ano 1735. Agora encóntrase na Igrexa Parroquial de San Miguel de Catoira.

   O culto a esta virxe débese a Don Roque do Río, veciño de Catoira, comerciante que negociaba  na ruta entre México e Galicia que, atopándose en perigo de naufraxio do seu  barco, ofreceuse a facer a capela no seu lugar de nacemento.

   Posiblemente esta capela se fixese adosada á antiga igrexa parroquial de san Salvador, citada no apartado referente á igrexa de Dimo, da cal dependía naquela época.
   Esta capela estaba en tan mal estado que houbo que cambiar o tellado e a porta de entrada.

VIRXE DA BARCA

VISTA LATERAL



 A necrópole da capela é un importante xacemento arqueolóxico de 
carácter funerario no que se atopou un ara romana adicada ao Deus
Bandua,divinidade indíxena  con aires romanizados e coa seguinte 
inscrición: 

Deo Bau (duae) Ti (berius). 
            Cla (udius). Ci (-cz-) vo --
            de (os)auto.v(otum).
            S(olvit). I(ibeus).M (erito).

  Neste mesmo lugar, descubriuse unha estela funeraria antropomorfa, de época romana conservada , coma a maioría dos achados, no Museo de Pontevedra, cunha inscrición que leva o nome da difunta; posiblemente se chamara Matilda:

      Mati-

     -iae 

 
   Hai unha superstición que di que  se non se coida a capela  trae mala sorte.

   Parece ser que neste lugar houbo un culto precristián, máis tarde lugar cristianizado e lugar de culto durante a época sueva (S. XI) ata a Alta Idade Media.

   Os sarcófragos deste xacemento non teñen decoración, agás unha especie de cruz que  nun estremo representa unha especie de cabeza.

   Tamén se atopou unha lápida antropomorfa que parece pertencer a unha sepultura dun neno.


VISTA POSTERIOR





VISTA LATERAL DO TELLADO

VISTA XERAL


 Feito por: Joel Jamardo Conde

RECOMENDACIÓN LECTORA





































Son Celia e Nerea as encargadas de recomendarnos unha lectura.

"Nesta ocasión recomendamos "El Principito", que é a novela máis famosa do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry e que foi publicada en 1943.

O seu título orixinal é "Le petit prince".

 Narra as aventuras dun neno que vén do lonxano asteroide B612 e dos personaxes que coñece nos outros planetas polos que pasa antes de chegar á Terra, onde se encontra cun aviador no medio do deserto do Sahara porque o seu avión tivera unha avaría no seu motor.

O principiño remata a súa aventura volvendo ao seu asteroide.

Consta de vinte e seis capítulos, unha pequena introdución e un capítulo final.

Ao igual que o protagonista da historia, o autor, Antoine de Saint- Exupéry tamén era aviador e tivera un accidente no deserto do Sahara.

Recomendamos a súa lectura  tanto a nenos coma a adultos , xa que cando empezar a lelo non podes deixalo.

O que é máis importante, fala de crear lazos de amizade"

Como diría o principiño:

Qu'est-ce que signifieapprivoiser” ? 
  - C'est une chose trop oubliée, dit le renard. Ça signifie “créer des liens…”
 - Créer des liens ?
 - Bien sûr, dit le renard.

04/06/15



AS TORRES DE OESTE
(Castellum Honesti)

VISTA XERAL
    Son as ruinas dunha fortificación que existiu á beira do río Ulla, no lugar onde verte as súas augas cara a Ría de Arousa. Localizadas nunha especie de illa que está afectada pola marea e rodeada de xunqueiras.Para poder acceder, hai unha especie de pasarela.

PORTA DE ENTRADA AO RECINTO. RESTOS DA "TORRE DE LUGO"

PORTA DE ENTRADA E PASARELA
  As murallas e torres deste recinto erguíanse sobre os restos dun antigo asentamento romano, adicado ao comercio marítimo , tal e como o constataron as excavacións realizadas que demostraron a ocupación romana desde o S. I d.C.  Tamén hai que dicir que estas torres romanas ocupaban un antigo asentamento castrexo.

  O lugar elexido é motivado polo interese ,na   Idade Media, de defender Compostela,Galicia e,sobre todo,Catoira, atacada sistematicamente por exércitos estranxeiros que chegaban ás costas galegas na busca de supostos tesouros en Compostela .As Torres impediron o ascenso polo río Ulla de navíos normandos e piratas sarracenos.Durante séculos frearon toda incursión que chegaba á Ria de Arousa.Pero nada se puido facer polos pobos costeiros.Durante a alta Idade Media varias vagas normandas chegaron ás costas galegas e causaron moitos estragos.

   Durante o reinado de Alfonso III érguense estas defensas nos últimos anos do S.IX e comezos do X, construidas baixo o estilo prerrománico asturiano. 

   Foi este rei o que entrgou esta fortaleza á Mitra Compostelá.

VENTÁ DUNHA DAS TORRES
DETALLE PRERROMÁNICO ASTURIANO NAS VENTÁS DA ERMIDA
  O rei Alfonso V , no ano 1024,temendo un novo ataque, volve a reforzas as defensas de Oeste.
  No ano 1066, o bispo compostelá Cresconio  córtalle o paso a unha nova incursión na Fortaleza de Oeste e expúlsaos definitivamente de Galicia, pero neste desencontro, é ferido de morte.
  Entre os anos 1071 e 1088 estaba de bispo en Compostela Diego Páez que nomeou a Xelmiro ou Xelmirio, señor de Iria e de Oeste , un home da baixa nobreza galega, como administrador  e gobernador do Castelo de Oeste que casaría cunha sobriña ou irmá do bispo e terían cinco fillos: Diego, Munio, Gundesindo, Pedro e Juan, que se criarín entre Santigo, Iria e Oeste.
  Entre os anos 1108 e 1122 , Diego Xelmirez (fillo de Xelmiro)arcebispo de Compostela, reforzou de novo este emplazamento  para contrarrestar os ataques das naves islámicas.Construiu muros e baluartes e ergueu sete torres, unha delas era a "torre maior" que ocupaba o lugar central, de tal maneira que se os atacantes se acercaban , estes puidesen ser repelidos con pedras e dardos lanzados desde arriba.
"TORRE MAIOR"
.
  Pero Xelmírez tamén mandou construir unhas naves birremes para loitar contra estas incursións.

  As torres de Oeste  eran lugar importante de paso de mercadorías polo Ulla .Alí había que pagar unha peaxe para poder continuar  ata Pontecesures.

  Nos últimos anos da Baixa Idade Media sufrirán o ataque dos irmandiños.

  No ano 1798 quedaría reducida só a dúas torres e a capela.

  Nos nosos días,esa antiga edificación pódese ollar nun dos conxuntos arqueolóxicos de maior relevancia de Galicia.

TORRE CON ERMIDA ADOSADA

A ERMIDA DAS TORRES
  A ermida das Torres ou Capela de Santiago encóntrase unida a unha das torres e foi rehabilitada en varias ocasións.A fachada principal coróase cunha espadaña cunha soa campá.A portada principal coróase cunha sinxela porta con lintel pentagonal, baixo un arco semicircular.Ten nun lado unhas inscricións de difícil lectura.A historia Compostelá,escrita polos colaboradores do arcebispo Xelmirez,consideraba a Castellum Honesti como ``chave e selo de Galicia´´,porque sempre foi un conxunto moi importante na defensa da sede episcopal. Por isa razón a Igrexa quixo dotar ao castelo cunha capela adicada a Santiago.

FACHADA PRINCIPAL DA ERMIDA

A ROMARÍA VIKINGA
   É unha das festas máis antigas,senlleiras e coñecidas de Galicia,de feito a súa fama mesmo trascende fronteiras de España.Nesta festa popular os veciños escenifican os ataques que sufreu a costa galega durante a Idade Media a mans dos pobos normandos que viñan en busca de fortunas a Compostela.As Torres serviron de escudo defensivo ata o reinado dos Reis Católicos.Pero nesta celebración “os antigos vikingos acaban invadindo o "Castellum Honesti" e cada primeiro domingo de agosto, miles de persoas achéganse ao recinto das Torres de Oeste.En 1993 botouse o Drakkar “Torres do Oeste” que orixinou o irmanamento coa localidade danesa de Frederikssund (en 1997).En 2002 a festa obtivo a declaración  de Festa de Interese Internacional e a súa repercusión empuxou ao concello a construír o  "Frederikssund", botado en 2008. Dende hai anos a Romaría Vikinga estreita lazos entre Galicia e os países nórdicos.

             


DRAKKARS


 








Feito por: Sergio Costa Muiños