MUIÑO DE MAREA
“O Muiño do Cura”, que é como é
coñecido o muiño de marea existente en Catoira, está situado onde desemboca o río Catoira no Ulla,
case na Ria de Arousa.
Era neste lugar
onde se instalou debido ás mareas que permitían a entrada de auga durante a
preamar e unha gran seca na baixamar, para poder conseguir que funcionasen
adecuadamente.
É unha construción
formada por un edificio e unha presa no fondo dunha seca e sobre esta parede
instalouse o edificio do muiño.
Muiño de dúas pedras |
Este muiño tiña
unha comporta que se abría cando subía a marea e a presa se enchía . Cando esta
estaba chea, pechábase a comporta ata que se abría cando a marea baixaba , o que
permitía que pasase a auga para mover o
rodicio.
O que diferencia fundamentalmente estes muiños dos outros é ter unha
presa ou muro, xa que no resto teñen un mecanismo semellante.
Traballaba en períodos de seis horas,coincidindo coas mareas.
Comporta da presa pola parte interior. |
Este muiño data de
arredor
de 1873 e pertencía a un só propietario.
Canle de saída da auga da presa. |
Esta construción constaba de tres andares e faiado na parte da vivenda e dous
andares na zona de traballo ou moenda.
Interior do muiño |
Vista exterior |
Pedra do muiño no interior. |
Feito por: Marcos Calvo García e Joel Jamardo Conde