09/06/15

  
SAN MIGUEL DE CATOIRA



VISTA FRONTAL




   A igrexa parroquial  de San Miguel de Catoira é de orixe medieval e responde á tipoloxía galega chamada gótico-mariñeira.
  A súa primeira etapa   (1250-1350)   caracterízase por ter pranta de nave única, rectangular. Tellado con estructura de madeira sobre arcos apuntados transversais e cuberta de tella a dúas augas.

   A primeira transformación levada a cabo foi a finais do S. XVII, cando se ampliou cara o oeste e se colocaron dous retablos barrocos , un do Santísimo e o outro de San Roque.


  As obras proseguiron a comezos do S. XVII para erguer unha sacristía.

  
            VISTA DO LATERAL DEREITO

ANTIGA CAPELA MAIOR


A capela maior, rectangular e profunda, mais estreita  ca nave, está cuberta con bóveda de canón apuntado.


      No Altar Principal hai unha imaxe da Virxe,  de gran tamaño. Ao seu carón ten dúas imaxes máis pequeñas, unha de Xesus e outra de San Miguel.
VISTA DO LATERAL ESQUERDO
Esta igrexa non tiña renta, pero o 
 recibido dividíanse en dúas partes: unha, consistente en quince cargas de pan era para o cura e  a outra, consistente en vintecatro ducados,  era para o mosteiro de San Martín Pinario.


      A festividade de San Miguel celébrase o día 29 de setembro.



Histoira de San Miguel:

VENTÁ CON VIDREIRA
      San Miguel é un dos 7 arcanxos. A Igrexa dá a San Miguel o nome de “Príncipe dos Espíritus Celestiais”. Miguel significa “quen coma Deus”.

      É representado no arte coma o anxel guerreiro, o conquistador de Lucifer, poñendo o seu talón sobre a cabeza do inimigo infernal, traspasándoo coa súa lanza.

      San Miguel é o anxo que derrotou a Satanás e ós seus seguidores e botounos do ceo coa súa espada de lume.

Refráns de San Miguel:

-"Por san Miguel os figos saben a mel".

            -"San Migueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras".

-"Polo san Miguel mete as uvas no tonel".

-"Polo san Miguel, xa o coello se ve ben".



 Feito por: Marcos Calvo García







Ningún comentario:

Publicar un comentario