08/06/15


CAPELA DA NOSA SEÑORA DA BARCA


VISTA FRONTAL



  Está situada en Catoira, no lugar de Aragunde, nunha finca privada. Antigamente, ao lado da capela, había unha necrópole (cemiterio). Todo o achado na capela pertence á época sueva. (S. VI-VII).
  
  No seu interior albergaba unha imaxe da Virxe da Barca está feita de madeira de aciñeira ,está policromda, mide 72 cm de alto e 12,5 de ancho.Data do ano 1735. Agora encóntrase na Igrexa Parroquial de San Miguel de Catoira.

   O culto a esta virxe débese a Don Roque do Río, veciño de Catoira, comerciante que negociaba  na ruta entre México e Galicia que, atopándose en perigo de naufraxio do seu  barco, ofreceuse a facer a capela no seu lugar de nacemento.

   Posiblemente esta capela se fixese adosada á antiga igrexa parroquial de san Salvador, citada no apartado referente á igrexa de Dimo, da cal dependía naquela época.
   Esta capela estaba en tan mal estado que houbo que cambiar o tellado e a porta de entrada.

VIRXE DA BARCA

VISTA LATERAL



 A necrópole da capela é un importante xacemento arqueolóxico de 
carácter funerario no que se atopou un ara romana adicada ao Deus
Bandua,divinidade indíxena  con aires romanizados e coa seguinte 
inscrición: 

Deo Bau (duae) Ti (berius). 
            Cla (udius). Ci (-cz-) vo --
            de (os)auto.v(otum).
            S(olvit). I(ibeus).M (erito).

  Neste mesmo lugar, descubriuse unha estela funeraria antropomorfa, de época romana conservada , coma a maioría dos achados, no Museo de Pontevedra, cunha inscrición que leva o nome da difunta; posiblemente se chamara Matilda:

      Mati-

     -iae 

 
   Hai unha superstición que di que  se non se coida a capela  trae mala sorte.

   Parece ser que neste lugar houbo un culto precristián, máis tarde lugar cristianizado e lugar de culto durante a época sueva (S. XI) ata a Alta Idade Media.

   Os sarcófragos deste xacemento non teñen decoración, agás unha especie de cruz que  nun estremo representa unha especie de cabeza.

   Tamén se atopou unha lápida antropomorfa que parece pertencer a unha sepultura dun neno.


VISTA POSTERIOR





VISTA LATERAL DO TELLADO

VISTA XERAL


 Feito por: Joel Jamardo Conde

Ningún comentario:

Publicar un comentario