04/06/15



AS TORRES DE OESTE
(Castellum Honesti)

VISTA XERAL
    Son as ruinas dunha fortificación que existiu á beira do río Ulla, no lugar onde verte as súas augas cara a Ría de Arousa. Localizadas nunha especie de illa que está afectada pola marea e rodeada de xunqueiras.Para poder acceder, hai unha especie de pasarela.

PORTA DE ENTRADA AO RECINTO. RESTOS DA "TORRE DE LUGO"

PORTA DE ENTRADA E PASARELA
  As murallas e torres deste recinto erguíanse sobre os restos dun antigo asentamento romano, adicado ao comercio marítimo , tal e como o constataron as excavacións realizadas que demostraron a ocupación romana desde o S. I d.C.  Tamén hai que dicir que estas torres romanas ocupaban un antigo asentamento castrexo.

  O lugar elexido é motivado polo interese ,na   Idade Media, de defender Compostela,Galicia e,sobre todo,Catoira, atacada sistematicamente por exércitos estranxeiros que chegaban ás costas galegas na busca de supostos tesouros en Compostela .As Torres impediron o ascenso polo río Ulla de navíos normandos e piratas sarracenos.Durante séculos frearon toda incursión que chegaba á Ria de Arousa.Pero nada se puido facer polos pobos costeiros.Durante a alta Idade Media varias vagas normandas chegaron ás costas galegas e causaron moitos estragos.

   Durante o reinado de Alfonso III érguense estas defensas nos últimos anos do S.IX e comezos do X, construidas baixo o estilo prerrománico asturiano. 

   Foi este rei o que entrgou esta fortaleza á Mitra Compostelá.

VENTÁ DUNHA DAS TORRES
DETALLE PRERROMÁNICO ASTURIANO NAS VENTÁS DA ERMIDA
  O rei Alfonso V , no ano 1024,temendo un novo ataque, volve a reforzas as defensas de Oeste.
  No ano 1066, o bispo compostelá Cresconio  córtalle o paso a unha nova incursión na Fortaleza de Oeste e expúlsaos definitivamente de Galicia, pero neste desencontro, é ferido de morte.
  Entre os anos 1071 e 1088 estaba de bispo en Compostela Diego Páez que nomeou a Xelmiro ou Xelmirio, señor de Iria e de Oeste , un home da baixa nobreza galega, como administrador  e gobernador do Castelo de Oeste que casaría cunha sobriña ou irmá do bispo e terían cinco fillos: Diego, Munio, Gundesindo, Pedro e Juan, que se criarín entre Santigo, Iria e Oeste.
  Entre os anos 1108 e 1122 , Diego Xelmirez (fillo de Xelmiro)arcebispo de Compostela, reforzou de novo este emplazamento  para contrarrestar os ataques das naves islámicas.Construiu muros e baluartes e ergueu sete torres, unha delas era a "torre maior" que ocupaba o lugar central, de tal maneira que se os atacantes se acercaban , estes puidesen ser repelidos con pedras e dardos lanzados desde arriba.
"TORRE MAIOR"
.
  Pero Xelmírez tamén mandou construir unhas naves birremes para loitar contra estas incursións.

  As torres de Oeste  eran lugar importante de paso de mercadorías polo Ulla .Alí había que pagar unha peaxe para poder continuar  ata Pontecesures.

  Nos últimos anos da Baixa Idade Media sufrirán o ataque dos irmandiños.

  No ano 1798 quedaría reducida só a dúas torres e a capela.

  Nos nosos días,esa antiga edificación pódese ollar nun dos conxuntos arqueolóxicos de maior relevancia de Galicia.

TORRE CON ERMIDA ADOSADA

A ERMIDA DAS TORRES
  A ermida das Torres ou Capela de Santiago encóntrase unida a unha das torres e foi rehabilitada en varias ocasións.A fachada principal coróase cunha espadaña cunha soa campá.A portada principal coróase cunha sinxela porta con lintel pentagonal, baixo un arco semicircular.Ten nun lado unhas inscricións de difícil lectura.A historia Compostelá,escrita polos colaboradores do arcebispo Xelmirez,consideraba a Castellum Honesti como ``chave e selo de Galicia´´,porque sempre foi un conxunto moi importante na defensa da sede episcopal. Por isa razón a Igrexa quixo dotar ao castelo cunha capela adicada a Santiago.

FACHADA PRINCIPAL DA ERMIDA

A ROMARÍA VIKINGA
   É unha das festas máis antigas,senlleiras e coñecidas de Galicia,de feito a súa fama mesmo trascende fronteiras de España.Nesta festa popular os veciños escenifican os ataques que sufreu a costa galega durante a Idade Media a mans dos pobos normandos que viñan en busca de fortunas a Compostela.As Torres serviron de escudo defensivo ata o reinado dos Reis Católicos.Pero nesta celebración “os antigos vikingos acaban invadindo o "Castellum Honesti" e cada primeiro domingo de agosto, miles de persoas achéganse ao recinto das Torres de Oeste.En 1993 botouse o Drakkar “Torres do Oeste” que orixinou o irmanamento coa localidade danesa de Frederikssund (en 1997).En 2002 a festa obtivo a declaración  de Festa de Interese Internacional e a súa repercusión empuxou ao concello a construír o  "Frederikssund", botado en 2008. Dende hai anos a Romaría Vikinga estreita lazos entre Galicia e os países nórdicos.

             


DRAKKARS


 








Feito por: Sergio Costa Muiños

Ningún comentario:

Publicar un comentario