Las muy ricas horas del Duque de Berry
(Les Très Riches Heures du Duc de Berry)
O que no agosto e setembro non dá cebada, no san Xohán non fai xornada.
No agosto, arder e no setembro, beber.
Calor en agosto e auga en setembro.
A castaña no agosto quere arder e no setembro beber
Setembro ou seca as fontes ou leva as pontes.
No san Mateu ou vendimas tu, ou vendimo eu/ vendima ti, vendimarei eu.
Agosto madura e o setembre vendima as uvas.
Vendima feita e palleiro cerrado botan fóra o criado.
San Mateo, vendima ti, vendimarei eu.
O medo garda a viña e non quen a vendima.
O medo garda a viña e non quen a vendima.
Nosa Señora coa súa ola e san Miguel co seu tonel.
San Migueliño das uvas maduras, que tarde vés e pouco duras.
San Ramón, san Ramonciño, unha camisa de liño che dou.
San Miguel, mes do viño, moita iauga no moíño.
Por Santiago, esconde o coello o rabo; e, por san Miguel, volvéselle a ver.
Por san Miguel, colle a vara i o caravel.
De san Miguel a san Martiño, recóllese o pan e gárdase o viño.
Colle o viño no mes de san Miguel, si todo o ano queres beber.
Se queres sacar mel sácaa por san Miguel.
A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro.
En setembro, colleita e non sementes.
Polo san Xil nogueiras a espelir.
Se queres mel por san Miguel.