Buscar neste blog

29/11/20

 

DOUTRA MANEIRA


Eu nunca imaxinei

que isto ía pasar.

Xamais se poderá

recuperar todo o perdido.

Debemos continuar

e correxir tantos errores.

A vida é así,

doutra maneira.


Uns xa se foron,

outros xa irán,

non volveremos

a velos xa.

Pero teremos que pensar

que a vida é algo pasaxeiro.

Hai que aprender a vivir así,

doutra maneira.


Tempos virán

que nos dirán

que hai que facer

para acabar

con este virus tan mortal.

Con sentidiño hai que vivir;

para vivir, hai que loitar,

doutra maneira.


Verase o bo,

tamén o mal

que hai en nós

e nos demais.

Quedamos moitos neste barco

e temos que chegar a salvo

e con saúde  ,ata o final,

doutra maneira.


                                                 Autora:  Marisel Llerena Orgaz

Poemario propio 

 


19/11/20

 

Toleo por ela


Galicia, xardín e cuna

de Curros e Rosalía,

Dios me axude e a fortuna 

pra ir a ela algún día.

Xa sinto que pouco a pouco

vaise a miña mocedá

co fuxir da vida e logo

sin cartos para embarcar.


Cando d´esto me recordo

danme ganas de chorar.

A razón: Porque vou vello

e váiseme o folgo xa

para ir ver as rapaciñas

que mulleres xa serán,

alegres pol-as campiñas

oir o merlo silbar;

a armonía do xilgueiro,

o reiseñor no luar,

os rapaces no quinteiro

cas rapazas a enredar;

estalar no aire os fogos

o día de San Xulián,

nas procesións os gaiteiros, 

as campanas a tocar,

 xunto a ribeira as pescas,

berreando a todo berrear:

Mulleres, sardiñas frescas,

que son boas; vinde acá.

¡E pensar que todo esto

non chegarei a escoitar!

¿Será o causante o trasno?

¡Por la señal...! ¡Por la señal...!

¡Meiga fora! San Silvestre,

Santa Xusta e San Cafundo,

o demo do bicho ese

arredádemo do mundo.

        ---------------

Tamén ver o vello e a vella

despois da misa cantada

bailar no adro a muiñeira

e outros a puntiada;

burros e burras de Caldas

cargados de pan pra Padrón,

as hoveiras nas congostras

pementos vender d´Herbón;

pescar no muelle un amigo,

cazar as lebres no monte,

as mozas lavar no río,

os homes beber na fonte;

os abós cos seus netiños

levadiños poi-as maus,

as noras mirand´os fillos

que contentiños que van.

¿E pensar que todo esto 

non chegarei a mirar!

Xuro a Dios:¿lévame o demo

si non toleo a pensar!

       --------------

Galicia, querida terra,

non sei que día será

que felis arribe a ela

e non volva máis acá.

Virxen santa do Carmelo,

ti o podes remediar

dando salú e diñeiro

a este que rabia xa

por verte na iglesia nova

no teu bonitiño altar

e postrarme de rodillas, 

darche gracias e rezar.


Poema de José Llerena Braña do seu libro "Recordos da aldea"

Publicado na Habana en 1920

18/11/20

 RECUPERANDO O NOSO PATRIMONIO



Enorgulléceme moito que se recupere parte da nosa historia familiar e da do noso concello,Pontecesures.

E digo isto polo significado que esta bandeira representa. 

A continuación vén  esta boa nova que ten moita relación co que dixen con anterioridade.


"Esta semana recibimos a visita  dunha técnico do Museo de Pontevedra para valorar a restauración da bandeira da Liga de amigos do Carme e a Acta da entrega de dita bandeira.

 Ambos símbolos teñen unha importante relevancia para o pobo de Pontecesures, e unha vez solicitada á Deputación asistencia técnica para a sua restauración, o Servizo de Atención Intermunicipal (SAIM) confirmou a disposición de persoal especializado do Museo para levar a cabo a restauración de ambos emblemas cesureños. 

A bandeira da Liga de amigos do Carmen foi traída dende  A Habana no  ano  1912 polo   presidente da   “Sociedad Hijos de Puentecesures” na Habana e o apoderado do Centro Gallego, José Llerena Braña donada polos cesureños residentes en Cuba.

Na acta de donación aparecen nomes como Bandín, Temperán, Carrera, Magariños, Mosquera, Abalo e Llerena, os mesmos  que máis  tarde   fixeran  un donativo para  a adquisición  do  “Gabinete de Física  y Química” da  Escuela Graduada.

De máis recente aparación foi a Acta fundacional, cedida hai un par de anos por descendentes da  familia  Llerena, un  dos  asinantes  daquel  primeiro  documento  e que  estaba gardada  na  caixa  forte  do  Concello á  espera de conseguir persoal técnico que puidese devolverlle o seu aspecto orixinal.

A pretensión do Concello de Pontecesures é, unha vez restaurados, expoñer ambos emblemas no Salón de Plenos da Casa do Concello para poder ser contemplados por toda a veciñanza"

 

 "


Sempre será un símbolo do noso pobo e do que debemos lembrarnos para transmitir as xeracións vindeiras o valor de todo aquilo que fixeron moitas das nosas xentes na emigración, que dende terras lonxanas non esquecían á terra que @s veu nacer.

Ogallá se sigan mantendo e conservando os legados dos nosos antepasados para que non queden no esquecemento.

Debemos respectar e conservar aquelas cousas merecedoras de permanecer no tempo a pesares dos moitos contratempos que  poidan presentarse.

Grazas a tod@s cant@s amosades interese pola posta en valor e conservación de todos estes bens culturais que engrandecen a un pobo.

(Fotografías do Concello de Pontecesures)


Aquí, neste enlace, podedes coñecer algo máis sobre a historia da bandeira .

http://www.blogoteca.com/memoriapontecesures/index.php?cod=111279


21/08/20

VALENTÍN PAZ ANDRADE- LETRAS GALEGAS 2012



Irei poñendo pequenos recordos das actividades feitas fai uns cantos aniños.

Coma o autor tiña moito que ver co mar, ocorriuseme facer esta exposición coa colaboración do alumnado do cole.

Nesta ocasión tivemos a sorte de contar coa presenza do cantautor Manoele de Felisa acompañado por unha antiga alumna e tamén cantautora, Arantxa Pérez Mariño.

Manoele homenaxea a Valentín Paz Andrade musicando catro dos seus poemas e tivemos a sorte de poder desfrutalos e, ao mesmo tempo, coa presencia da nosa querida Arantxa que tamén nos veu deleitar co seu bo facer. Implicaron ao alumnado e fixéronos partícipes da súa actuación.

Moitas grazas a tod@s @s que fixestes posible levar a cabo todo isto.

Serán sempre uns momentos inolvidables¡¡



  


21/07/20

DIA DA NAI 2013



AGASALLOS DO DÍA DA NAI 2013

Un fermoso colgante artesanal para un día tan especial.



PREMIO A UNHA EXPERIENCIA PEDAGÓXICA ARREDOR DA FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO



Fai quince anos tiven a honra de que este traballo fose valorado e premiado.

O alumnado ao que foron destinadas estas actividades eran de Segundo curso de Educación Primaria do C.P.I Progreso de Catoira.

Coma profesora- titora de este grupo, teño que poñer de manifesto, en primeiro lugar que, cando comecei este traballo, botei bastante tempo tentando selecionar os poemas que me parecesen o máis aexitadas á idade d@s alumn@s cos que estaba traballando, temendo que alguns deles resultasen de difícil comprensión.

Seleción de poemas:

                                FOLLAS NOVAS

                                                     VARIA- Meses de inverno fríos
                                                                    Era no mes de maio...(fragmento)
                                                                    Vamos bebendo

                                                     DA TERRA- Miña casiña, meu lar.

                                                     DO ÍNTIMO-Maio longo
                                                                           ¡Que prácidamente brilan!
                                                                            Abride as frescas rosas

                                                     AS VIUDAS DOS VIVOS E AS VIUDAS DOS 
                                                     MORTOS- Tecín soa a miña tea

                            CANTARES GALLEGOS
                                                                        Nasín cando as prantas nasen
                                               
Aprobeitamos a ocasión de escoitar moitos poemas aos que diferentes compositores lles puxeron música.

Pero foi sorprendente o resultado acadado ao ver coma se despertaba o seu interese por esta modalidade literaria, esmiuzando  cada poema e comentándoos a nivel oral para logo continuar coas diferentes actividades propostas.

Traballáronse as características da linguaxe poética, as frases feitas, os refráns, o tempo atmosférico, a emigración, a soedade, a tristeza, a pobreza, a lectura de textos poéticos, a importancia de Rosalía na nosa poesía e a súa influencia nos lectores máis novos.

Predisposición á introdución na aprendizaxe de novos métodos de elaboración de textos a partir dun programa informático.

Valorar a mellora da calidade de vida se a comparamos con outras épocas pasadas , aceptación da convivencia escolar con persoas de diferentes razas ou con necesidades educativas especiais.

A non discriminación en función dos xogos e dos traballos e tolerancia e respecto polos demais.

Foi incrible a facilidade coa que podían memorizar estrofas en incluso poesías completas, a súa expresividade ao ser recitadas. Había coma unha especie de competición para ver quen era capaz de recordalas mellor. Este ansia  por facer ben as cousas trasladouse ás actividades relacionadas coa Área de Educación Artística.

Animámonos a facer un taller de poesía que vai incluido neste traballo e no que se poden apreciar os intentos do alumnado por facer rimas. Foi incrible¡¡ Valorando de maneira moi positiva a súa ceatividade á hora de compoñer pareados.

Ao mesmo tempo amosaron un gran interés por visitar a Casa-Museo de Rosalía na Matanza e, moit@ del@s fixeron que as súas familias tamén se interesaran e os acompañaran a visitala. Traía todo tipo de recordos: fotos, libros, entradas....

Algo que teño que comentar é que, aínda que non estea selecionado o poema Torres de Oeste, fixemos a súa lectura. Sorprendeulles bastante o título xa que sendo de Catoira, chamoulles a atención que Rosalía lle adicase a ese lugar emblemático unha das súas poesías.

Podería comentar multitude de anécdotas relacionadas con este traballo, que foi levado a cabo durante os meses de abril e maio de 2005.

Recordaremos  neste traballo a   Adrián ,  Claodia Isabel, Marta C.  ,Juan, Marta G. 
 Nicolás ,  Aida, Patricio, Yaiza, Belén, Alba, María, Iván, Sara, Julia, Rocío, Álvaro,  Andrea, Alejandro, Carlos, Fabián e Manuel.

Mit@s puideron ir á Casa de Rosalía o día da entrega dos premios e aparecen na noticia do xornal El Correo Gallego.

A tod@s  levareivos sempre na miña memoria. Foron momentos inesquecibles.

Deséxovos o mellor na vosa vida e que cheguedes á meta que vos propoñades.






27/04/20

PENSAMENTOS


RESISTENCIA

Con esta pandemia,
que tristeza!
seguimos na casa
en corentena.

Seguimos aquí
un pouco máis.
Entre todos 
o temos que remediar.

Coma cada día
nos informan
das malas noticias
e das boas.

Os números están aí.
Pouco a pouco
con pacencia
imos saír.

Estamos así
na nosa casa, 
mirando para a rúa
ver pasar.

Hai moi pouca xente
que sae fóra;
moi pronto
todos sairemos xa.

As autoridades
nos informan; 
fagámoslle caso
as indicacións.

Isto hai que paralo, 
é cousa de todos.
Se non facemos caso,
o virus é traidor.


E todos esperamos
de novo desfrutar
de todo o que apreciamos.
Bos tempos chegarán!!


Autora: Marisel Llerena

Poema feito dende o confinamento.



22/04/20

DÍA DO LIBRO


Se miramos o calendario, recordaremos que no día de mañán, 23 de abril, celébrase  o Día Internacional do Libro.

Pero coma calquera celebración, ten uns motivos para levala a cabo.

En España, a tradición de adicarlle un día do ano aos libros remóntase a un Real Decreto firmado polo rei Alfonso XII o 6 de febreiro de 1926, polo que se creaba de maneira oficial a "Festa do Libro".

Daquela celebrábase na data na se cría que nacera Cervantes: o 7 de outubro .

Pero foi en 1930 cando esta data se modifica para facela coincidir coa data do falecemento do escritor, o 23 de abril.

A idea de celebrar esta festividade débeselle ao escritor e editor Vicente Clavel Andrés que foi  quen de facer chegar a súa proposta á Cámara Oficial do Libro de Barcelona.

Pero haberá que esperar ata 1995 cando a Unesco aprobou a proposta da Unión Internacional de Editores, da celebración do Día Internacional do Libro e  do Dereito de Autor, ese é nome completo.

Pero esta celebración ten moito que ver coa Historia da Literatura. Foi un 23 de abril, pero de anos diferentes, o falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega e otro insignes escritores da Literatura Universal.

Dende o ano 2001, escóllese unha cidade coma Capital Mundial do Libro.
Madrid foi a primeira en inaugurar esta representación que leva consigo a realización de actividades literarias durante todo o ano. Este ano  a cidade escollida é Kuala Lumpur, a capital de Malasia, pero debido ao estado de alarma polo Covi19  foros suspendidas todas as actividades.

Recomendo que leades o libro "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha"(1605) escrito por Miguel de Cervantes.

A importancia deste libro vese reflectida na súa eleción no ano 2002 coma o mellor libro escrito na historia.

Esta proclamación foi o resultado dunha votación a nivel mundial organizada polo "The Norwegian Book Club" (Club Noruego del Libro).

Teño que engadir que no Bacharelato, na asignatura de Lengua y Literatura  Española, nos indicaron a súa lectura.

Penséi que non sería capaz de entendelo e se me faría moi pesado, pero resultoume moi ameno e probeitoso grazas a aquel profesor que nos ensinou a entendelo, desmenuzando capítulo a capítulo.

Pois resultou que no meu traballo de profesora de Ed. Primaria, animaba aos meus alumnos a ler versións adaptadas e teño que dicir que cada curso no que traballábamos o libro sacabámoslle moitas cousas útiles. 

Noutra ocasión contaréi coma, a través da súa lectura, se me ocurriu facer un tababallo para un Curso sobre Drogodependencias.

Pois nestes días de confinamento non sexamos coma don Quixote, que non se nos vaia a cabeza a onde non debe....

Moito ánimo. Un libro pode facernos unha boa compañía.

Moita saúde!!





15/04/20

PENSAMENTOS

"TEMPOS DIFÍCILES"



Estamos todos na casa
por un virus moi ruín, 
estamos todos pechados 
e non podemos saír.

Temos que ser moi prudentes
se queremos superar 
esta etapa de desgracia
que nos tocou soportar.

Vaite VIRUS!
que queremos desfrutar
da nosa xente
e xuntos poder estar.

A ver cando
nos podemos achegar, 
bailar xuntiños 
e moitos biquiños dar.


Con pacencia para mellorar,
e poder canto antes saír, 
poñamos todo da nosa parte;
isto é o que tocou vivir.

E teremos uns tempos mellores,
servirán para reflexionar
sobre o que estamos padecendo
e o que chegou a ocasionar.

Dame pena 
polos que non voltarán;
non superaron
a enfermidade fatal.

Demos gracias
se seguimos tod@s ben
e desexando
que nos volvamos a ver.


Autora: Marisel Llerena Orgaz


Poema feito dende o confinamento (15-04-2020)