Se miramos o calendario, recordaremos que no día de mañán, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro.
Pero coma calquera celebración, ten uns motivos para levala a cabo.
En España, a tradición de adicarlle un día do ano aos libros remóntase a un Real Decreto firmado polo rei Alfonso XII o 6 de febreiro de 1926, polo que se creaba de maneira oficial a "Festa do Libro".
Daquela celebrábase na data na se cría que nacera Cervantes: o 7 de outubro .
Pero foi en 1930 cando esta data se modifica para facela coincidir coa data do falecemento do escritor, o 23 de abril.
A idea de celebrar esta festividade débeselle ao escritor e editor Vicente Clavel Andrés que foi quen de facer chegar a súa proposta á Cámara Oficial do Libro de Barcelona.
Pero haberá que esperar ata 1995 cando a Unesco aprobou a proposta da Unión Internacional de Editores, da celebración do Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor, ese é nome completo.
Pero esta celebración ten moito que ver coa Historia da Literatura. Foi un 23 de abril, pero de anos diferentes, o falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega e otro insignes escritores da Literatura Universal.
Dende o ano 2001, escóllese unha cidade coma Capital Mundial do Libro.
Madrid foi a primeira en inaugurar esta representación que leva consigo a realización de actividades literarias durante todo o ano. Este ano a cidade escollida é Kuala Lumpur, a capital de Malasia, pero debido ao estado de alarma polo Covi19 foros suspendidas todas as actividades.
Recomendo que leades o libro "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha"(1605) escrito por Miguel de Cervantes.
A importancia deste libro vese reflectida na súa eleción no ano 2002 coma o mellor libro escrito na historia.
Esta proclamación foi o resultado dunha votación a nivel mundial organizada polo "The Norwegian Book Club" (Club Noruego del Libro).
Teño que engadir que no Bacharelato, na asignatura de Lengua y Literatura Española, nos indicaron a súa lectura.
Penséi que non sería capaz de entendelo e se me faría moi pesado, pero resultoume moi ameno e probeitoso grazas a aquel profesor que nos ensinou a entendelo, desmenuzando capítulo a capítulo.
Pois resultou que no meu traballo de profesora de Ed. Primaria, animaba aos meus alumnos a ler versións adaptadas e teño que dicir que cada curso no que traballábamos o libro sacabámoslle moitas cousas útiles.
Noutra ocasión contaréi coma, a través da súa lectura, se me ocurriu facer un tababallo para un Curso sobre Drogodependencias.
Pois nestes días de confinamento non sexamos coma don Quixote, que non se nos vaia a cabeza a onde non debe....
Moito ánimo. Un libro pode facernos unha boa compañía.
Moita saúde!!