Buscar neste blog

28/03/15

VISITA AOS MUIÑOS DE VENTO






  Este venres, o alumnado de 6º curso realizou unha camiñata ata os "Muiños de vento" que hai en Catoira, desde onde se pode apreciar una fermosa panorámica da desembocadura do Ulla e da lagoa de "Pedras Miudas".

  Estos muiños utilizaban o vento coma forza motriz para levar a cabo a moenda en epocas do ano nas que os muiños de regato apenas podían traballar debido a pouca auga que levaban.

 É Catoira un lugar no que podemos atopar os tres tipos de muiños: de auga, de vento e de maré.

  Lémbrome dunha adiviña inventada que ten que ver cos muiños de Catoira:

  "Hainos de mar, hainos de río e hainos de vento;
  traballando todos para o noso alimento".




27/03/15

REFRÁNS DO MES DE MARZO



A horta de marzo, ca cesta no brazo.

Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo.

Cando marzo vén quente, trae o demo no dente.

 Cando trone en marzo, apreta os arcos.

Chuvia en marzo nin o mexo dun rato.

En abril, espigas mil;
 en marzo, espigarzo;
en san Xoán, a fouce ó pan;
maio me molla; maio me enxuga
 e maio me dá unha sacudidura,
antes de fame que de fartura.

Marzo pardo, señal de bo ano.

Pascoa en marzo, moita fame e moita mortaxe.

A paxariña que é de boa casta
trae a súa roladiña prá Pascoa.

Lázaro mollado, Páscoas enxoitas, ano de froitas.

 Pascoas enxoitas, nin poucas, nin moitas.


26/03/15

A NOSA RECOMENDACIÓN LECTORA


 


   Nesta ocasión, o libro que nos recomendan Noa e Gabriela é o "Diario de Ana Frank", en formato de banda deseñada.

  "Este libro é moi recomendable porque, se che gusta a Historia, vaiche encantar. Cando les o primeiro capítulo engánchaste porque conta a historia de Ana e a súa familia, que eran de orixe xudea, e deciden deixar Alemaña e ir vivir a Amsterdam para escapar da persecución dos nazis.

   Durante máis de dous anos viviron agochados nunha vivenda enriba dunha fábrica, ata que foron descubertos e trasladados a un campo de concentración.

  Cando os aliados gañaron a guerra, liberaron aos presos dos campos de exterminio.

  O único supervivente da familia foi o pai.

   Pouco antes de ter que escapar dos nazis, Ana recibe un diario coma regalo de aniversario. Nel escribe o que lle ocorre durante todo ese tempo no que vive oculta.
   
   Foi o seu pai quen o recuperou e publicou no ano 1947".


   Ana Frank escribiu:

  "O Sol brilla, o ceo vese dunha cor azul intensa, hai unha agradable brisa e eu teño enormes desexos de conversar, desexos de libertade, desexos de estar cos meus amigos, desexos de estar soa. Desexos de ....chorar!




02/03/15

A REAL CASA DA MOEDA CUMPRE 400 ANOS


 400 aniversario FNMT-RCM - Visita nuestro Facebook

   Hoxe, luns, 2 de febreiro de 2015,conmemórase o cuarto centenario da súa creación en Madrid, en 1615, durante o reinado de Felipe III.

  A súa primeira ubicación foi na rúa Segovia, onde permaneceu durante máis de douscentos anos.

  A época do seu maior esplendor coincide co reinado de Carlos III.

  En 1861 trasládase a un edificio da Praza de Colón que foi inaugurado pola raíña Isabel II, compartindo estas instalacións coa "Fábrica de sellos".

   Pero sería en 1893, durante a rexencia de María Cristina, cando ambas as dúas institucións se fusionan dando lugar á "Fabrica Nacional de Moneda y Timbre"(FNMT).

  En 1964 inugúrase unha nova sé na rúa Doutor Esquerdo nº36, tamén en Madrid.

  Na actualidade a Fabrica mantén dúas factorías , en Madrid e Burgos.

  A FNMT- RCM é unha Entidade Pública Empresarial dependente da Subsecretaría de Economía e Facenda do Ministerio de Economía e Facenda, adicada á fabricación de moedas, billetes, papel moeda, timbres, documentos oficiais,  tarxetas intelixentes e distintos tipos de certificados.