CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DE "PLATERO Y YO"
Este ano celébrase o Centenario da publicación da obra de
Juan Ramón Jiménez, "Platero y yo".
Por este motivo vos recomendo que o leades, coma tamén o están a facer os alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria.
Estamos a rematar unha exposición na que se poderán ver os traballos manuais centrados no persoaxe principal que dá título ao libro;tamén, unha recopilación de imaxes filatélicas que teñen por tema a figura de Juan Ramón Jiménez,a súa dona, Zenobia e, coma non podía ser menos, Platero e Moguer.Así mesmo,teredes a posibilidade de ver una copia da carta na que se lle comunica a Juan Ramón a concesión,por parte da Academia Sueca,do Premio Nobel de Literatura no ano 1956, así coma recortes de prensa da época,unha reprodución da portada da primeira edición do libro, a adicatoria a Zenobia....
Nun gran mural faise, a maneira de roteiro , un paseo por Moguer, lembrando fragmentos do libro nos que se fai alusión a lugares coñecidos e a persoeiros coetáneos a Juan Ramón.Poñendo un pouco de imaxinación pola nosa parte, poderemos viaxar no tempo e comprender a forma de vida que se desenvolvía neste pobo hai cen anos.
Cando o vexades,seguramente vos preguntaredes porque hai tantos debuxos de flores e bolboretas,pois... anímovos a ler os primeiros capítulos e xa entenderedes o motivo.
Se queredes saber máis sobre Juan Ramón e o seu libro "Platero y yo", convídovos a visitar estas páxinas, que de seguro vos resultarán útiles para comprender mellor a súa obra.
Esta especie de documental que ven a continuación é moi interesante e quizáis sería bo empezar por aí; é de gran axuda para animarvos a ler "Platero y yo".
Nesta reportaxe poderemos saber algo máis sobre a súa biografía e escoitar audios do poeta:
Un cómic sobre a vida de Juan Ramón Jiménez pódese descargar desde esta dirección:
Agardo que vos guste.
Juan Ramón Jiménez, por Idígoras y Pachi. (EL MUNDO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario