DIEGO
XELMÍREZ
Diego Xelmírez pertencía á baixo nobreza
galega. Era fillo de Xelmiro, cabaleiro e gobernador que estaba ao servizo do bispo
Diego Peláez nas Torres do Oeste en Catoira, polo que é posible que nacese nesta
localidade, aínda que tamén se pensa que puidese ter nacido en Santiago de Compostela.
Estatua de Xelmírez na Alameda de Catoira |
Destinado á carreira eclesiástica, iniciou a súa educación na Escola Catedralicia de Santiago ata que foi enviado por un tempo á corte do rei Alfonso VI.
Á súa volta obtivo o cargo de coengo na igrexa santiaguesa na que estivo, entre 1090 e 1094, á fronte da chancelaría de Raimundo de Borgoña, xenro de Alfonso VI e a muller deste, Dona Urraca ,que eran Condes de Galicia.
Foi administrador da Diócese compostelá entre 1093 e 1094, ano este último no que foi nomeado bispo Dalmacio; pero Xelmírez recuperará o seu cargo á morte deste e sería elexido bispo o 1 de xullo de 1100.
Era un gregoriano convencido e a súa boa
relación coa Orde de Cluny axudaríalle a conseguir que a Diócese acade o
rango arcebispal en 1120 con amplos poderes eclesiásticos e civís ,tales coma
administrar xustiza ou acuñar moeda en Santiago.
Como representante do rei,defendeu as costas
galegas dos ataques dos normandos.
Xelmírez, xunto con nobres do reino , coroa a
Alfonso Raimun- dez , futuro Alfonso VII como rei de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela, no
ano 1111.
Diego Xelmírez ofrécesenos como a figura
máis importante en impulsar a actividade constructora en Santiago, sempre preo- cupado polo prestixio da sede Compostelá e
tamén por resaltar o seu propio como cabeza desta e señor da cidade.Grazas aos
esforzos de Xelmírez, Santiago é o máis importante centro da administración
eclesiástica en Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario