No Auditorio do Concello de Catoira asistimos á presentación da II Carreira Popular "ROMARÍA VIKINGA 10 K".
Acudiu a esta presentación un dos veteranos do atletismo, refírome á Jesús Bernal, en cuio homenaxe se celebrará o evento.
Tamén puidemos disfrutar da presenza doutros dous atletas internacionais: Solange Pereira e Vïctor Riobó que ,xunto coa atleta catoirense Celina Rodríguez Sobrino, nos falaron das súas experiencias deportivas..
O alumnado presente neste acto tivo a oportunidade de facerlles preguntas aos convidados.
Non faltaron á esta cita algúns dos patrocinadores e responsables do Concello, así coma representantes de Protección Civil de Catoira ,que realiza unha importante labor relacionada coa seguridade dos atletas e público en xeral.
Animaron a todos a que participasen ;a calqueira idade se pode correr.
Unha oportunidade única para coñecer algo máis deste deporte.
Máis información e inscrición:
Ningún comentario:
Publicar un comentario