O HÓRREO DOS MEUS AVÓS
Este horreo está situado na parroquia de Dimo (Catoira). Foi construido no ano 1954 e
restaurado no ano 2000. Por aquel entón estaban feitos das pedras que collían
dos outeiros e da madeira dos carballos.
Enterraban as bases e utilizaban unha pedra
enteira que iba de claro a claro.
Entra pedra e pedra usaban unhas anclaxes de
ferro para que quedasen ben fixadas.
O tellado é a duas augas cuberto con tellas
do país.
Un dos laterais está pechado por ladrillos e o outro por madeira.
Un dos laterais está pechado por ladrillos e o outro por madeira.
Procuraban que os hórreos estivesen na parte
máis alta das hortas, buscando onde máis dera o aire do norte para a mellor
conservación do que alí se almacenaba. Usábase como almacén de millo, patacas, mazás,
fabas, cebolas enrestadas, para curar os xamóns dos porcos da casa,... todo tipo
de legumbres conservábanse no hórreo.
A cruz do hórreo sempre vai orientada cara o
norte, é un motivo que simboliza a protección da colleita e, no lado oposto, un remate simbolizando a fecundidade da terra. Leva unha pequena ventá debaixo da cruz.
Este hórreo consta de dous claros,cada pé un
claro.
Distinguíanse os pobres dos ricos según os
claros dos horreos, canto máis ricos, máis claros. Os dos curas eran os máis
grandes das parroquias, e o máis sorprendente e que non plantaban nada e sempre
estaban cheos.
Feito por: Nerea Bouzas del Oro
Ningún comentario:
Publicar un comentario