O que caracteriza a construción
dunha rede ferroviaria en Galicia é a súa tardanza con relación ao resto da
rede de España, xa que a primeira liña de ferrocarril española creouse na Illa
de Cuba o 19 de novembro de 1837, entre Habana e Güines, cunha lonxitude de 28
quilómetros, coa fin de transportar os produtos agrícolas desa rexión ata a
Habana. Logo, na Península Ibérica, o tramo entre Barcelona e Mataró poñerase
en marcha o 28 de outubro de 1848 e contribuirá a facilitar o crecemento desa
zona do Maresme, zona que estará moi industrializada. A continuación virán as
liñas Madrid-Aranxuez, en 1851, e Langreo-Xixón, en 1852.
Nos anos seguintes haberá unha gran expansión do ferrocarril por diferentes lugares de España.
Ese retraso do que se fala ao comezo pode ser debido, entre
outras cousas, á dificultade no trazado ou á imposibilidade de financiación e,
tamén, o que se lle podería chamar "localismo" dos grupos
económicamente dominantes que se opuñan a todo trazado que non pasase por onde
a eles lle conviña. Todo isto, xunto coas grandes compañías que buscaban o
xeito de que os trazados tiveran menos dificultade e tivesen unha rentabilidade
a corto prazo, fixo que os tempos se fosen prolongando.
Pero ao fin chegou o momento esperado. Foi aquel 15 de
setembro de 1873 cando se inauguraba o primeiro ferrocarril de Galicia, entre
Cornes (Conxo) e Carril.
O día no que se inaugurou, os pobos de Carril e Santiago de Compostela saíron en masa cara as súas estacións.
Este tren inaugural partía de Cornes e alí, na estación, reuníronse autoridades eclesiásticas, civís, militares, xudiciais e os máximos responsables deste ferrocarril que, a iso das once da mañá, asistiron á bendición das catro locomotoras que ían cubrir este servizo e que foran bautizadas cos nomes de Santiago, Carril, Pontevedra e Coruña, mentres soaban os compases das Bandas de Música de Artillería e a da cidade de Santiago, tocando a Marcha Real.
A construción deste ferrocarril, que en
1886 levaría o nome de "The West Railway Company Limited", pero máis coñecido por "The West"
("Te-Bes"), tiña coma principal obxectivo facer máis cómodo e
barato o transporte de mercadorías entre Santiago de Compostela e Carril e
viceversa.
Coñecido coma o "Ferro-carril Compostelano
de la Infanta Isabel", percorre unha distancia de case 42 quilómetros,
atravesando o Val da Maía, a comarca do Ullán e bordea a Ría de Arousa; cruza os ríos Sar e Ulla por medio de dúas pontes metálicas, a Ponte de Ferro,
en Conxo, e a Ponte da Ínsua, entre Padrón e Cesures; pontes que foron
construídas na fundición de H.J. Polter, en Manchester.
Para realizar este proxecto de
ferrocarril foi preciso abrir dous túneles, o da Fervenza, en Conxo, e o do
Faramello.
Era a finais do S XIX e as
primeiras estacións de ferrocarril facíanse de madeira. Entre Cornes e Carril
había seis estacións intermedias: Casal, Osebe, A Escravitude, Padrón, Cesures
e Catoira.
O día no que se inaugurou, os pobos de Carril e Santiago de Compostela saíron en masa cara as súas estacións.
Este tren inaugural partía de Cornes e alí, na estación, reuníronse autoridades eclesiásticas, civís, militares, xudiciais e os máximos responsables deste ferrocarril que, a iso das once da mañá, asistiron á bendición das catro locomotoras que ían cubrir este servizo e que foran bautizadas cos nomes de Santiago, Carril, Pontevedra e Coruña, mentres soaban os compases das Bandas de Música de Artillería e a da cidade de Santiago, tocando a Marcha Real.
Estación de Cornes |
Estación de Carril |
Viaducto sobre o río Sar. Rematado este acto, tivo lugar a colocación dos convidados nos coches dispostos segundo as respectivas categorías daqueles. |
Copia do pano de seda da inauguración do ferrocarril con motivo da creación do Museo Ferrocarrilero. |
Ao mesmo tempo, en Carril, soltábase un globo
aerostático do que penduraban uns panos de seda bordados para a ocasión e que,
pouco a pouco, ían caendo sobre os asistentes.
Este tren estaba composto de dúas locomotoras, dez
vagóns, dous garda-freos e dous furgóns, un deles descuberto, onde ía a Banda
de Artillería que tocou durante todo o traxecto diferentes pezas e himnos
nacionais.
Partiu o tren ás 12:04 h e chegou a Carril ás 14:20
h da tarde.
Todas as estacións do traxecto estaban vistosamente
engalanadas, especialmente as dúas extremas e as pontes sobre o Sar e o Ulla.
Chegados a Carril preparouse un xantar para
150 persoas nunha das cocheiras da estación, onde disfrutaron dun almorzo que
foi acompañado por brindes e discursos.O regreso desde Carril tivo lugar ás 16:40
h e a súa chegada a Cornes ás 6:22 h.
O servizo regular comezaría ao día
seguinte ao da inauguración con tres frecuencias diarias nas dúas direccións e
cos seguintes horarios:
Cornes - Carril: 8 h - 14:30 h - 22:30 h
Carril - Cornes: 5:30 h - 11:30 h -
16:25 h
Os prezos da viaxe, entre estas
estacións, oscilaban segundo o tipo de
vagón:
1ª
clase: 20,16 reais
2ª
clase: 15,12 reais
3ª
clase: 9,07 reais
( 1 real é unha antiga moeda equivalente a
una cuarta parte dunha peseta)
Grabado representando a estación de Cornes |
Moitos pensaban que, ao ter conexión directa entre estas dúas
cidades, poñería en perigo o desenvolvemento no tráfico de mercadorías no porto
de Cesures, pero foi todo o contrario. Este porto medraría en importancia e, a
través do mesmo, seguirían mandándose e recibindo todo tipo de mercadorías.
Todo isto, unido á existencia dunha estación de ferrocarril, aumentaría moito
máis a súa importancia como porto fluvial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario