02/11/15

                          DIEGO XELMÍREZ

          Diego Xelmírez pertencía á baixo nobreza galega. Era fillo de Xelmiro, cabaleiro e gobernador que estaba ao servizo do bispo Diego Peláez nas Torres do Oeste en Catoira, polo que é posible que nacese nesta localidade, aínda que tamén se pensa que puidese ter nacido en  Santiago de Compostela.


Estatua de Xelmírez na Alameda de Catoira

        
          Destinado á carreira eclesiástica, iniciou a súa educación na Escola Catedralicia de Santiago ata que foi enviado por un tempo á corte do rei Alfonso VI.

         Á súa volta obtivo o cargo de coengo na igrexa santiaguesa na que  estivo, entre 1090 e 1094, á fronte da chancelaría de Raimundo de Borgoña, xenro de Alfonso VI e a  muller deste, Dona Urraca ,que eran  Condes de Galicia.


    Foi administrador da Diócese compostelá entre 1093 e 1094, ano este último no que foi nomeado bispo Dalmacio;  pero Xelmírez recuperará o seu cargo á morte deste e sería elexido bispo o 1 de xullo de 1100.


        Era un gregoriano convencido e a súa boa relación coa Orde de Cluny  axudaríalle a conseguir que a Diócese acade o rango arcebispal en 1120 con amplos poderes eclesiásticos e civís ,tales coma administrar xustiza ou acuñar moeda en Santiago.

      Como representante do rei,defendeu as costas galegas dos ataques dos normandos.

      Xelmírez, xunto con nobres do reino , coroa a Alfonso Raimun- dez , futuro Alfonso VII como rei de Galicia na Catedral de Santiago de Compostela, no ano 1111.

      Diego Xelmírez ofrécesenos como a figura máis importante en impulsar a actividade constructora en Santiago, sempre preo- cupado polo prestixio da sede Compostelá e tamén por resaltar o seu propio como cabeza desta e señor da cidade.Grazas aos esforzos de Xelmírez, Santiago é o máis importante centro da administración eclesiástica en Galicia.




Feito por: Adrián Eitor Morrazo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario