02/05/16

REFRÁNS DO MES DE MAIO



Maio, en Les très riches heures del duque de Berry.

A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o anoA ovella do pobre no maio morre.
A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril.
Abril a lan carda, e maio leva a fama.
Abril chove para as xentes, e maio para as bestas.
Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso.
Abril e maio son as chaves do ano.
Abril esfola, pero maio amola.
Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio.
Agosto fáiselle maio ó que non ten pan sementado.
As sandías nin semeadas en maio nin nadas en abril.
Ata o corenta de maio non te quíte-lo saio; e se volve a chover, vólveo a poñer.
Auga de maio, mata o porco dun ano.
Ben veñas maio, o millor mes de todo o ano.
Cando en maio hai lama, inda algo se gana.
Cando en marzo chove i en abril xía, quédase maio feito unha criba.
Cando marzo maiea, maio marcea.
Cava, labor e barbeito, en maio han de estar feitos.
Centeo alto ou baixo en marzo espigado, que tarde ou temprán ha de quedar en maio o gran.
Chova para min abril e maio e para ti todo o ano.
Chova por abril e maio e non chova en todo o ano.
Chuvia, de abril; recío, de maio.
De sol posto en maio, aínda un xastre fai un saio.
Dende maio a xullo, as cereixas son coma puños.
Detrás de maio vén san Xoán.
Deus nos aparte do polvo de maio e da lama do agosto.
Día a día, maio á porta.
Día da Santa Cruz de maio, o lobo e o corvo nado, e o raposo medio criado. 
Días de maio tan longo sodes, que morro de fame e morro de amores.
Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio.
Díxolle maio a abril: anque che pese heime rir.
Dúas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro.
En abril augas mil, e en maio tódalas que queiran vir.
Mariña xa vou pola cabritiña, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.
En abril déixame durmir, que en maio de meu me caio.
No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro.
En abril os espárragos pra min, i en maio pró meu amo.
En febreiro, sete galgos e un lebreiro, e en maio, sete lebres e un galgo.
En maio aínda a vella queima o tallo e senón malo.
En maio aínda bebe o boi no prado.
En maio, augas catro, e esas que cheguen ó barro.
En maio bebe o boi detrás do arado, e se non bebe malo.
En maio, de meu me caio, ou con fame ou con traballo.
En maio, millo sementado, cal enxoito, cal mollado.
En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño.
En maio, non quites o saio.
En maio, o garabanzal, nin nado nin por sementar.
En maio, que chova hastra entullarse o carro.
En maio quince días os bois ó prado, antes no principio que no cabo.
En maio sai o pulpo do zamaio.
En maio xa leva as cereixas o gaio.
En marzo nazo, en abril estou no cubil, en maio xa saio, en san Xoán xa fuxo do can, en santa Mariña xa pillo a galiña e en agosto xa son bo raposo.
Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre.
Garda leña pra abril e pan pra maio.
Hastr’a a Ascensión non quites o roupón, e despois quita e pon.
Maio atreboado, ano temperado.
Maio come o trigo, e agosto bebe o viño.
Maio chuvioso, vran caloroso.
Maio fai o trigo, e agosto o viño.
Maio festeiro, bota a roca no trasfogueiro.
Maio frío, moito trigo.
Maio hortelán, moita folla e pouco gran.
Maio longo, San Xoan redondo.
Maio longo, San Xoán redondo: Maio pardo, San Xoán craro.
Maio maial, se vén como debe, non ten rival.
Maio me molla, maio me enxuga, maio me bota na sepultura.
Maio treboado, e San Xoan craro, fan un ano temperado.
Maio turbio, San Xoán craro, fan un ano moi temprado.
Maio un pouco frío cría trigo; pero se é moi frío, nin palla nin trigo.
Maio ventoso, ano fermoso.
Malo raio o maio se non bebe o boi no prado no principio, pero non no cabo.
No maio, o barrufeiro vólvese cabalo.
No mes de maio, nin égoa nin cabalo.
No san Xoán, a vella pregunta cando vén o verán.
No serán de maio vaite ó teu mandado, que terás tempo sobrado.
No mes de abril fai queixos mil, no mes de maio fai tres ou catro.
O barrufeiro, no maio vólvese cabalo.
O cuco no abril vive, e no maio revive.
O millor trasfogueiro, en maio pra min o quero.
O peixe de maio, a quen cho pida dállo.
O percebe e o salmón, en maio están en sazón.
O que en maio non merenda, ós mortos encomenda.
O que en maio se molla, en maio se enxuga.
O que queira comer morriña, coma carneiro en xaneiro e en maio galiña.
O que rapa antes de san Isidro, rapa á nai e mais ó fillo.
O que queira ter prixel todo o ano seménteo no mes de maio.
O queixo e o barbeito, en abril ou maio sexa feito.
O rocín de maio vólvese cabalo.
O touro, o galo, a troita e o barbo, no mes de maio.
O tres de maio quenta o sol coma un borrallo, e se non quenta aquel día, quenta para o outro día.
O vento de san Matías, debe durar corenta días.
Ovella vella e enxamio pobre, no maio morre.
Poda a viña en marzo e cávaa en maio.
Polvo no maio e lama no agosto, anda o tempo descomposto.
Que chova en abril e maio anque non chova en todo o ano.
Quen en maio non merenda, ós mortos se encomenda.
San Fernando, pulgas á xente e moscas ó gando. 
San Matías anda co antroido ás porfías.
Se por marzo canta a ra, no maio xa calará.
Trae as moscas san Fernando e lévaas san Cipriano.
Tras de abril vén maio, e hai cereixas como puños

Ningún comentario:

Publicar un comentario