ENTREVISTA A
MANU CONDE
(Coñecido
como Manolito o do Frenazo)
Por: Tania Otero Isorna e Cecilia Rodríguez Campaña
Manu Conde naceu en
Valga pero vive en Catoira dende fai uns cantos anos. Para nós é un máis do
Concello de Catoira.
Compoñente do grupo
Milladoiro e, sobre todo, un gran músico e compositor de bandas sonoras como a da longametraxe “Outro máis”, pola que foi nominado ao premio “Mestre Mateo”.
Tocou en grupos como "Galáctica","Saloon"…, sen olvidarnos dos seus comezos con tan só once anos no “Grupo
Iris” de Pontecesures.
Manu Conde tamén nos fala dos seus proxectos e nos concede
unha primicia para a televisión galega.
Manu Conde coa súa segunda guitarra |
- Con cantos anos empezaches a tocar?
- Con cinco anos empecei
ca guitarra e aos once a tocar nun grupo chamado Iris de Pontecesures.
- Como empezaches a tocar?
- Polo meu primo Miro, que foi quen me ensinou a tocar a
guitarra cando tiña cinco anos.
- A parte do teu primo, cales foron os primeiros mestres que tiveches?
- Beteta,Luis,e... moitos máis dos que agora mesmo non me lembro.
- Cando tiveches claro que querías dedicarte á música?
- Dende sempre tiven pasión por ela .
Cando eu era pequeño sempre estaba a facer que tocaba cos
instrumentos de xoguete e, de feito, nas fotos de cando eu era cativo sempre
estou con algún instrumento.
- Tocaches en máis grupos que Milladoiro?
- Si, en Galáctica ,Saloon, Ángel Israel e nalgunhas
actuaciòns ca orquestra Panorama e, por suposto, en Iris .
- Que proyectos fixeches ou estás facendo?
- Rematando o traballo de Panorama Kids 2016.
Tamén acabei dúas miniseries pendentes de estrear pola TVG.: “Dalia a Modista” e “Juana de Vega”.
Compuxen a banda sonora da serie que actualmente se emite na televisión galega, "Serramoura”,
as bandas sonoras de “Outro Máis”, da curtometraxe "Lurna” que gañou
o premio á mellor actriz e á mellor banda sonora
no festival de Cans (Porriño)
- Como foi para ti ser nominado aos premios Mestre Mateo 2014 pola mellor música orixinal da serie da TVG "Serramoura"?
- Estou moi agradecido de estar nominado porque é un recoñecemento ao meu traballo artístico.
- Para quen che gustaría compoñer?
- A min o que máis me gusta é compoñer bandas sonoras pero
non teño a nadie en especial. Só quero que o meu traballo me satisfaga.
- Que soños tiñas cando eras pequeno?
- Moitos, pero, en concreto, tocar e poder vivir do mundo da música.
- Cantos anos tiñas cando escoitaches por primeira vez a Milladoiro
e que sentiches cando empezaches a tocar con eles?
- Cando estaba no grupo "Iris" eu xa escoitaba a "Milladoiro". A verdade é que é un orgullo formar parte dun grupo como Milladoiro e funme dando conta
do importante que era para min co paso do tempo.
- Que premios recibiches?
- Recibin dous : o do Festival de Cans (Lurna) e o CORTOMENAR 2010 de Colmenar Viejo (En el insomnio).
- Os compoñentes do Grupo Iris seguen no mundo da música?
- Non, só un ,coñecido como “Manolo o Paxaro”, que está no
mundo da música pero como representante de orquestras.
- Quen é o teu ídolo?
- Foron moitos, pero o que máis Brian May, o guitarrista do
grupo Queen.
- Cantas bandas sonoras fixeches e como se realizan?
- Moitas, para cine e televisión .É un proceso lento pero agradecido.
- Cal é a guitarra á que lle tes máis aprecio?
- A segunda que tiven e que aínda conservo, ca que mais anos toquei.
- A túa familia apoiabate?
Quen te levaba ás clases de solfeo e de guitarra?
- Si, a familia apoioume sempre. Daquela ia eu so en
autobús ata Pontecesures.
Manu Conde xunto coas súas entrevistadoras, Cecilia e Tania |
- Cal foi a banda sonora mais difícil de compoñer?
- Todas foron difíciles. Son traballos moi complexos pero
gratificantes.
- E por último, nós que estamos comenzando no mundo da
música, estarías disposto a facernos algún arranxo musical?
- Claro que si, sempre que non estea ocupado.
Moitas grazas a Manu Conde por prestarse a esta entrevista.
Desexámoslle un futuro moi prometedor .
Manu Conde no seu estudio de música |
http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-61963-manu-conde-la-musica-permite-sobrevivir-proyecto.html
Nestoutro enlace podedes ver a longametraxe OUTRO MÁIS:
Olé para esas nenas!!!!!!!!!
ResponderEliminarUnha entrevista moi interesante. Ben está poder vivir da música pero se non, vós sempre tedes a opción do periodismo. As que valedes para todo tedes onde elixir.
ResponderEliminarGracias Candela
ResponderEliminarDE NADA
ResponderEliminarGústame moito esta entrevista Tania e Cecilia,encantanme.Gracias por ilustrar a todo mundo quen é Manu Conde.
ResponderEliminarQue buenas preguntas, se nota que "conectan", como colegas que son.
ResponderEliminarA Milladoiro va a ser un poco difícil verlos otra vez juntos pero a esas dos músicas quiero verlas pronto en algún escenario .
Cecilia un besazo♥♥
Parabéns pola entrevista!!
ResponderEliminarGracias polo comentario pelagia San Juan pero no sei quen eres
ResponderEliminar❣❣❣😘
Fantástica entrevista, ¡Noraboa!
ResponderEliminarPróximamente saldrá a serie de Dalia a modista na tvg
ResponderEliminar