Buscar neste blog

04/04/20

LEVANTANDO A CABEZA


Pois si, vou tentar retomar o que deixei en descanso durante case tres anos.

Moit@s xa sabedes os motivos polos cales non publiquei e agardo que sigades aí relendo o feito con anterioridade.

Agradecer a vosa confianza e agardo que, pouco a pouco, poidades desfrutar deste blog que con tanta ilusión puxen a andar.

Pero tamén quero agradecer as colaboracións de tod@s vós, sen as que non sería posible facer isto.

De agora en diante tenterei engadir cousiñas que creo que vos gustarán.

Aínda que estamos nun momento no que a situación é moi complicada, temos que ter esperanza e ver o futuro con optimismo.

Posiblemente moit@s estaredes sufrindo as consecuencuas desta situación de moitas maneiras. Recordo un refrán que di: " nunca chovei que non escampara".

Pois iso, ha de escampar e volverá un tempo estable.

Moitos saúdos a quenes seguides aí recordando eses bos momentos e pensade que formades parte da miña vida.

Espero que teñamos a fortuna de volvernos ver moi pronto.

Ánimo e boa saúde.

Marisel

PD. Agardo os vosos comentarios, jejeje!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario