Agro: Terreo de cultivo.
Treo, a: De calquera maneira.
Somanta: Malleira
Enfarruscar: Manchar ou mancharse de feluxe.
Feluxe: Substancia graxa e negra que o fume deposita na superficie dos corpos que están ao seu alcance.
Rebalbado: Deitado, estendido horizontalmente.
Renque: Serie aliñada. Liña de herba que se vai deixando ao segar.
Cadullo: Terrón moi duro.
Anagar: Anasar ou anicar.
Resío: Faixa de terreo sen cultivar que rodea unha casa.
Millán: Planta gramínea que medra entre o millo e que é daniña para el.
Trizar: Brincar.
Esbargallar: Desfacer unha cousa composta por varias partes.
Temas:
Diferenzas sociais: Balbino é diferente de Manolito, pero tamén dos pobres de todo. El envexa calquera das dúas situacións. Lembras por que envexa Manolito os pobres de todo?
Neste capítulo, o protagonista segue analizando a diferenza entre Manolito e el. Apúntase a principal causa do enfrontamento e da frustración de Balbino. Seu pai sempre se vai poñer de parte de Manolito porque a súa familia é a dona das terras que traballan e da casa que habitan e teñen medo de perder a base da súa economía.
A familia. Numerosa: os pais, os padriños, a tía, o irmán que marcha para América. Balbino séntese unido sobre todo ás mulleres, a nai e a tía, as primeiras que o buscan. Con todo, a relación co pai é de anhelo. De feito, soña con el, con que xoga con Manolito e el séntese só. Balbino foxe polo castigo físico e ten a intención de fuxir lonxe, aínda que á hora da verdade non o fai.
CAPÍTULO 3. O XUDÍO
Pendón: Especie de bandeira que vai colgada nun pau nas procesións
Estandarte: Bandeira un pouco máis grande que tamén vai nas procesión.
Chisqueiro: Acendedor.
Doa: Boliña de vidro ou outro material.
Rabear: Desexar moito.
Arretegar: Apertar ben.
Arrondearse: Balancearse.
Adro: Terreo arredor da igrexa.
Estangurria: Cousa rara e extravagante.
Penzo: Torcido.
Batel: Barco pequeño.
Tripar: Pisar.
Sebe: Valo feito de distintos materiais.
Eira: Terreo próximo á casa onde se mallan os cereais.
Atenazar: Morder.
Salido: Terreo onde se cultivan hortalizas.
Aduanadas: Mala acción.
Cobiza: Desexo dunha cousa.
Xabreiro: Instrumento de zoqueiro.
Aldraxar: Maltratar.
Bacelo: Videira nova.
Enxertar: Introducir a rama dunha planta no tronco doutra para que medre nela.
Temas:
A procesión. Festa que Balbino non desfruta.
Hipocrisía relixiosa. Por que critica o Xudeu aos seus veciños, razón de que sexa tan impopular entre eles? Que opina Balbino do Xudeu?
Educación
Alcumes. Cres que o xudeu pertence realmente a esa relixión. Os alcumes son moi usuais nas comunidades pequenas: aldeas, clases, etc. Ás veces, son alcumes de mal gusto, pero outras son ben aceptados por quen os leva. Podes poñer un exemplo de cada?
CAPÍTULO 4. LOITO
Afincar: Empurrar.
Chusco: Simpático.
Compangueiro: Que quere quedar ben con todo o mundo.
Remonta: Remendo.
Bagoxar: Chorar.
Espelido: Listo.
Chamizo: Pedazo de madeira queimada.
Arremedar: Imitar facendo burla.
Esmangoletado: Sen ánimos.
Molime: Conxunto de mato para facerlles a cama aos animais.
Coto: Cumio.
Forcada: gallete (ver debuxo)
Entrillado: Pillar e magoar unha parte do corpo entre dúas superficies.
Encambar: Encargar un labor pesado.
Arrepoñerse: Rebelarse.
Taboleiro: Conxunto de táboas que forman unha superficie.
Faco pedrés: Cabalo cor da pedra.
Garnido: Adornado.
Galloufeiro: Festeiro.
Rufo: Con postura de superioridade.
Barrufallada: Cousa de pouco valor.
Estronicio: Estrondo, ruído grande.
Fiscornio: Instrumento similar á trompeta.
Caroza: Capa impermeable feita de xuncos.
Mallo: Ver ilustración.
Zafra: Peza de ferro rematada en punta para traballar os metais.
Agoirar: Adiviñar.
Luxar: Manchar.
Borralla: Cinza.
Coutado: Privado de facer algo.
Temas:
O loito. Como se manifesta?
Festividades anuais: Entroido e Coresma. Coñeces outros entroidos tradicionais galegos? Porque hai un contraste tan grande entre o entroido e a coresma?
O Antroido tradicional da comarca da Ulla: os xenerais.
Festas tradicionais: bandas, desfiles, cancións populares. Nesta faise referencia á Rianxeira. Coñécela? Coñeces outras cancións populares galegas?
CAPÍTULO 5. OS GRANDES
Encabuxar: Enfadar.
Zoscar: Golpear.
Alforxa: Bolsa ou saqueta que se leva ao ombro ou sobre o lombo das bestas.
Estrucia: Astucia.
Arredar: Apartar.
Esculcar: Mirar buscando.
Abrouxar: Enxordecer con ruídos.
Esfarrapado: vestido con farrapos (roupa gastada ou desfeita)
Couza: Insecto que destrúe papel, madeira… (cast. *polilla)
Arroutada: Decisión impulsiva.
Engastallar: Enredarse cousas que non se desprenden facilmente.
Laceira: Miseria.
Guindar: Tirar.
Xiada: Temperatura baixo cero.
Baldar: Deixar tolleito ou impedido.
Temas:
CAPÍTULO 6. AMÉRICA
Bulir: Darse présa.
Turrar: Tirar.
Esgarabellar: Tocar repetidamente cos dedos.
Proído: Picor.
Sarabullo: Erupción de grans na pel.
Buguina: Aparello para facer ruído.
Xeiteniño, a: Pouco a pouco, amodo.
Terzar: Mediar entre dúas persoas, intervir.
Axexar: Vixiar.
Enxugar: Secar.
Decote: Sempre.
Folgar: Non traballar.
Compango: Alimento que acompaña o pan.
Lerio: Asunto indeterminado.
Esnicar: Quitar pedazos.
Artesa: Caixón rectangular para amasar o pan.
Arredar: Apartar.
Latricar: Falar moito e sen xeito.
Ichó: Trampa.
Retróneca: Argumento que non vén ao caso.
Erguerse das cuñas: Alporizarse, enfadarse.
Nugallán: Preguiceiro.
Monifate: Boneco articulado que se move con fíos.
Requinaeterna: Formalidade inútil no dicir.
Risparse: Fuxir.
Zanca: Leira grande cerrada.
Temas:
A familia. Neste capítulo cítanse polo menos sete persoas da familia de Balbino. Saberías dicir quen son? Antes as familias eran moi numerosas e na mesma casa vivían os avós, os tíos, os pais e varios irmáns. Cambiou moito este aspecto?
A emigración. Miguel marcha para América. Balbino, cando le a carta que manda, fantasea con viaxar el mesmo a América, o que dá lugar a un debate entre o pai, favorable á emigración, e o avó, contrario á mesma. Poderías citar argumentos dun e outro para defender a súa postura?
CAPÍTULO 7. PACHÍN
Rillar: Roer.
Codia: Parte externa endurecida do pan.
Rebumbio: Alboroto.
Parrafeo: Conversa.
Requestado: Cruzado de varias razas.
Penca: Mancha pequena de cor parda que sae na cara.
Barullar: Facer ruído.
Recachar: Abrir a boca para ensinar os dentes.
Cravuñar: Afiar a gadaña.
Alporizar: Facer perder a calma.
Encirrar: Provocar un animal para que ataque.
Folguexar: Alentar, respirar.
Aturar: Tolerar algo molesto.
Brincadeira: Acción de brincar, xogar, facer bromas.
Xalgarete: Rapaz con mal comportamento.
Aburar: Causar molestia.
Grimo: Sensación desagradable de noxo ou medo.
Derrear: Mancar gravemente a columna vertebral.
Baduar: Falar moito e sen sentido.
Sella: Recipiente para transportar auga.
Arramplar: Levar dun sitio todo o que se pode.
Ripa: Táboas delgadas do teito sobre as que se colocan as tellas.
Tobo: Cova onde se refuxia un animal.
Solimán: Veleno.
Estarricado: Estendido.
Queiroa: Arbusto.
Legoña: Ferramenta cunha pa de ferro.
Abrollar: Saír os primeiros gromos.
Gromo: Pequeno vulto de onde saen talos ou flores.
Temas:
Candidez da infancia. Balbino fala dos contos de animais que falan e dos Reis Magos. Que crenzas infantís recordas?
Relación cos animais domésticos e cos salvaxes.
Na aldea tamén hai reparto de labores masculinos e femininos. Pon algún exemplo.
CAPÍTULO 8. REBUSQUE
Adival: Corda grosa e longa.
Atafegar: Impedir a respiración.
Baloco: Pau para golpear.
Denosiña: Animal carnívoro algo maior ca o rato.
Bafaxe: Vento suave.
Esparexer: Separar en distintas direccións.
Recovaxe: Grupo.
Balbordo: Ruído grande e confusión de voces.
Xunguido: Unido.
Pedro chosco: o sono.
Argallada: Invento.
Andrómena: Mentira ou invención fantástica.
Aparruñar: Subir.
Santa compaña: Grupo de almas en pena que andan en busca dun novo defunto.
Gavexar: Facer cousas de pouca importancia.
Frangulla: Anaco pequeno de calquera cousa.
Matogueira: Conxunto de plantas baixas.
Alaxe: Xoia.
Fouciño: Instrumento para segar coa folla curva e o mango curto.
Eixada: Instrumento cunha lámina de metal e un mango que serve para cavar.
Anoto: Pena moi grande.
Aburar: Abrasar.
Teimoso: Que persiste nas súas ideas.
Barrela: Despensa.
Billardo: Anaco de leña.
Miñato: Ave de rapina.
Penedo: Rocha grande.
Palloco: Morea de esterco.
Degaro: Desexo grande.
Estornela: Xogo tradicional. Billarda.
Birta: Rego para distribuír a auga da rega.
Restroballo: Restos de palla ou herba que quedan na leira.
Temas:
CAPÍTULO 9. ELADIA
Quino: Porco.
Trenla: Corda grosa.
Apandar: Soportar, cargar con algo que non gusta.
Chilindrada: Cousa de pouca importancia.
Feixe: Conxunto de paus ou verduras atados.
Xolda: Diversión.
Patín: Escaleiras e terraza exteriores dalgunhas casas tradicionais.
Carriza: Musgo.
Amolecemento: Abrandamento.
Xostregada: Golpe que se dá cunha xostra (vara delgada e flexible).
Roufeño: Rouco, que ten a voz áspera e pouco clara.
Boubín: Enfermidade semellante á epilepsia.
Cuxo: Cría da vaca.
Vergallazo: Golpe dado coa vara.
Trocar: Cambiar.
Fachenda: Presunción.
Amalar: Enfermar.
Xenreira: Ira.
Escadullar: Desfacer terróns.
Talo: Dureza da pel, calo.
Esgana: Aresta dos cereais.
Crecho: Rizado.
Agurgullar: Facer burbullas.
Estordegar: Forzar, sacar do sitio.
Pescudar: Facer investigacións para saber algo.
Axexar: Vixiar.
Espetado: Cravado.
Troupelear: Facer ruído cos pés.
Gabexar: Arranxar, ordenar.
Chambra: Peza de vestir exterior, ancha e con mangas.
Regalía: Privilexio.
Anoxarse: Enfadarse.
Aldraxar: Ofender.
Encabuxar: Enfadar.
Rachar: Separar en dúas partes.
Guindar: Lanzar.
Ensumido: Consumido.
Pistraca: Persoa que come moi pouco.
Chistar: Agradar.
Manxorrada: Calquera alimento.
Aborrecer: Odiar.
Acochar: Tapar coa roupa.
Supetamente: De repente.
Temas:
As feiras. Que fai Balbino cando vai ás feiras?
A escola. A Balbino gústalle a escola, pero déixaa. Por que? Tería algunha posibilidade de continuar os seus estudos?
Balbino descobre o amor. Memorias dun neno labrego é unha novela de aprendizaxe. Unha desas aprendizaxes é un sentimento novo.
CAPÍTULO 10. O FUMAZO
Fumazo: Fogueira do día de San Xoán.
Canear: Andar sen rumbo.
Roleiro: Faixa de terreo que separa unha leira doutra.
Encrucillada: Cruce de camiños.
Renxer: Producir un ruído estridente e molesto.
Amorear: Facer montóns.
Esteo: Columna.
Maino: Suave.
Atizar: Avivar o lume.
Arrepiar: Producir pavor.
Estronicio: Ruído moi forte.
Pínfano: Instrumento musical.
Penisco: Anaco pequeño.
Trouxa: Paquetiño.
Temas:
Festa do san Xoán. Celébrase en toda Galicia. É o día do lume novo.
Tradicións: facer lume e saltalo, deixar un ovo para ler o futuro, lavarse con auga con flores e ver bailar o sol.
CAPÍTULO 11. A MORTE
Aterrecer: Causar terror.
Aparruñar: Subir por unha superficie vertical.
Esgazar: Separar en dúas partes.
Aguillada: Vara longa cun aguillón.
Esfarrapado: Descoidado no aseo e no vestir.
Labra: Operación de labrar unha leira.
Ladrairo: Conxunto de táboas que se poñen aos lados do carro.
Chota: Cantidade de esterco que se colle dunha vez.
Legoña: Utensilio para cavar.
Trollo: Utensilio que se emprega para desfacer terróns.
Angazo: Utensilio con dentes para xuntar a herba (*rastrillo)
Caruncho: Fungo dalgúns cereais.
Gaspalleiro: Trapalleiro.
Repinicoque: Movemento áxil.
Torgo: Son da voz.
Vencello: Vínculo
Acougo. Descanso.
Entalecido: Cheo de durezas.
Velorio: Acto de velar pola noite un defunto.
Recuncho: Lugar apartado.
Anllar: Lugar onde se coloca a leña para o lume.
Engruñado: Encollido.
Xostra: Vara delgada e flexible.
Folerpa: Cada unha das partículas de neve.
Chupe, a: De moita costa.
Esfachicar: Romper en anacos.
Irto: Ríxido.
Temas:
A morte. Sentimentos que provoca.
Velorio. Solidariedade dos veciños. Cambios de actitude e do ánimo dos que asisten.
Novo soño de Balbino.
As vidas son como ríos ou mórrese un pouco cada día. Cal é a túa idea sobre a morte?
CAPÍTULO 12. O MEU AMIGO
Comenencia: Conveniencia.
Rabecha: Enfado grande.
Aturar: Tolerar algo molesto.
Vexigas: Varicela.
Sarampelo: Enfermidade semellante á varicela.
Avolta: Revolta.
Anada: Colleita. Cantidade de produtos que se recollen do campo.
Leirear: Falar.
Estrebillar: Enredar.
Cornello: Fungo parasito do millo.
Tarabela: Obxecto que fai ruído cando hai vento.
Chilindrada: Cousa de pouca importancia.
Garamelo: Trampa.
Fragueiro: Comerciante de madeira ou carpinteiro de carros.
Temas:
Amizade. En que consiste? De quen aprende Balbino a noción e o valor da amizade?
Outra frustración de Balbino. Que pasa cando por fin atopa un amigo de verdade?
A amizade hoxe. Como facemos amigos? Cantos temos de media? Que facemos con eles?
CAPÍTULO 13. SANCRISTÁN
Cotelear: Dar cabezadas por causa do sono.
Lecer: Ocio.
Funcioneiro: Persoa que se encarga de organizar unha festa.
Poxar: Adxudicar algunha cousa a quen máis ofreza por ela.
Anoxo: Enfado.
Rolda: Orde en sucesión.
Campar: Sentar ben.
Requilorio: Formalidade inútil.
Fabriqueiro: Encargado dunha igrexa.
Cinzarra: Campá que se pon no pescozo dos animais.
Batel: Peza metálica que se abate contra as pareces das campás para que soen.
Túmulo: Monumento funerario.
Cangalleira: Pau do carro.
Temas:
Balbino ten un motivo para darse a valer: ten un traballo como sancristán. Iso permitiralle unha compensación material (danlle un traxe e dous pesos) e outra persoal (provoca a admiración dos veciños).
Unha das cavilacións de Balbino: ‘¡O que é a roupa! Trátano a un segundo o ven por fóra’. Cres que Balbino ten razón? Arguméntao.
CAPÍTULO 14. O XURAMENTO
Peta: Ferramenta para cavar.
Vagoroso: Lento.
Bigornia: Peza sólida de ferro rematada en punta, para traballar metais.
Abeaca: Peza do arado.
Dril: Tea forte de liño ou algodón.
Legüeiro: Quen traballa na estrada.
Refucir: Arremangar.
Picaraña: Ferramenta para picar a pedra.
Garular: Cantar os paxaros.
Rechouchío: Canto continuado dos paxaros.
Couselo: Planta que se dá nos muros e tellados.
Xeira: Traballo que se fai dunha vez.
Esmendrellar: Romper, desfacer.
Esbargallar: Desfacer unha cousa composta por varias pezas.
Esburado: Gravado.
Nesporeiro: Niño de avespas.
Temas:
Rexeitamento que provocan algunhas profesións.
Cambio de situación social da tía Engracia.
Reflexións sobre a morte: ‘Rendos vivirá mentres que a fonte dure, aínda que apodrecese o seu corpo’. Que determinación toma Balbino ao final do capítulo (o xuramento)?
CAPÍTULO 15. A PEDRA
Encerellado: Enredado.
Estornela: Xogo tradicional.
Pezoña: Veleno.
Acirrar: Incitar a unha persoa para que actúe de determinada maneira.
Arrendar: Facer a segunda sacha.
Xenreira: Odio contra algo ou alguén.
Aldraxe: Trato inxusto.
Cantazo: Pedrada.
Afitar: Apuntar na diana.
Atricamento: Provocación.
Escintilante: Brillante.
Alolear: Quedar coas facultades minguadas por unha impresión.
Tolena: Malleira.
Gabilo: Fouce pequena de mango longo.
Estordegar: Forzar.
Trasviramento: Turbación do xuízo.
Embrullo: Envoltorio.
Temas:
CAPÍTULO 16. DESTINO
Mallado: Experimentado.
Santilorio: Persoa que ten unha devoción hipócrita.
Ceifa: Sega.
Arraiar: Amencer.
Temas:
O destino é o que escollemos. Cal é a opinión de Balbino?
As cartas de Lelo: pequenas cousas que fan a vida menos dura.
A aprendizaxe do amor: a relación con Flora.
A desigualdade entre as clases e a difícil relación de Balbino coa súa familia.
www.edu.xunta.es/centros/epapualbeiros/node/309