Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta as nosas xentes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta as nosas xentes. Amosar todas as publicacións

18/11/20

 RECUPERANDO O NOSO PATRIMONIO



Enorgulléceme moito que se recupere parte da nosa historia familiar e da do noso concello,Pontecesures.

E digo isto polo significado que esta bandeira representa. 

A continuación vén  esta boa nova que ten moita relación co que dixen con anterioridade.


"Esta semana recibimos a visita  dunha técnico do Museo de Pontevedra para valorar a restauración da bandeira da Liga de amigos do Carme e a Acta da entrega de dita bandeira.

 Ambos símbolos teñen unha importante relevancia para o pobo de Pontecesures, e unha vez solicitada á Deputación asistencia técnica para a sua restauración, o Servizo de Atención Intermunicipal (SAIM) confirmou a disposición de persoal especializado do Museo para levar a cabo a restauración de ambos emblemas cesureños. 

A bandeira da Liga de amigos do Carmen foi traída dende  A Habana no  ano  1912 polo   presidente da   “Sociedad Hijos de Puentecesures” na Habana e o apoderado do Centro Gallego, José Llerena Braña donada polos cesureños residentes en Cuba.

Na acta de donación aparecen nomes como Bandín, Temperán, Carrera, Magariños, Mosquera, Abalo e Llerena, os mesmos  que máis  tarde   fixeran  un donativo para  a adquisición  do  “Gabinete de Física  y Química” da  Escuela Graduada.

De máis recente aparación foi a Acta fundacional, cedida hai un par de anos por descendentes da  familia  Llerena, un  dos  asinantes  daquel  primeiro  documento  e que  estaba gardada  na  caixa  forte  do  Concello á  espera de conseguir persoal técnico que puidese devolverlle o seu aspecto orixinal.

A pretensión do Concello de Pontecesures é, unha vez restaurados, expoñer ambos emblemas no Salón de Plenos da Casa do Concello para poder ser contemplados por toda a veciñanza"

 

 "


Sempre será un símbolo do noso pobo e do que debemos lembrarnos para transmitir as xeracións vindeiras o valor de todo aquilo que fixeron moitas das nosas xentes na emigración, que dende terras lonxanas non esquecían á terra que @s veu nacer.

Ogallá se sigan mantendo e conservando os legados dos nosos antepasados para que non queden no esquecemento.

Debemos respectar e conservar aquelas cousas merecedoras de permanecer no tempo a pesares dos moitos contratempos que  poidan presentarse.

Grazas a tod@s cant@s amosades interese pola posta en valor e conservación de todos estes bens culturais que engrandecen a un pobo.

(Fotografías do Concello de Pontecesures)


Aquí, neste enlace, podedes coñecer algo máis sobre a historia da bandeira .

http://www.blogoteca.com/memoriapontecesures/index.php?cod=111279


16/12/16

AS NOSAS XENTES







ENTREVISTA A BEATRIZ BUSTO LOBATO
 (Bety Lobato)

Por:Sabela Lorenzo Abuín e Candela Suárez Mondragón.

Lugar de nacemento e residencia: Catoira.

Bety fíxose deseñadora grazas a que súa nai era 
costureira.

Estudou Deseño de Moda e Xoias no Mestre Mateo, en Santiago.


 
 







 




O traballo máis importante é a confección de roupa para a Romaría Vikinga, dende fai 23 anos.

Tamén hai que destacar un desfile de roupa vikinga que Bety fíxo para o programa da televisión de Galicia “Aquí Galicia”.




 -Cando che entrou o gusanillo da moda? E que é o que máis che gusta da túa profesión?

-Cando tiña 14 anos. O que máis me gusta é deseñar e confeccionar vestidos de nenas .

- Cando tiveches claro que querías adicarte a costura?

-Dende sempre.

-A túa familia apoiabate?

-Si, ademais a miña nai era costureira e tiña un taller de costura.

-Cal foi a primeira prenda que deseñaches?

-Unha cazadora beige e marron, que aínda conservo.

-Tes algún proxecto en mente?

-Preparar a vikinga do ano que ven.

-Cando empezas a confección da roupa vikinga e como son os traxes?

-Empezo en Xaneiro . Os traxes modifícanse un pouco porque a festa é no verán e fai moita calor.

-Cal foi o encargo mais importante que tiveches?

-O encargo máis importante foi o da primeira Romaría Vikinga, con 255 traxes.

-Á hora de realizar un vestido... cal é a tua inspiración?

-Fíxome na persoa que o vai levar e tamén na tea.

-Que estilo che gusta máis?

-As prendas sinxelas.

-Que é o que máis che gusta do teu traballo e cal é  aprenda que máis che gusta confeccionar?

-O que máis me gusta é traballar cos nenos e a prenda é confeccionar vestidos.

-Cal é o teu referente na moda?

-Primeiro miña nai e despois Carolina Herrera.

-Que consello lle darías a unha persoa que quere adicarse a esta profesión?

-Ser constante e ter paciencia.

-A onde che gustaría chegar?

-A ser unha gran deseñadora.

-Á parte de nós, alguén che fixo una entrevista?

Si, a televisión de Galicia, a Voz de Galicia e varios programas de televisión.



Grazas Bety polo teu tempo, e esperamos que chegues a cumprir os teus soños.

Bety acompañada por Sabela e Candela




26/11/16

AS NOSAS XENTES


ENTREVISTA AOS RESPONSABLES 

DA TABERNA VIKINGA



Os donos da "Taberna Vikinga" eran Carmen e Antonio aínda que Carmiña, a súa filla, contestou a maioría das preguntas xa que ela, xunto cos seus irmáns e irmás son os novos donos do local.
A Taberna leva aberta xa 44 anos.
Con estes antecedentes imos saber algo máis sobre este restaurante que lle gusta tanto á maior parte da xente de Catoira; aínda que tamén coñeceremos algo máis sobre a vida dos seus anteriores donos.

Por Belén Rey Correa e Naroa Correa Bouzón


Comezamos esta entrevista preguntando a Carmen.

En que datas nacestes?

-Eu, Carmen, o 8 de febreiro de 1943; Carmen, a miña filla, o  14 de novembro de 1979; e Antonio (Tucho), o 9 de abril de 1941.  

Carmen, a que te dedicahes antes de abrir o bar?

-Antonio e mais eu emigramos a Australia, onde el traballaba na construción e tamén nun hotel, mentres que eu  tamén traballei durante un tempo ata que naceu o noso primeiro fillo,Carlos, e regresamos outra vez para Catoira.

En que ano se fundóu o bar?

-Fundouse en febreiro do ano 1972.

Como se iniciou este proxecto?

-Eran un grupo de amigos que querían montar unha especie de sociedade para facer reunións, entre outras cousas e, como non se levou acabo o proxecto, Antonio e outro señor de Catoira quixeron montar o seu propio bar.

 Por que un bar e non outro negocio?

-Aproveitamos que Antonio e mais eu  tiñamos un pouco de habilidade no traballo da hostelería, xa que na nosa etapa de emigración en Australia traballaramos en hoteis.

 Por que se elixiu ese nome para este local?

-Porque xa era o nome que ía ter o proxecto inicial.

 Pasou algún personaxe importante por aquí?

-Pasaron varios; do panorama nacional destacamos a Manuel Dios (actor da serie “Cuéntame”) e Miguel Ángel Silvestre (naquel momento actor principal da serie “Sin tetas no hay paraíso”).
E como personaxes galegos,  xogadores do Celta coma Sergio Álvarez, Borja Oubiña, e outros da plantilla; Luis Zahera,“Petróleo”, da serie “Mareas vivas”; Os Tonechos; Nucha e Mucha  e Roi e Nando Casal entre outros.
Tamén hai que destacar no panorama internacional a Pablo Milanés , cantautor cubano.

Segue vindo  a mesma clientela?

-Xa que o bar leva 44 anos aberto e que por el pasaron varias xeracións, poderiase dicir que agora veñen os fillos dos principais clientes.

(Agora diriximos as nosas preguntas á súa filla, Carmen).

 Pensastes nalgún momento pechar ou alugar o local por falta de persoal ou clientela?

-Non. Só se valorou cando a Antonio e a Carmen lles chegaba a hora de xubilarse. Pero collemos  o relevo os seus fillos.

Cantas reformas sufriu a Vikinga ao longo deste tempo? Tedes pensado facer algunha máis?

-Pois xa que empezou sendo unha pequena taberna, a primeira reforma foi ampliar o que hoxe en día é o comedor; a segunda foi a ampliación do que é a cociña, a adega e a estrutura que está feita dun hotel. Gustaríanos rematar as reformas do hotel para poñelo a funcionar.

Cal é a especialidade da casa?

-Os pinchos morunos aínda que, ao longo do tempo tamén poderiamos considerar que os chipiróns encebolados e a croca tamén son especialidades.

Para darlle publicidade ao negocio que preferides,
unha boa crítica nun xornal ou o boca a boca da xente?

-O boca a boca da xente sen ningunha dúbida, aínda que unha boa crítica no xornal tamén é un bo recoñecemen-
to.

Recibistes algunha  queixa da comida por parte dalgún cliente? E felicitacións?


-Por suposto, xa que a comida non sempre está ao gusto de todos; falamos de salgado ou soso, máis feito ou menos feito …Tamén recibimos felicitacións, e un recoñecemento anónimo na Guía Michelin.




 GUÍA MICHELÍN


PÁXINA DA GUIA


COMENTARIO NO XORNAL
 "LA VOZ DE GALICIA"

Na actualidade, canta xente traballa no local? Son todos
da familia?

-Actualmente traballan 6 persoas , son todos da familia menos dous.

A taberna foi sempre un local de comidas ou antes só serviades viños e tapas?

-Creouse sendo unha taberna de viños e tapas e, co paso do tempo, ampliouse a restaurante.


E ata aquí a entrevista. Grazas por prestarnos o voso tempo un sábado á tarde e por contestar sen problema a todas as nosas preguntas.

DESEXÁMOS QUE NO FUTURO VOS VAIA TAN BEN COMO AGORA!!




LUNES, 26 DE JULIO DE 2010







CADRO QUE REPRESENTA UN DRAKKAR
Publicado por 

Catoira y su Taberna Vikinga: El buen hacer en la fritura.


Es bien conocido que la fritura del pescado menudo y otros es una preparación habitual en Andalucía principalmente, si bien también se puede encontrar en bares y restaurantes del resto del País, aunque es difícil que lleguen a alcanzar el punto, el sabor, y la calidad que ofrecen los locales andaluces. En Galicia son poco habituales los locales que dominen el arte de la fritura, bien por la baja calidad del aceite que se usa para ella, bien porque no llegan o se pasan del punto de fritura, bien porque viene encharcada en aceite, etc.

En Catoira, Ayuntamiento cercano a Vilagarcía de Arosa (Pontevedra), frente a la Casa do Concello esta ubicada la Taberna Vikinga, pequeño y modesto local, pero muy agradable en el que ofrecen una fritura excepcional, de las que destacamos de manera muy especial las xoubas de la ría, fritas enteras, crujiente la piel, jugoso el interior y seco el pescado. También a destacar los choquitos fritos con cebolla, de buen tamaño y mejor sabor, gracias al justo punto de fritura que se les ha dado. Se puede continuar la faena con un pincho moruno bien adobado y con el tiempo justo de plancha, que acompañado todo ello por los auténticos pimientos de Padrón y un buen vino tinto hacen un picoteo digno del mas noble y exigente de los paladares, que se puede rematar con un buen trozo de la sabrosa tarta de queso que elaboran en la casa. En resumen: estamos de nuevo ante una propuesta en la que prima sobre todo la calidad de un producto de la zona de excelente calidad, elaborado por manos expertas y cuidadosas sobre todo para la fritura.



CARME, A FILLA DOS FUNDADORES, XUNTO CON BELÉN E NAROA


22/11/16

AS NOSAS XENTES


ENTREVISTA A MARTA VALIÑO FREIRE

por: Pablo Sumay Dios


Aínda que a maioría coñecemos a Marta Valiño pola súa faceta de cantante en diferentes orquestras galegas, descubrimos dela outras facetas interesantes.
Colaborou coa súa voz no programa "Historias de Galicia" e participou en multitude de películas de debuxos animados, coma Shin Chan; series de fición, coma Rías Baixas; sempre en galego.
Na actualidade lidera un proxecto de música rock chamado grupo "Marketta" e colabora con Roi Casal.
Unha auténtica artista polifacética.

Marta actuando co grupo Marketta


De onde eres?

Son de Vigo, Vigo cidade.

Canto tempo levas en Catoira?

Levo en Catoira dende o 25 de xuño de 2008, vai facer 9 anos.

A que anos comezaches na música?

Empecei con 17 anos, case 18 anos.

En que grupos cantaches?

Estiven en grupos e en orquestras. O primeiro grupo no que estiven era cuns amigos que se chamaba "Cibia". Fixemos dous concertos no Náutico de Vigo para os 40 Principales, era música feita polo grupo no que eu cantaba.
Respecto das orquestras, na primeira coa que estiven foi "Marazul". Para min foi a mellor porque eramos 17, dos cales cinco ou seis eramos chicas. Nesta orquestra estaba todo gravado e eu cantaba pouco, pero as miñas compañeiras cantaban menos ca min.
Despois estiven en "Tango", unha orquestra de O Porriño, na que estiven catro anos. Logo case catorce anos en "Costa Oeste" e dous en "Olympus".
Logo xa me retirei, aínda que fixen algunha substitución arredor de dous meses en orquestras nas que algunha chica marchara.


Que proxectos fixeches e cales tes nun futuro?

Sempre escribín poesía e sempre me gustou escribir cancións. De feito, no colexio facía o típico de escribir panxoliñas con música dalgúns anuncios de Nadal por exemplo, aos que lle cambiaba a letra.
Despois déuseme por escribir e compoñer porque estudei dous anos de lírico en Vigo con 17 anos. Logo marchei a Madrid cinco anos nos que estiven cunha mestra de canto que se chamaba Connie Phill e coa que estudei improvisación, armonía e iniciación ao Jazz; aí foi onde realmente aprendín.
Agora estou de corista con Roi Casal; tamén , no musical de Panorama; sigo compoñendo e cantando. Isto creo que o seguirei facendo toda a vida, seguirei cantando e compoñendo.

Que soñas conseguir no mundo da música?

Cando era nova, soñaba con ser famosa, quería ser Madonna, porque me gustaba ela; Bon Jovi e Mecano. Sen embargo, van pasando os anos, facéndote maior e simplemente agora gustaríame vivir do que me gusta facer: dar clases de canto, que alguén famoso me comprara algún tema... isto faríame feliz, á parte de rica.
Gustaríame seguir cantando, non pido ser famosa, pero gustaríame cantar sempre.

Quen é o teu ídolo na música?

Teño moitos ídolos. A miña musa é Celine Dion. Encántame Chaka Khan, Jon Mayer, Bon Jovi. Gústame moito a música dos oitenta, que é a época da mellor música. Nesta época a música española estaba moi en auxe e, por iso ,gústanme tamén La Guardia, Los Secretos...

Tes apoio na túa familia? Sempre o tiveches?

Non, non o tiven. É máis, a miña nai castigábame e sacábame de música e de baile que era o que eu quería de pequena: cantar e bailar. Por ignorancia dos meus pais castigábanme e sacábanme pero despois ao verme caíalle a baba, aínda que cando comecei con 17 anos, miña nai, que era máis anticuada, tiña medo.

Dos traballos realizados, cales foron os máis complicados?

Dende que comecei ata agora, quizás o máis complicado foi cando substituín a Silvia Ferre no proxecto de Roi Casal. Tívenme que chapar os tres discos, estudando os temas exactamente como os cantaba Silvia, non o puiden facer á miña maneira. Do resto, como é o que me gusta facer, non me resulta complexo. Sen embargo, non me poñas a facer unha torta ou un guiso, porque non me vai saír, pero facer unha canción, si.

Agora mesmo, en que traballas?

Agora estou con Roi Casal, dou clases de canto e estou no musical de Panorama.

Tes outras afeccións?

Non, tocar e cantar. Non teño outras, non me gusta coser, non me gusta pintar, non me gusta a informática. Para gravar vólvome tola, pero teño que aprender. Bueno, gústame moito o deporte, sempre fun moi deportista; gustábame moito bailar, aínda que agora xa non tanto, debe ser a idade.

Se non foses cantante, que outro oficio che gustaría?

Cando acabei os estudos e non sabía que facer, non quería facer ningunha carreira e empecei con psicoloxía pero, ao final, non me gustaba. Ao final fixen auxiliar de clínica, nunca exercín pero fixen prácticas en catro hospitais. Houbérame gustado ser enfermeira, é moi distinto, pero gustaríame selo e penso que podería facelo ben.

Con quen che gustaría facer un dueto?

Posmo moi complicado! Con Celine Dion, con Lara Fabian e con xente que agora non recordo o nome pero que hai en Internet que non se lle coñece pero que é moi boa. O que me gustaría é facer unha canción e que ma cantara alguén famoso, non polo feito de ter cartos, senón por facela eu, escribila, isto é o que me gustaría.

Tocas algún instrumento?

Si, toco a guitarra un pouco e o piano. Fixen Piano Complementario e é o que me gusta, tocar e cantar pero tería que aprender moito máis. Agora estou coas maracas pero é moi complicado, para iso hai que nacer.

Que é o que máis che inspira para cantar ou compoñer?

Cada canción foi unha situación real na vida. Sexa de amor, de inxustiza, de cando deixei o mundo das orquestras e de repente, despois de traballar 20 ou 25 anos, atopeime con que non sabía que facer, non sabía como ubicarme e houbo tres anos que estiven un pouco perdida pero cada vez que me sucede algo na vida, parece que teño que plasmalo nunha canción. Cada vez que vou  compoñer é porque o teño, póñome no piano, póñome a escribir e sáeme nese momento. Non podo dicir: “vou a compoñer”, teño que estar inspirada para facelo.





Nestes enlaces podemos apreciar algúns dos seus traballos:




Desexámoslle a Marta Valiño o maior dos éxitos!!