Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta efemérides. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta efemérides. Amosar todas as publicacións

18/09/23

POR FIN CHEGOU!

Aí vén o tren, 
coma un cabalo de ferro, 
galopando cruza pontes,
cruza vales e atravesa montes. 

Botando fume vai pola vía.

Aquel primero tren ía dicindo: 
Alá vou.....!! 
E o seu vapor saía e saía soando: 
Vinde todos a mirar, 
vou pasar, estou chegando! 

Mirade que velaí vén, 
dende Cornes a Carril. 

Fungando a locomotora, 
ruxe, ruxe, co seu chacachaaá...!! 
Cruza a ponte sobre o Sar,
pasa o túnel da Fervenza,
vai camiño a Casal.

Segue a Osebe, 
avisando vai: 
Víndeme contemplar, 
son unha máquina fenomenal!! 

Polo Faramello fura o monte. 
Na Escravitude está xa, 
pedindo á Nosa Señora 
que lle axude a viaxar. 

E no medio do traxecto, 
a Obra de Misericordia: 
dar de beber ao sedento. 

Axiña chega a Padrón, 
ve a Casa de Rosalía 
e, cun saúdo de chifro, 
continúa o seu camiño.

Fungando a locomotora, 
ruxe, ruxe co seu chacachaaá...!! 
Cruza a ponte sobre o Ulla 
e, diante da Factoría, 
por Cesures foi pasar. 

E seguindo por Catoira 
están as Torres de Oeste.
Seguirá pegado ao mar, 
o mar da Ría de Arousa, 
onde se quere mirar 
a Cortegada fermosa.

E en Carril rematou 
a viaxe deste tren, 
do tren que saiu de Cornes 
e que aquí chegou con ben. 

E pasar, pasaron anos, 
van alá cento cincuenta. 

E viajando no tempo 
chegamos a día de hoxe.
Deixounos no "Testamento"
que, por esta antiga liña,
continúe o tren correndo.


O día 15 de setembro de 1873 levábase a cabo a viaxe inaugural da primeira liña de ferrocarril de Galicia, entre Cornes(Conxo) e Carril. que daquela eran concellos e que se anexionaron , o primeiro a Santiago de Compostela e o segundo a Vilagarcía de Arousa. 

Con este pequeno poema quero recordar esta efeméride  na data do seu 150 aniversario.

Marisel Llerena Orgaz

16/02/16

DÍA DA PAZ



  
Celebramos o "Día da Paz" con este precioso mural onde se poden ver os diferentes persoeiros que foron galardoados co premio Nobel da Paz.




13/05/15

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS






   Coma cada 17 de maio, vaise celebrar o "Día das Letras Galegas".

  O autor homenaxeado este ano é José Filgueira Valverde.

  Se queredes coñecer máis a fondo a vida e obra deste autor, podedes visitar esta páxina, que de seguro vos resultará de moita utilidade:

 http://filgueiravalverde.gal/








02/03/15

A REAL CASA DA MOEDA CUMPRE 400 ANOS


 400 aniversario FNMT-RCM - Visita nuestro Facebook

   Hoxe, luns, 2 de febreiro de 2015,conmemórase o cuarto centenario da súa creación en Madrid, en 1615, durante o reinado de Felipe III.

  A súa primeira ubicación foi na rúa Segovia, onde permaneceu durante máis de douscentos anos.

  A época do seu maior esplendor coincide co reinado de Carlos III.

  En 1861 trasládase a un edificio da Praza de Colón que foi inaugurado pola raíña Isabel II, compartindo estas instalacións coa "Fábrica de sellos".

   Pero sería en 1893, durante a rexencia de María Cristina, cando ambas as dúas institucións se fusionan dando lugar á "Fabrica Nacional de Moneda y Timbre"(FNMT).

  En 1964 inugúrase unha nova sé na rúa Doutor Esquerdo nº36, tamén en Madrid.

  Na actualidade a Fabrica mantén dúas factorías , en Madrid e Burgos.

  A FNMT- RCM é unha Entidade Pública Empresarial dependente da Subsecretaría de Economía e Facenda do Ministerio de Economía e Facenda, adicada á fabricación de moedas, billetes, papel moeda, timbres, documentos oficiais,  tarxetas intelixentes e distintos tipos de certificados.
 

22/01/15

PARA O DÍA DA PAZ

Este ano celebraremos o "Día da Paz" coñecendo a Malala Yousafzai, premio Nobel da Paz 2014.

http://www.cepaxarquia.org/webquest/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=1096&id_pagina=1

Recomendo a visita desta páxina onde atoparedes unha serie de actividades relacionadas coas áreas de Lingua, Matemáticas, Coñecemento do Medio, Inglés , Plástica e, dun xeito transversal, a Educación en valores.
Comenzaremos por esta banda deseñada:


18/12/14

  Exposición Centenario de "Platero y yo"



 Aquí vos traio as imaxes da nosa exposición sobre o Centenario da publicación do libro de Juan Ramón Jiménez, "Platero y yo".

  Anímovos a que a visitedes; está na entrada principal do noso cole.

  E, para que vos fagades unha idea, estas son algunhas das imaxes que poderedes ver:







  Tamén fixeron estas manualidades




Esto resulta tamén moi interesante...




Nós tamén limos "Platero y yo"....






 






27/11/14


       CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DE "PLATERO Y YO"


                                                              Este ano celébrase o Centenario da publicación da obra de 

         Juan Ramón Jiménez, "Platero y yo".                           

   Por este motivo vos recomendo que o leades, coma tamén o están a facer os alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria.

   Estamos a rematar unha exposición na que se poderán ver os traballos manuais centrados no persoaxe principal que dá título ao libro;tamén, unha recopilación de imaxes filatélicas que teñen por tema a figura de Juan Ramón Jiménez,a súa dona, Zenobia e, coma non podía ser menos, Platero e Moguer.Así mesmo,teredes a posibilidade de  ver una copia da carta na que se lle comunica a Juan Ramón a concesión,por parte da Academia Sueca,do Premio Nobel de Literatura no ano 1956, así coma recortes de prensa da época,unha reprodución da portada da primeira edición do libro, a adicatoria a Zenobia....

   Nun gran mural faise, a maneira de roteiro , un paseo por Moguer, lembrando fragmentos do libro nos que se fai alusión a lugares coñecidos e a persoeiros coetáneos a Juan Ramón.Poñendo un pouco de imaxinación pola nosa parte, poderemos viaxar no tempo e comprender a forma de vida que se desenvolvía neste pobo hai cen anos.

  Cando o vexades,seguramente vos preguntaredes porque hai tantos debuxos de flores e bolboretas,pois... anímovos a ler os primeiros capítulos e xa entenderedes o motivo.

  Se queredes saber máis sobre Juan Ramón e o seu libro "Platero y yo", convídovos a visitar estas páxinas, que de seguro vos resultarán útiles para comprender mellor a súa obra.

http://fundacion-jrj.es/

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/web/centenario-platero/platero-y-yo

  Esta especie de documental que ven a continuación é moi interesante e quizáis sería bo empezar por aí; é de gran axuda para animarvos a ler "Platero y yo".

https://www.youtube.com/watch?v=yW2kpLLQDeg

   Nesta reportaxe poderemos saber algo máis sobre a súa biografía e escoitar audios do poeta:

http://www.juntadeandalucia.es/educacion/webportal/web/centenario-platero/audiovisuales

Un cómic sobre a vida de Juan Ramón Jiménez pódese descargar desde esta dirección:

http://cprhoyos.juntaextremadura.net/materiales/jimenez/comic.htm 

http://fundacion-jrj.es/servicios/material-didactico/ 

  Agardo que vos guste.

            Juan Ramón   Jiménez, por Idígoras y Pachi. (EL MUNDO)