Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta recomendación lectora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendación lectora. Amosar todas as publicacións

20/02/17

RECOMENDACIÓN LECTORA


Comezamos  un novo apartado adicado ás recomendacións lectoras do alumnado da nosa clase de 6ºB.

É Belén Rey Correa quen nos fai a recomendación deste libro.



"EL PROFESOR DE MÚSICA"da autora Yaël Hassan.


"Este libro trata dun profesor de música chamado Simón, que se debate entre a desidia e a depresión ante o comezo de curso debido ao desinterés dos seus alumnos, aos alborotadores....

A sorpresa que lle agarda é Malik, un neno árabe ansioso por aprender a tocar o violín. Pero Simón tíña deixado  de tocar, xa que lle traía recordos daqueles  anos da Segunda Guerra Mundial.

Malik remove tantas cousas en Simón que a súa muller, Bella, teme pola súa saúde; sen embargo, el está máis feliz que nunca.

Este libro gustoume moito xa que explica moi ben, de forma amena e cercana, as consecuencias da Segunda Guerra Mundial e as vivenzas dun home que a padeceu".     


("El profesor de música" levou o premio Saint Exupery 2001)








08/06/15

RECOMENDACIÓN LECTORA





































Son Celia e Nerea as encargadas de recomendarnos unha lectura.

"Nesta ocasión recomendamos "El Principito", que é a novela máis famosa do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry e que foi publicada en 1943.

O seu título orixinal é "Le petit prince".

 Narra as aventuras dun neno que vén do lonxano asteroide B612 e dos personaxes que coñece nos outros planetas polos que pasa antes de chegar á Terra, onde se encontra cun aviador no medio do deserto do Sahara porque o seu avión tivera unha avaría no seu motor.

O principiño remata a súa aventura volvendo ao seu asteroide.

Consta de vinte e seis capítulos, unha pequena introdución e un capítulo final.

Ao igual que o protagonista da historia, o autor, Antoine de Saint- Exupéry tamén era aviador e tivera un accidente no deserto do Sahara.

Recomendamos a súa lectura  tanto a nenos coma a adultos , xa que cando empezar a lelo non podes deixalo.

O que é máis importante, fala de crear lazos de amizade"

Como diría o principiño:

Qu'est-ce que signifieapprivoiser” ? 
  - C'est une chose trop oubliée, dit le renard. Ça signifie “créer des liens…”
 - Créer des liens ?
 - Bien sûr, dit le renard.

02/05/15

NOVA RECOMENDACIÓN LECTORA


  Nesta ocasión a recomendación lectora ven de parte de Adrián, Sabela, Sergio e Marcos que vos animan a ler "Platero y yo", de Juan Ramón Jiménez.





  "Nós recomendamos que leades este libro porque nos enganchou de tal maneira que, cando empezas a lelo non paras.

  É un monólogo entre Juan Ramón e Platero, sobre os paseos que este dab co seu burro por Moguer , que chegan ao seu fin cando morre o burro.

  O capítulo que máis nos gustou foi o primeiro, titulado Platero; nel descríbeo coma que é pequeno, peludo, suave, brando...e como son os seus ollos...o que lle gusta comer...as súas froitas preferidas....

   Este libro ensina palabras, maneiras, costumes etc. que hai cen anos eran habituais pero que caeron en desuso e resulta moi interesante coñecelas.

  Un capítulo moi gracioso é aquel que leva por título La miga, no que Juan Ramón lle conta a Platero o que lle podería pasar se fose á escola, que a pesares de ter tan só catro anos é tan grande que non habería mesa nen cadeira para el e que a mestra o castigaría poñéndoo de xeonllos.

  Pensemos que hai cen anos non había moitas das cousas que temos agora e a xente divertíase doutra maneira, disfrutaba do campo e dos amigos.

  Cando les este libro dá a impresión de que vas camiñando polo pobo de Moguer, tal e como o facía Juan Ramón con Platero".


26/03/15

A NOSA RECOMENDACIÓN LECTORA


 


   Nesta ocasión, o libro que nos recomendan Noa e Gabriela é o "Diario de Ana Frank", en formato de banda deseñada.

  "Este libro é moi recomendable porque, se che gusta a Historia, vaiche encantar. Cando les o primeiro capítulo engánchaste porque conta a historia de Ana e a súa familia, que eran de orixe xudea, e deciden deixar Alemaña e ir vivir a Amsterdam para escapar da persecución dos nazis.

   Durante máis de dous anos viviron agochados nunha vivenda enriba dunha fábrica, ata que foron descubertos e trasladados a un campo de concentración.

  Cando os aliados gañaron a guerra, liberaron aos presos dos campos de exterminio.

  O único supervivente da familia foi o pai.

   Pouco antes de ter que escapar dos nazis, Ana recibe un diario coma regalo de aniversario. Nel escribe o que lle ocorre durante todo ese tempo no que vive oculta.
   
   Foi o seu pai quen o recuperou e publicou no ano 1947".


   Ana Frank escribiu:

  "O Sol brilla, o ceo vese dunha cor azul intensa, hai unha agradable brisa e eu teño enormes desexos de conversar, desexos de libertade, desexos de estar cos meus amigos, desexos de estar soa. Desexos de ....chorar!