Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta saídas escolares. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saídas escolares. Amosar todas as publicacións

02/11/16

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA


Acompañados polo noso director Fernado e as titoras de 6º curso, Pilar e Marisel, un ano máis , o alumnado de 6º curso do noso colexio viaxa a Pontevedra coa fin de coñecer algo máis do noso pasado máis antigo.

A nosa intención é facer un percorrido pola cidade mediante un xogo de orientación; para o cal tod@s disporán dun plano e seguirán unha serie de instrucións ata chegar aos lugares propostos.

Pero o motivo principal é visitar o Museo Provincial  a través dun percorrido polas salas dedicadas  á prehistoria e á historia antiga de Galicia con apoio de material didáctico. Partindo de vestixios datados no Paleolítico Inferior, os rapaces e rapazas irán descubrindo os cambios que foron acontecendo ao longo da prehistoria galega ata chegar ao proceso de romanización e, ao comenzo da historia coa chegada da escritura.

Este percorrido con ficha didáctica  permite que os alumnos e alumnas coñezan, a partir dos restos arqueolóxicos, algúns dos aspectos máis relevanes do noso pasado: as ferramentas líticas máis antigas de Galicia, importantes pezas de ourivería, petroglifos, obxectos de uso doméstico ou monumentos epigráficos romanos, entre outros.

Durante o percorrido por unha das salas

Un momento de atención e traballo coa ficha didáctica

Unha das vitrinas con restos prehistóricos

Monumento aos Heroes de Pontesampaio

Entrada a visitar a basílica de Santa María

Un bo grupo!!!

Xunto a un dos símbolos de Pontevedra, o loro Rabachol

Diante da basílica da Peregrina escoitando atentamente as instrución sobre o plano.

Diante de Santa María o grupo de 6º curso acompañado polas súas titoras, Pilar e Marisel

Ao fondo a palacete de Méndez Núñez, na praza do mesmo nome, e rodeando á figura de Valle Inclán

Entrada ao Centro de Interpretación das  Torres Arcebispais -CITA

Fachada do Concello

Basílica da Virxen Peregrina

09/04/16

EL PRINCIPITO


O pasado dia 29 de marzo o alumnado de 5º curso de Ed. Primaria e un grupo de 1º de ESO asistimos a unha representación da obra "EL PRINCIPITO", levada a cabo no auditorio do Colexio La Salle en Santiago de Compostela.

Viaxamos en tren dende Catoira e aproveitamos para coñecer un pouco máis a capital de Galicia.

O tempo non acompañou demasiado pero os ánimos e a novidade de viaxar en tren fixeron que resultase do máis ameno.

 Xa tiñamos lido o libro na clase  e tivemos esta oportunidade de poder contemplar unha adptación da obra que, cun toque musical, resultou moi  entretida.










Un merecido descanso para repoñer forzas.

24/11/15

CELEBRAMOS O DÍA DE SANTA ICÍA

 

  Co motivo da celebración da patroa da Música, Santa Icía, o alumnado co CPI PROGRESO de Catoira, acudiu a unha actuación musical no Auditorio do Centro Multiusos .

  Puidemos ver un concerto didáctico baseado na percusión, onde o humor estaba presente en cada momento.

  Me refiro a ODAIKO PERCUSSION GROUP que, dende o principio ata o final da súa actuación, fixo partícipe ao público presente.




  Estos son algúns dos momentos da súa actuación.







Foto grupal cos compoñentes de Odaiko


Na actualidade, Odaiko está formado por Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso.


17/11/15

II CARREIRA POPULAR "ROMARÍA VIKINGA 10 K"

cartel carreira.jpg

No Auditorio do Concello de Catoira  asistimos á presentación da II Carreira Popular "ROMARÍA VIKINGA 10 K".

Acudiu a esta presentación un dos veteranos do atletismo, refírome á Jesús Bernal, en cuio homenaxe se celebrará o evento.

Tamén puidemos disfrutar da presenza  doutros dous atletas internacionais: Solange Pereira e Vïctor Riobó que ,xunto coa atleta catoirense Celina Rodríguez Sobrino, nos falaron das súas experiencias deportivas..

O alumnado presente neste acto tivo a oportunidade de facerlles preguntas aos convidados.

Non faltaron á esta cita algúns dos patrocinadores e responsables do Concello, así coma representantes de Protección Civil de Catoira ,que realiza unha importante labor relacionada coa seguridade dos atletas e público en xeral.

Animaron a todos a que participasen ;a calqueira idade se pode correr.

Unha oportunidade única para coñecer algo máis deste deporte.






 Máis información e inscrición:






03/07/15

VISITANDO CATOIRA



      O noso roteiro particular por Catoira comeza visitando os exteriores do Hotel Balneario, tamén coñecido por "Villa Cayo", onde hai anos se    dispensaban    tratamentos a base das augas mineiro- medicinais que tanta fama deron a este pobo.


HOTEL BALNEARIO
   Continuamos a visita pasando pola Capela de San Xosé Obreiro, moi preto da estación do tren.


CAPELA DE SAN XOSÉ OBREIRO

  Cruzado por debaixo da vía do tren , seguimos a nosa camiñata cara o "Balneario  Laxinias", hoxe en total abandono, no que se levaban a cabo os baños coas augas medicinais.


BALNEARIO LAXINIAS

  Seguindo cara a praia fluvial podese ver de fondo, cruzando o río Ulla, a maior
ponte de extructura metálica contruida ata agora en Europa, que serve para o
 recén    estreado Tren de Alta Velocidade da liña A Coruña-Vigo e coñecido coma o "Viaducto de Catoira".


PRAIA FLUVIAL E PONTE DO TREN


PASARELA DE MADEIRA SOBRE A MARISMA


ZONA INTERMAREAL. DESEMBOCADURA DO RÍO CATOIRA


VISTA XERAL

  Na desembocadura do río Catoira atópanse os restos dun muiño de marea.

MUIÑO DE MAREA

  Pasado este muiño, continuamos pola marxen esquerda do río Catoira e chagamos ata outro muiño que se atopa restaurado .

MUIÑO NO RÍO CATOIRA

    Tras deixar atras este muiños, continuamos por un camiño que vai dar á Casa do Concello dende onde seguimos , unha vez atravesada a estrada que conduce cara Vilagarcía de Arousa, a ruta que nos leva ao lugar de Trasadaveiga. Preto dalí podemos observar, no alto dun pequeno outeiro, os muiños de vento.
    Pero a nosa peregrinaxe ten coma obxectivo principal a visita dunha pequena capela que ten unha gran importancia histórica coma se sinalou nun apartado anterior do noso blog. Referímonos á Capela da Virxe da Barca, no lugar de Trasdaveiga.


CAPELA DA VIRXE DA BARCA EN TRASDAVEIGA
  Preto da Finca da Capela podemos observar un magnífico exemplar dunha sobreira  que destaca polo seu tamaño e antigüidade.

SOBREIRA CENTENARIA EN TRASDAVEIGA

  E coma non podía ser menos, este precioso hórreo de tipoloxía mixta, construido en pedra e madeira, de tres claros combinando nos seus soportes os pés e as cepas, cuns remates nos dous extremos do tellado, que simbolizan a abundancia co pináculo e o sentido sagrado do pan ,coa cruz.

HÓRREO EN TRASADAVEIGA
HÓRREA DE PEDRA EN TRASADVEIGA
Outro tipo de hórreo, todo de pedra.



   Deixamos Trasadaveiga para seguir á beira da estrada e paramos a contemplar este cruceiro, simbolo galego onde os haxa.

CRUCEIRO NA RÚA DO CONCELLO

   No noso camiñar imos cara o lugar de Barral onde, case na estrada se pode ver este outro cruceiro, que á vista está que non é respectado polo vecindario.


CRUCEIRO NO LUGAR DE BARRAL

     Pero tamén atopamos esta fonte de tres canos da que brota auga por un só .

FONTE - BARRAL

  Alí falamos con xente que nos amosou o lugar onde , hai moito tempo, existiu unha torre que, ao ver dos restos que quedan , debeu ocupar unha boa superficie.


VISTA FRONTAL DOS RESTOS DA TORRE DE BARRAL
   

 Contan algúns historiadores que en Barral houbo o privilexio de acuñar moeda.



PORTA DE ENTRADA A UNHA FINCA- BARRAL

           Seguindo as indicacións duns letreiro e coa axuda duns veciños, chegamos ata "Outeiro de Barral", unha paraxe de pedras con representacións de gravados rupestres nos que predominan as "cazoletas".


PEDRA CON PETROGLIFOS- BARRAL

VISTA DO LADO DEREITO DOS RESTOS DA TORRE DE BARRAL

ANTIGA CONSTRUCIÓN EN BARRAL


























 Este cartel informa da disposición das pedras e axuda a interpretar os grabados rupestres.


INDICADOR INFORMATIVO DOS PETROGLIFOS DE BARRAL
     
   














    Sempre a axuda da veciñanza é moi útil para dar con lugares especiais coma o foi o deste muiño no que o seu propietario se prestou amablemente a amosarnos o seu funcionamento e contarnos algo da súa historia.
   Quedámoslles moi agradecidos.


PECULIAR LAVADOIRO NA CANLE DO MUIÑO
DEMOSTRACIÓN DO FUNCIONAMENTO



INTERIOR DUN MUIÑO



   














Preto deste muiño temos este outro que está completamente abandoado . Podemos apreciar esas dúas pedras situadas a carón da porta de entrada e cuia misión era a de pousar as saquetas para logo subilas á cabeza ou ao lombo dun burro.


EXTERIOR DUN MUIÑO EN RUINAS

      Preto dos muiños citados con anterioridade hai esta pequena e antiga pontella que nos permite cruzar o regato que leva a auga ata os muiños.


PONTELLA ANTIGA
 
     O río Catoira, nunha contorna rodeada de vexetación. Estamos en Fonte Gaiteira.


MUIÑO DA PONTE

PEQUENA PONTELLA SOBRE O RÍO CATOIRA EN FONTE GAITEIRA

      Antes de construir a estrada entre Cesures e Carril, esta ponte medieval usábase para cruzar o río Catoira e formaba parte do chamado "camiño real".


A PONTE VELLA (S-XI) SOBRE O RÍO CATOIRA

ENTORNO DO RÍO CATOIRA















Logo dun pequeno descanso, imos rematando a nosa andaina e dirixímonos ata a Igrexa Parroquial de San Miguel de Catoira, situada no casco urbán, e visitamos o monumento adicado ao arcebispo Diego Xelmírez, que tanta fama lle deu a Catoira.




MONUMENTO A XELMÍREZ

IGREXA DE SAN MIGUEL DE CATOIRA


  
  Así remata a nosa andaina por Catoira, Disfrutamos do noso patrimonio e esperemos que  quenes lean esto , tamén se sintan atraídos e saiban valorar o que teñen preto.

 Animámosvos a que coñezades este concello, ainda que esta é unha pequena mostra do que se pode ver.