Buscar neste blog

18/12/15

A CONQUISTA DO ESPAZO

 PIONEIROS DO ESPAZO II



 O 20 de febrero de 1962, os estadounidenses iniciaron a exploración tripulada do espazo coa viaxe de JOHN GLENN que a bordo do FRIENDSHIP 7 , que impulsado polo MERCURY ATLAS 6, deu tres voltas á TERRA en 4h 55min 23seg.

VALENTINA TERESKOVA, soviética, foi a primeira cosmonauta da historia cando  o 16 de xuño de 1963, a bordo da nave VOSTOK 6 convertiuse na primeira muller en viaxar ao espazo.




ALEKSEI LEONON, astronauta soviético que o 12 de marzo de 1965 foi o primeiro home en facer un “paseo espacial".








JIM LOVELL , americano, realizou a primeira viaxe orbital arredor  da LÚA o 27 de decembro de 1968 a bordo do APOLO VIII e será quen comande a misión do APLO XIII en abril de 1970.







ARNALDO TAMAYO, cubano,considerado coma o primeiro latino en ter chegado ao espazo exterior.Viaxou na SOYUZ 38 o 18 de setembro de 1980. Realizou una viaxe de sete días a través de 124 órbitas arredor do noso planeta.


MAE JEMISON, física e astronauta americana que en 1992, a bordo do ENDEVOUR, foi a primeira muller de orixen africana en viaxar ao espazo. Tras saír da NASA, participou nun episodio de STAR TREK: NEXT GENERATION



















PEDRO DUQUE, o rpimeiro astronauta nacido en España, realiza a súa primeira misión en 1998 a bordo do DISCOVERY e participa na misión en MISIÓN  CERVANTES na EEI.
YANG LIWI foi o primeiro astronuta (taikonauta) da Rep.
Popular China; viaxou ao espazo exterior coa nave espacial SHENZHOU V o 15 de outubro de 2003,e,tras dar 14 voltas arredor da TERRA a 340 Km de altura,  regresou 21h despois do lanzamento.


06/12/15


A CONQUISTA DO ESPAZO

PIONEIROS DO ESPAZO -I


"A conquista do espazo" comezou a facerse realidade o 4 de outubro de 1957 co lanzamento do satélite artificial soviético SPUTNIK I. Consistía nunha esfera que pesaba 84 Kg e levaba catro antenas e un simple emisor de radio. Daba una volta completa arredor da Terra cada 96 min a una velocidade media de 28 000Km/h. Durante tres semanas transmitiu por radio á Terra algúns datos almosféricos con aquel famoso”bip...bip...bip”. Foi quedando sen baterías ata que, ao cabo de tres meses, se desintegrou ao penetrar na atmosfera.




O 3 de novembro de 1957 foi lanzado o segundo  satélite artificial da     URSS, o SPUTNIK 2 que, á diferenza do anterior ,levaba dentro o primeiro ser vivo que viaxaba ao espazo. Era una cadeliña chamada LAIKA. Estivo en órbita 163 días , pero LAIKA só sobreviviu unas poucas horas.
Ao seu regreso á TERRA, o satélite queimouse ao entrar na atmosfera en abril de 1958.


Catro meses máis tarde,o 31 de xaneiro  de  1958,Estados Unidos poñía en órbita o seu primeiro satélite, o EXPLORER I, de 14 Kg de peso, ao que se lle debe o seu primeiro descubrimento científico: a existencia de dous perigosos aneis de moi alta intensidade de radiación arredor da Terra, os chamados “CINTURÓNS ALLEN”.




O 31 de xaneiro de 1961, a NASA lograba mandar ao espazo ao primeiro chimpancé astronauta chamado HAM, abordo da nave MERCURY REDSTONE,Esta viaxe que durou 16 min e medio.



O 12 de abril de 1961 o astronauta ruso YURI GAGARIN realizou o primeiro voo orbital dando una volta completa á Terra durante 108 min a bordo do VOSTOK I .  
    

Resultado de imagen de alan shepard









  O 5 de maio de 1961, ALAN SHEPARD vai ser o primeiro americano en viaxar ao espazo na cápsula MERCURY, impulsada por un REDSTONE,que  acadaría unha altitude de 186 Km e cunha duración  de 15 min.



A CONQUISTA DO ESPAZO


 COMEZO DA GUERRA FRÍA


  O século XX foi extraordinariamente fecundo en descubrimentos científicos e tecnolóxicos cuias aplicacións tiveron un profundo impacto nas condicións e oportunidades da vida contemporánea e nas perspectivas do seu futuro desenvolvemento, e a “TEORÍA DA RELATIVIDADE formulada por ALBERTEINSTEIN describe ben o movemento dos corpos, nada está en reposouso; todo no Universo móvese e con aceleración.


    
Un dos feitos máis relevantes da nosa época foi precisamente a conquista do espazo exterior á Terra, que pode definirse coma a capacidade de situar astronaves dotadas dos medios necesarios en órbitas exteriores á atmosfera terrestre para o cumplimento de diversas misións.

Unha vez rematada a II Guerra Mundial, os antigos aliados, os ESTADOS UNIDOS ,por una banda, e a UNIÓN SOVIÉTICA ,polo outro, enfrontáronse en todos os campos tratando de conquerir o liderado mundial. Esta situación de confrontamento ampliouse aos campos científico, técnico e astronómico.

Estas dúas grandes potencias non foron quen de poñerse de acordo para un novo orden mundial, xa que representaban dous sistemas políticos, dous modelos económicos e dúas maneiras de organización social irreconcialiables.

Así pois, o obxectivo principal dos vencedores foi garantir a existencia de dous "bloques," liderados polas dúas superpotencias, e asegurar que o resto dos países se aliñasen en función dos intereses destes dous estados.

O principal obxectivo de ambas as dúas potencias era chegar á LÚA. É o que coñecemos como a “CARREIRA ESPACIAL”.

Esta  chamada “GUERRA FRÍA” entre os bloques occidental e soviético, prolongarase ata a caída do Muro de Berlín , en 1989.

“A CARREIRA ESPACIAL” comezou oficial -mente o día 29 de xullo que foi cando os Estados Unidos anunciaron que ían construir e lanzar ao espazo un satélite artificial que estaría en órbita arredor da Terra e tomaría fotos do noso planea.

Resultado de imagen de ano geofisico internacional
 Era a súa contribución ao “ANO XEOFÍSICO INTERNACIONAL”, escollido por ser un ano de máxima actividade solar e  que debía celebrarse entre 1957-1958, onde científicos de todo o mundo colaborarían para mellorar os coñecementos do noso planeta.



A CONQUISTA DO ESPAZO

  BREVE HISTORIA DA ASTRONOMÍA


COPÉRNICO, KEPLER e GALILEO realizaron durante os SS XVI - XVII una labor fundamental que transformou por completo o concepto de Universo baseándose nos coñecementos dos gregos dando así un impulso definitivo á Astronomía como Ciencia.


TELESCOPIO DE GALILEO

COPÉRNICO afirmou que a TERRA no era o centro do UNIVERSO senon que tanto ela  coma  os outros planetas xiraban arredor do SOL.
KEPLER, coas súas leis físicas, demostrou que COPÉRNICO tiña razón.

Tamén GALILEO defendeu as ideas de COPÉRNICO, a teoría heliocéntrica, coa axuda das observacións realizadas co telescopio, que el mesmo inventou no ano 1609.. Esta afirmación custoulle que fose xulgado pola Inquisición e  obrigado a renunciar ás súas teorías, o cal fixo para salvalrse da fogueira; pero el seguía pensando:”eppur si muove”(e sen embargo móvese)

A  base científica para a conquista do espazo  estaba disponible dende finais do S-XVII, cando ISAC NEWTON enunciou as “LEIS DA MECÁNICA” que rexen o movemento dos corpos, e da “GRAVITACIÓN UNIVERSAL” para os astros.

Dende CÓPÉRNICO a Astronomía foi evolucionando con rapidez. Contruironse potentes telescopios ópticos que permiten ver estrelas situadas a millóns de anos-luz da Terra, e os radiotelescopios para observar o firmamento con cleridade, pasando polo lanzamento de satélites artificiais e as estacións espaciais dotadas de material astronómico.

Todo elo proporciona una imaxen única do UNIVERSO.


O escritor francés JULIO VERNE (1828-1905) é autor de numerosos libros de aventuras , nos cales amosa una visión sobre futuros logros da ciencia e da técnica. Pero no seu libro “DA TERRA Á LÚA”, adéntrase no mundo das viaxes espaciais cun século de antelación, realizando cálculos moi precisos coma determinar que a velocidade mínima para poder abandoar a gavidade terrestre era de 11,2 Km/seg.

Neste libro conta como un grupo de persoas se meten dentro dunha enorme bala de canón e son lanzados ao noso satélite. Tamén describe os efectos da falta de gravidade sobre os viaxeiros espaciais.


O filme de Méliès fai honra a dous clásicos: "Da Terra á Lúa"(1865) de Julio Verne e "Primeiros homes na Lúa"(1901) do inglés Herbert George, coñecido por ser o autor da "Guerra dos Mundos" e da "Máquina do tempo"(1895). É o primeiro filme de ciencia-fición da historia do cine cunha duración de 12 min.




Neste enlace pódese visionar a película:http://www.abandomoviez.net/dbc/corto.php?film=221



                                                                                         



04/12/15

Hai 111 anos que chegou a luz eléctrica ó Ullán

                                                                       Central eléctrica de Segade (Caldas de Reis)
A entrada do novo século, na comarca do Ullán, abriuse cunha gran novidade e mellora. A lus de carburo e petróleo, que alumeaban as rúas das vilas de San Lois de Cesures e Padrón, sustitúese polas farolas de lus eléctrica. Este feito tan transcendental ben merece ser lembrando,polo que lles relatarei ,un pouco por riba, como chegou a electricidade a estes pobos.
A chegada do alumeado eléctrico a Galicia, prodúcese dunha maneira relativamente temperá. Aínda que a súa xeralización tardou moitísimo en chegar, como ben sabemos, a tódolos recunchos deste país. Sería a cidade de Pontevedra,no ano 1888, gracias á iniciativa do todopoderoso, político e empresario, Marques de Riestra e de Aqulino Prieto, o primeiro lugar de Galicia en contar con alumeado eléctrico nas súas rúas, estando tamén entre as primeiras en contar con este servicio en toda España. Esto sería posible gracias a construcción dunha central térmica na pontevedresa praza da Verdura.
Posteriormente a eléctricidade chegaría a Mondoñedo (1893), Lugo (1894), Ourense (1894), Santiago (1895), Ponteareas (1895), Vigo (1896), Tui (1896), Viveiro (1897)…paseniñamente, gracias á instalación de pequenas centrais hidroeléctricas e térmicas, a nova fonte de enerxía ia extendendose polas principais vilas e cidades galegas.
Corría o ano 1898, cando por Galicia andaba o enxeñeiro francés Ernesto Presser Dauphin, máis un comerciante e almacenista de material eléctrico ,de Zaragoza,chamado Nicolas Palacios Lahoz. Os dous eran donos da empresa “Presser y Compañía”, e estaban na procura dun lugar axeitado onde instalar unha central hidroeléctrica, que á súa vez estivera relativamente preto dos seus futuros clientes. Foron a Caldas de Reis, e alí pretiño, en Segade, fixáronse na gran fervenza do río Umia, onde a forza da auga movía unha chea de muiños, e uns metros río arriba,tamén servira para mover unha gran noria, xa daquela recentemente abandoada, da fábrica de papel “La Concepción”. O tipo de orografía escarpada de Segade, era o máis apropiado para construir unha central hidroeléctrica.E así foi. Ernesto Presser negociou cos donos dos muiños que había na fervenza, e comproulle os dereitos do aproveitamento da auga, así coma uns terreos case o pé da fervenza para levantar a nave industrial, onde instalar as turbinas e dinamos.
En xaneiro de 1899 estes emprendedores solicitan e concédeselle, por parte do goberno civil de Pontevedra, un permiso para o aproveitamento de 2.500 litros por segundo do caudal do río Umia.
Comezan ademais as obras da nave e do muro da pequena presa, situada na parte de arriba da fervenza, de onde saía unha canle, que empalmaba cunha longa tubaxe, pola cal ía a auga ata unha cámara de carga, que á altura da central hidroeléctrica ,e aproveitando o gran desnivel, baixaba con gran forza coa fin de mover as turbinas da fábrica da lus. A central, que debeu estar xa rematada a finais do ano 1899, tiña nese momento dúas dinamos de 225 cv. de potencia cada unha e declaraba unha producción de 442 kw/h. O nome da nova empresa era “Electra de Segad”.
Pero o conto non só era montar tan importante e custosa obra de enxeñeira, habia que darlle saída a súa producción. Por iso, xa antes de ter rematada a “fábrica da lus”, Ernesto Presser e Nicolás Palacios, concurrian con éxito, durante o 1899, ás subhastas públicas para a concesión das instalacións e suministro do alumeado público de varios concellos, ansiosos de sacar da escuridade camiños e rúas, coma Valga,Caldas de Reis,Vilagarcía de Arousa, Carril,Cambados e Padrón. No caso de Valga, a concesión obtida foi por un periodo de 20 anos.
A cambio, a empresa, tiña que instalar e manter o alumeado da casa consistorial e poñer en Ponte Valga 11 puntos de lus, situados nun radio a de 300 metros do consistorio. Mentras que na vila de San Lois de Cesures, daquela ainda pertencente ó concello de Valga, instalarianse un mínimo de 24 focos de lus cunha potencia de 16 buxías cada unha. Pola sua banda, o concello de Valga, comprometiase coa empresa a pagarlle, a cantidade fixa de 1.560 pesetas anuais ,polo servicio prestado durante o tempo que durase a concesión.
En Padrón, “Electra de Segad”, na persoa do enxeñeiro Gaston Bertier Descanes, como apoderado de Ernesto Presser, en xullo de 1899, conseguia facerse coa concesión do alumeado municipal, tamén por un periodo de 20 anos. Neste caso,habia que sustituir tódalas farolas de petróleo polas eléctricas. Entre a vila de Padrón e o barrio da Trabanca, a empresa comprometeuse a colocar 56 lámparas eléctricas, así coma o propio alumeado da casa do Concello e o edificio do cárcere. Tamén había que poñer 4 puntos de lus na zona do muelle do barrio da Ponte. Neste lugar aínda facia uns pouquiños anos antes, despois de moitas protestas dos comerciantes, puxeranse farois de petroleo, xa que a pesar do importante tráfico de mercadorias do seu muelle, as noites alí seguian sendo totalmente escuras e cheas de perigos. Entre as claúsulas do contrato de alumeado de Padrón figuraba o seguinte :
“El alumbrado se encenderá siempre un cuarto hora despues que se ponga el sol, y lucirá hasta media hora antes del amanecer siguiente,reservandose el concesionario el derecho de rebajar la corriente eléctrica hasta el 15% de su intensidad desde las doce de la noche en adelante, a no ser en las noches de las fiestas de San Roque, Noche Buena y Navidad, Reyes y Carnavales que conservará integra su intensidad hasta el amanecer”.
Curiosamente ,nestas claúsulas, no se aludia nada ós días que fora a feira e festas da Pascúa. Cos contratos feitos, a “Electra de Segad”, apresura os traballos e pon en funcionamento o salto de Segade, e tenta rematar , canto antes, o tendido da liña electrica dende Caldas de Reis ata Valga, Pontecesures e Padrón. Os traballos de colocación dos postes de madeira para a conducción eléctrica, causaron varios quebradeiros de cabeza á empresa, xa que había algúns labregos, que as agachadas, ian a cortar os postes da lus. Aínda que non sabemos ben as causas destes feitos, seguramente non lles debia facer gracia, ós labregos, que aquela modernidade atravesara os seus montes e leiras, sen ningun tipo de beneficio para eles. Sería unha situación parecida a que vemos nas películas do Oeste, na que os indios dedicabanse a cortar as liñas de telégrafos que pasaban polo seu territorio.
Unha vez tendida a liña e colocadas as lámpadas nas rúas de Cesures e Padrón, comezaron as primeiras probas, que según parece iniciaronse polo 25 de xaneiro de 1900, para facerse xa de xeito regular a partir do 15 de febreiro dese mesmo ano. Sen embargo, o servicio que esta empresa proporcionaba non foi sempre todo o exemplar que se esperaba. Nese mesmo ano, o efémero semanario “La Verdad de Cesures”, dirixido por Victoriano Llerena Braña , criticaba á empresa eléctrica polas súas constantes deficiencias na suministración do fluído eléctrico.
Ós poucos meses da chegada da electricidade a Cesures,Padrón e Valga, o 21 de abril, a empresa “Electra de Segad-Presser y Compañia” fusionase coa “Electra Popular Ferrolana”, e por iniciativa de Ernesto Presser e co respaldo do capital de grandes socios, créase a “Sociedad General Gallega de Electricidad” (S.G.G.E.), cos saltos de Segade e da Fervenza no río Belelle (Neda). A empresa que contaba cun capital social de 2.000.000 pesetas, conta entre moitos socios, ademais do propio Presser, que era o presidente, ós coruñeses Ricardo Silveira e o banqueiro Ricardo Rodriguez Pastor, ademais do futuro “rei dos saltos de auga”, o caldense Laureano Salgado Rodríguez. Deste xeito a S.G.G.E. pasaba a ser automaticamente a encargada de xestionar o alumeado dos concellos de Valga e Padrón, sendo o xérmolo,en parte, do que será Fenosa, o fusionarse con esta en 1955.
Si en 1900 a lus chegada ós nucleos urbanos de Cesures e Padrón, nese mesmo ano tamén comezaron a gozar da luz eléctrica os veciños do núcleo da Estrada, da man de Camilo Pardo coa súa “fábrica da lus” no río Liñares, en Pina-Aguións (A Estrada). No caso de Cuntis, o alumeado público comezaria a funcionar en 1915, gracias á central instalada polo dono dos balnearios cuntienses “La Virgen” e “El Castro” ,Marcial Campos García, no río da Patela.
A chegada da lus ós nucleos rurais de Valga, Pontecesures e Padrón, iria aparecendo de xeito gradual, segundo os lugares, anos despois ou con moitas décadas de retraso, coma no caso das aldeas dos Condes, Confurco,Grobas e Fenteira, que non contarian coa lus eléctrica ata o ano 1960, por poñer un caso. Pero falar da chegada das liñas eléctricas ó rural, sería materia doutro artigo
Publicado por DANIEL SEIJAS LLERENA no xonal dixital GALICIA HOXE baixo o título:"HAI 111 ANOS QUE CHEGOU DA LUS ELÉCTRICA Ó ULLÁN" o 6-2-2011.

02/12/15

REFRÁNS DO MES DE DECEMBRO



En Santa Lucía mingoan as noites e crecen os días.

 En Santa Lucía o allo quere ver o día.

  En Santo Tomé colle á porca polo pé, si fai cué-cué, dille que tempo é.

En Natal, chover e nevar e escarabanar.

 Mes de Nadal, mes de capón a carón do lar.

Nadal e xaneiro, medio santeiro.

No mes de Nadal, gárdate a carón do lar.

O que queira ter bo allal, que o semente en Nadal

Polo Nadal, cada ovella ao seu corral.

 Real ganado por san Xoán, vale por real e medio de Nadal

O que non é en santa Lucía é pró outro día

Pola santa Lucía deita a túa galiña

Pola santa Lucía, o paso dunha galiña

Santa Lucía anda co porco á porfía.

 Santa Lucía, neve na pía; si non é ese será outro día.

 O que a San Silvestre vai e alá dorme nun ano vai e no outro volve.

 O que vai ó san Silvestre a Larouco, si non volve naquel día, vai nun ano e volve noutro.

Mel e ben que non falte no belén.

 A castaña no nadal, sabe ben e parte mal.

A Concepción sempre trai a sua arribazón. 

A un tempo non pode ser o gastar e mailo ter, nin que luza o sol na eira sin que chova no Nadal.

Aceitona, unha por san Xoán e un cento por Navidá.

Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sin apañar.

Allo, ¿por que non fuches bo? Porque Nadal posto non me atopou.

Ata as Navidás nin fame nin frío; das Navidás pra diante fame e frío bastante.

Cando Nadal nada, sinal de boa anada.

Castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.

Chovendo o día de santa Viviana, chove un mes ou sete semanas. 

Chuvia por Santa Lucía, tolle a sardiña.

De san Tomé a san Matías poden as noites cós días.





01/12/15

O TREN DE AGORA FRENTE AO TREN DE ANTES


Feito un repaso pola historia do Ferrocarril , chega o momento no que aistimos a un novo acontecemento relacionado co mesmo.
Pasaron xa 142 anos para que vexamos de novo como por Catoira pasa un novo tren; chega o tempo da Alta Velocidade e das grandes obras de enxeñería. Temos moi preto de nós o novo viaduto sobre o río Ulla, considerado coma a ponte metálica máis longa de Europa, con 1620 metros de lonxitude que servirá para a circulación dos novos trens que unirán as cidades de Vigo e A Coruña, acortando de forma considerable a duración da viaxe.


Viaduto sobre o río Ulla

A primeira viaxe de supervisión, que non inaugural, entre A Coruña e Vigo, levouse a cabo o pasado 30 de marzo. Acompañaban á Ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo que, xunto cun gran número de autoridades, percorreron os 155,6 quilómetros de trazado dos que consta esta nova liña ferroviaria. Saíu este tren dende A Coruña ás 17:33h e chegou a Santiago ás17:55h. Alí subiu ao tren o alcalde desta cidade, Agustín Hernández.
Cara ás 18:15h o tren atravesaba o viaduto sobre o Ulla, en Catoira, e despois de 57 min. facía a súa chegada a Pontevedra. Arredor das 18:53h, o AVE rematou esta primeira viaxe na nova e moderna estación de Urzaiz, en Vigo.


Paso do tren polo novo viaduto
Histórica chegada do AVE a Vigo
Pero sería o sábado, día 18 de abril, cando comezara a funcionar de forma regular este novo tren.

Terá paradas nas estación de A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo- Urzaiz, con dez frecuencias diarias e un prezo de 29 euros  ida e volta entra A Coruña e Vigo.  A duración da viaxe entre estas dúas cidades será de 80 min.

Desta maneira, repasando un pouco a historia do ferrocarril en España e Galicia, quixeramos que se entenda que, naquela época, o paso do tren por unha localidade traía consigo unha mellora notable nas comunicacións e unha apertura cara novos mercados; significaba riqueza e progreso das cidades e pobos que tiñan a sorte de posuír unha estación do tren, porque arredor da estación creábase vida social no ir e vir de pasaxeiros e mercadorías.


  Moitos lugares naceron ou medraron no entorno da estación do tren. Sen ir máis lonxe, o exemplo témolo aquí en Catoira, onde a estación de ferrocarril deu lugar a que ao seu carón de desenvolvese principal fonte de economía deste pobo, co asentamento de importantes industrias; dalgunha maneira chegaba O Progreso. Moitas destas industrias deixaron de ter actividade, pero hai anos eran o eixe     
      principal do desenvolvemento económico e social desta localidade.

A desaparición de moitas das estacións e de paradas do tren leva consigo a falta de medios para poder desplazarse a diario moitas das persoas que dependen directamente deste medio.


            
                                   Estación do tren en Catoira.
 Un tren moderno frente ás vellas vías polas que tantas locomotoras circularon .