Buscar neste blog

03/06/15


SAN MAMEDE DE ABALO


VISTA XERAL

A igrexa de San Mamede de Abalo foi construída entre os séculos XVI e XX. Pertence á diócese de Santiago, xurisdición de Cordeiro, concello de Catoira.
Está adicada a San Mamede.
No século XVI existían dúas igrexas feitas as dúas dentro do adro e do mesmo tamaño, unha era a parroquial de San Mamede e a outra, que servía de ermida, chamábanlle de San Sebastián.
FACHADA PRINCIPAL
En 1608 a renta desta igrexa era de oito ferrados de pan mediado. Dos froitos fanse dúas partes: unha e un pouco máis levao o cura desta parroquial e a ermida (sen cura) o resto que é para a Capela de San Paio de Santiago, que se considera anexa a esta de San Mamede.
Era esta unha fregresía moi modesta.
A mediados do século XVII, en febreiro de 1661, o cura Pedro Montera e os fregueses chegaron a un acordo para ampliar o edificio.
Será este templo de nave única, cuberta cunha armazón de madeira. Co tempo adosaranse dúas capelas laterais, dándo un aspecto de planta de cruz latina.
En 1730, cando se reedificou a igrexa, apareceron, baixo o altar da antiga capela maior, un pequeno resto humano consistente nun óso depositado dentro dunha caixiña de prata e supúxose que podería ser unha reliquia do santo, polo que foi posto de novo no seu lugar.
Os restos artísticos das dúas igrexas anteriores consérvanse na parroquial: son dous fragmentos dun baldaquino pétreo da igrexa, un dos cales permanece fincado no muro da Epístola e o outro servindo de lintel na porta lateral do lado do Evanxeo.
A primeira peza é un relevo rectangular que mostra a Anunciación do Anxo a María. A labra é rudimentaria e de duro granito. O segundo fragmento, posto sobre a porta lateral é un dos frontes do baldaquino. Na parte inferior aparecen representados San Francisco de Asis e a figura dun bispo que ven a representar a San Brais.
O baldaquino era un templete composto por unha cuberta piramidal de catro caras.
A fachada é sinxela, ten porta barroca sobre a que está a fornela co santo titular da parroquia e remátase cun campanario do que colgan dúas campás.
HIZOSE AÑO MDCCXXIX SIENDO
RECTOR DON GONÇALO DE PROL Y GIANZE
Esta inscrición indica o ano no que se fixo a igrexa, que data de 1729, baixo  a cal ábrese a porta principal.
 Á dereita da entrada puxéronse dous reloxos de sol,o da esquerda é máis antigo co da dereita.
RELOXOS DE SOL
PARTE SUPERIOR DA PORTA PRINCIPAL
San Mamede
    Naceu en Cesarea de Capadocia (Turquía) no século III. Era fillo dos mártires Teodoto e Rufina.

 Segundo a lenda, fuxindo da persecución do emperador Aureliano, refúxiase nun bosque onde predica o evanxeo ás feras.

   Un anxo apréndelle a facer queixos co leite das feras femias e que, logo san  Mamede, leva aos cristiáns que están presos e aos pobres.

     Foi encarcelado e torturado por ser cristián.

    Converte ao cristianismo aos soldados que o foron prender. É acusado de bruxería e lévano ao anfiteatro para que sea devorado polos leóns, pero estes quedan amansados e non lle fan mal ningún.

        Máis tarde foi executado clavándolle un tridente no seu ventre.
San Mamede é patrono de 99 parroquias galegas. Tamén hai moitas en España baixo a súa advocación.
A tradición galega faino patrón dos panadeiros e protector da lactancia, das enfermidades do aparato dixestivo, dos herniados e da colite,dos pastores e rabaños e, nalgúns lugares está relacionada a súa advocación, co pronóstico de chuvias.

O culto a San Mamede pode ter relación con algún culto pagán no mesmo lugar , posiblemente ao Deus Mercurio, protector dos camiñantes, polo que posiblemente se cristianizase o lugar.

Ditos de San Mamede:

"San Mamede te levede, san Vicente te acrecente"(é unha invocación cando se prepara  a masa para o forno)
A súa festa en Abalo celébrase a primeiros de agosto; noutros lugares é o día   7  aínda que a súa festividade, no calendario romano, sexa o 17 de agosto.
Nesta parroquia, a vestimenta de San Mamede é un traxe/manto negro cun pequeno gorro, tamén negro.


Feito por: Sabela Rodríguez Atanes


02/06/15




FIGURA DE SAN XOSÉ
CAPELA DE
SAN XOSÉ OBREIRO







Situación – Rúa da Estación número 57

Época –Entre 1955-1960

Dia Grande-1 de Maio

Pertence á parroquia de Santa Baia de Oeste.

Caraterísticas-Capela construida en pedra .Planta de cruz latina e tellado de dúas augas con cuberta de tella do país, excepto o teito do altar que ten forma semicircular.

Interior-Preside o altar  un crucifixo cunha figura de grandes dimensións e, nos dous laterais, hai dúas imaxes: a de San Xosé co neno e a Virxe.

Exterior –Fachada de dúas portas, unha lateral e outra principal.
Enriba da porta principal hai esculpida a figura de San Xosé co neno e máis arriba a cuncha de Santiago, xusto debaixo da campá.


FACHADA PRINCIPAL COA CUNCHA DE SANTIAGO



Lenda-Foi mandada contruir polo cura do Oeste D. Avelino e grazas a cesión de terreos de Xose María Buela e a súa dona. Eles tamén doaron o cruceiro de pedra que se encontra nos xardíns exteriores que ten unha placa que pon o ano da doazón (1998) e os seus nomes: Xosé María Buela e Carmen Pérez.


PLACA RECORDATORIA





PORTA PRINCIPAL

FONTE E BALAUSTRADA

VISTA XERAL

Está rodeada por unha balaustrada feita con posterioridade, o mesmo que a fonte,  sobre o ano 1998 .






















Feito por: Celia Álvarez Guillán

28/05/15




BALNEARIO E FONTES MEDICINAIS


  Coa cegada da estrada á estación empezaron a florecer novas industrias na zona.Fíxose o Balneario de Laxiñas,da vía do tren para abaixo,e o Hotel,que hoxe é unha residencia de verán.O propietario do Balneario foi Alonso Mosquera,e tivo un éxito incríble,era un paraíso turístico.Ao principio foi un negocio,pero veu a guerra e pechou.Puxérono á venta e finalmente comprouno Ricardo Dios,que fixo un novo balneario.

HOTEL
  Ao principio todo parecia marchar moi ben,pero despois pensou que non era negocio.Ricardo,primeiro pechou o bar e o restaurante e máis tarde os baños e volveu a Madrid.

  As augas minerais do Balneario son augas frías procedentes dos mananciais de Laxiñas e Recarén.Son augas sódico-radioactivas,sulfrídicas-sulfurosas; saben como a ovos podridos,pero teñen boa influencia sobre o metabolismo, aparato respiratorio,aparato digestivo e sobre a pel.Tamén a bronquite,sunusite,asma ou rinite poden contrarrestarse coa súa aplicación.
  En 1907 as augas do Balneario foron declaradas de “Utilidade Pública” e recoñecidas coma mineiro-medicinais mediante o Real decreto de 26 de abril de 1928.

   A luz chegou ao Balneario arredor de 1926, na época de máis esplendor.

  En 1912 o prezo por persoa no Hotel era de 6 a 7 pesetas por día e, o baño no Balneario, entre 1 e 1,50 pesetas.Un tratamento duraba de 7 a 15 días.
BALNEARIO




FONTE MEDICINAL


FONTE MEDICINAL



FONTE MEDICINAL




BALNEARIO 

               O seu propietario, D.Alonso Mosquera,comercializa un xabón e unhas sales minerais que se facían nunca fábrica de Caldas de Reis e coñecidas baixo o nome de “Torres del Oeste”.Estes produtos acadaban un bo prestixio mesmo no estranxeiro,nas exposicións de Londres,Roma e Bos Aires.Vendíanse a 1 peseta e tiñan boa 
 influencia sobre a pel,úlceras e órganos xenitais femininos.
  Outro manancial de auga mineral estaba na Burga,na parroquia do Oeste,ao lado da vía do tren,e alí segue estando.

                                          Dende 1850 a 1900 xa tiñamos Baños públicos de augas minerais (non termais) nas árbores de Xamardo no Ameneiró.O seu propietario era Vicente Xamardo.As bañeiras eran de pedra,cos seus asentos,que aínda se conservan.Tiñan influencia polas súas propiedades curativas.Alí acudía xente de toda a comarca,incluso do outro lado 
do río. 

  




           Nestes últimos anos veu a sumarse a localización dun novo manancial,xunto ao campo de fútbol de As Lombas, cun importante caudal de augas e cunhas propiedades mineiro medicinais e termais que permitiron declaralas de utilidade pública o 4 de xaneiro de 2013, posibilitando que se poida retomar esta importante actividade e procurar devolverlle o auxe que tivo en tempos pasados.








































Feito por: ADRIÁN EITOR MORRAZO 


26/05/15



IGREXA PARROQUIAL DE

 SAN PEDRO DE DIMO




   Está situada en Dimo - Catoira, e pertence a diócese de Santiago e xurisdición de Cordeiro. Está localizada ao norte do concello.

VISTA FRONTAL
  A igrexa está asentada sobre un castro.

   A súa orixe é medieval , tal como o demostran os canzorros e a decoración de bólas da cornixa

    É un templo cunha soa nave e tellado a dúas augas.O deseño da porta da igrexa plantéxase que é gótico final. Desta época conserva a porta occidental e parte da fachada, animada por unha pequena fornela onde se sitúa a imaxe do santo titular; a ventá xa corresponde a un momento moi posterior. A igrexa reformouse en época barroca que foi cando se colocou o Retablo do Santo Cristo, ,hoxe desaparecido, e o da Virxe das Neves.


PORTA GÓTICA E IMAXE DE SAN PEDRO
RELOXO DE SOL
   Conserva os muros exteriores do corpo da antiga igrexa. Os vestixios artísticos máis vellos que se conservan son de comezos do século XVI. A imaxe de San Pedro é similar á que está no Hospital Real. No lado leste ten un reloxo de sol.


TORRE CAMPANARIO
   A súa torre campanario, remata en cúpula coroada por un pináculo, sitúase no lado esquerdo da fachada, sendo esta   realizada entre finais do S- XVIII e principios do S-XIX . É interesante engadir que a campá foi fundida en Arcos da Condesa no ano 1807.
  
    A última reforma levada a cabo nesta parroquia comezou o 11 de agosto de 1969 e rematou o 11 de novembro dese mesmo ano;reforma consistente en reforzar os muros e subtituir a cuberta.

  Hai que ter en conta que no S-XVII tiña unha renta de oito ferrados de pan mediado e uns pedazos de heredade e viña pequenos que pagan o tercio.De todas estas estas rentas facíanse vintecatro partes : once levábaas o cura, dez o cabildo de Santiago e tres o Colexio Maior desa cidade.

  Esta feligresía tiña dúas ermidas: una a de San Salvador, que era a igrexa vella , e a outra é a de San Cibrán.


San Pedro: 

    Foi un discípulo de Xesús, era pescador. Foi elixido como fundador da Igrexa. As chaves que sempre leva representan a entrada á porta dos ceos, non tiña estudos. O nome de Pedro púxollo Xesús porque el chamábase Simón ou Simeón. Foi martirizado en Roma durante a época de Nerón.
Foi o primeiro Papa da Igrexa Cristiá. San Pedro é patrón dos pescadores.

O 29 de xuño celébrase a festa patronal.



Refráns:

"Por San Xoán e San Pedro, todos os mozos mudan o pelo".

"Ben se está San Pedro en Roma anque non coma".

"A quen Deus lla dé, San Pedro lla bendiga" (significa que cando Deus manda algo, a San Pedro só lle queda darlle a bendición).

"Entre San Xoán e San Pedro, cinco días van no medio".

"Por San Xoán, québralle á primeira raíz ao pan, por San Pedro québralle a do medio".

Feito por: Gabriela Conde Lestido.