24/02/15
E POR FIN CHEGOU O GRAN DÍA!!
Logo dunhas xornadas de arduo traballo, o gran día chegou e o resultado salta á vista...
Coma non puidemos ir a Barcelona a visitar o Parque Güell, ocorréusenos traelo a Catoira...
O que escolleramos esta temática para nos disfrazar ten moito que ver co calendario deste ano 2015:
"UN ANO CHEO DE OLLADAS Á PRIMEIRA METADE DO SÉCULO XX"
Ao noso curso tocoulle a arquitectura e, coma Gaudí nos engaiolou, decidimos elaborar os disfrades inspirándonos nos mosaicos do Parque Güell e nas famosas chimeneas que este gran arquirecto deseñou con tanta arte.
Cada un de nós fixo o seu propio deseño.
Que vos parece o resultado?
Todos disfrutamos facendo este traballo e aprendimos moito, non só de Gaudí e doutros mestres arquitectos dese momento, senón que o traballo levado a cabo en equipo foi unha boa experiencia que nos ensinou moitas cousas...
Agardamos que vos gustase e... ata outra . Un saudiño a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario