26/02/15

REMATA FEBREIRO


Estes son algúns dos refráns populares relativos ao mes de febreiro:

   "Febreiriño corto,
 cos seus vinteoito;
 se tivera máis catro,
 non quedaba can nin gato,
 nin rato no burato,
 nin ovella, nin carneiro,
 nin orella ao pregoeiro".

   "Febreiriño do rabo torto,
 cos teus días vinte e oito,
 se tiveses máis catro,
 non queda nin gato,
 nin  raposo no burato".

   "Cando non chove en febreiro, nin bo prado nin bo centeo".

   "A chuvia de febreiro enche o cabaceiro".

   "Febreiro camiseiro, non dá boa meda, nin bo palleiro".

   "Se a Candeloria chora ,
    medio inverno vai fóra.
    Que chore, que deixe de chorar,
   
a metade do inverno está sen pasar."


   
  "Por san Matías igualan as noites e os días".

   
  "Por san Brais, dúas horas máis".


 " Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira".

  Coma podedes apreciar , teñen moito que ver co tempo que fai e coa agricultura, así coma cos santos que se celebran  durante este mes.


  

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario