24/04/15

REBUMBIO MATEMÁTICO



        No día de hoxe celebrouse  en Santiago de  Compostela   a fase  de zona  do Rebumbio Matemático; unha proba matemática dirixida ao alumnado de 6º curso de Ed. Primaria e que se realizou tamén en outras zonas de Galicia , acadando unha alta participación.

  O noso colexio foi representado por Gabriela Conde Lestido, Celia Álvarez Guillán e Adrián Eitor Morrazo, os tres de 6ºA.

  Constou esta proba de seis exercicios que debían ser resoltos  nun tempo máximo de dúas horas.

  Agardamos que houbesen disfrutado desta experiencia e que logren pasar á Fase final.

  E como non podía ser doutra maneira, aprobeitamos a viaxe para coñecer un pouquiño máis esta interesante cidade.



SORTE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario