02/05/15
NOVA RECOMENDACIÓN LECTORA
Nesta ocasión a recomendación lectora ven de parte de Adrián, Sabela, Sergio e Marcos que vos animan a ler "Platero y yo", de Juan Ramón Jiménez.
"Nós recomendamos que leades este libro porque nos enganchou de tal maneira que, cando empezas a lelo non paras.
É un monólogo entre Juan Ramón e Platero, sobre os paseos que este daba co seu burro por Moguer , que chegan ao seu fin cando morre o burro.
O capítulo que máis nos gustou foi o primeiro, titulado Platero; nel descríbeo coma que é pequeno, peludo, suave, brando...e como son os seus ollos...o que lle gusta comer...as súas froitas preferidas....
Este libro ensina palabras, maneiras, costumes etc. que hai cen anos eran habituais pero que caeron en desuso e resulta moi interesante coñecelas.
Un capítulo moi gracioso é aquel que leva por título La miga, no que Juan Ramón lle conta a Platero o que lle podería pasar se fose á escola, que a pesares de ter tan só catro anos é tan grande que non habería mesa nen cadeira para el e que a mestra o castigaría poñéndoo de xeonllos.
Pensemos que hai cen anos non había moitas das cousas que temos agora e a xente divertíase doutra maneira, disfrutaba do campo e dos amigos.
Cando les este libro dá a impresión de que vas camiñando polo pobo de Moguer, tal e como o facía Juan Ramón con Platero".
Ningún comentario:
Publicar un comentario