22/05/15



FACHADA PRINCIPAL


      IGREXA PARROQUIAL DE SANTA BAIA DE OESTE



    A igrexa parroquial de Santa Baia de Oeste, no concello de Catoira, é un templo adicado a Santa Baia. Está formado por unha  nave única cuberta cunha bóveda de medio canón. Fíxose entre os séculos XVI e XIX. 


  Esta igrexa pertence á diócese de Santiago. O seu fundador foi JACOME DE SIXIREY Y ESCUDERO e o seu sepulcro de pedra atópase no interior da igrexa.


     A parte máis antiga é de comezos do S-XVI; é unha capela adicada á Virxe do O e a outra capela, onde está o sepulcro do fundador, é de mediados do mesmo século.


   Cóntase que esta igrexa dependía da xurisdición de Cordeiro e recibía unha renta de sete ferrados de pan.


 A mediados do S- XVII tivo que ser ampliada     sendo a  finais do mesmo  cando se constrúe a sancristía.Nesta época posuía unha fachada barroca. 


VISTA LATERAL DEREITA
  En 1747, na igrexa, puxeron unha porta de pedra para protexer o tesouro parroquial que foi roubado con posterioridade  durante a ocupación napoleónica e  substituido no ano 1809 por un novo, consistente nun cáliz con patena e un copón.


  No ano 1904 , esta igrexa tivo que ser reformada outra vez e sustituiron a fachada de estilo barroco, que estaba en malas condicións, por unha nova de estilo neogótico, cunha torre central no frontal que é de planta octogonal. Nunha fornela, sobre a porta, colocaron a imaxe de Sta. Baia .

PORTA DE ENTRADA
  Aínda que a patroa é Sta. Baia,           tradicionalmente adquire unha
maior relevancia Sta. Lucía.

VISTA LATERAL  ESQUERDA
  


 SANTA BAIA


  Tratase dunha das santas máis veneradas de España. En Galicia coñecése tamén por Sta. Eulalia, Sta. Olalla ou  Santalla.


  A vida desta santa ten moito de lenda. Dise que era de Mérida e, por ser cristiá, foi martirizada sendo atada a unha cruz, azoutada e queimada con aceite.

  A súa festa é o día 10 de decembro.

  É considerada como protectora das panturentas, dos viaxeiros, contra as desgracias e contra a disentería.


 Hai refráns referidos a esta Santa:
 
“Pola Santa Baia a bubela canta”

“Por Santa Baia sempre o tempo cambia”

“Por Santa Baia, trompos a borralla”




 Feito por: Noa Castiñeiras Castañeda.


Ningún comentario:

Publicar un comentario