28/05/15




BALNEARIO E FONTES MEDICINAIS


  Coa cegada da estrada á estación empezaron a florecer novas industrias na zona.Fíxose o Balneario de Laxiñas,da vía do tren para abaixo,e o Hotel,que hoxe é unha residencia de verán.O propietario do Balneario foi Alonso Mosquera,e tivo un éxito incríble,era un paraíso turístico.Ao principio foi un negocio,pero veu a guerra e pechou.Puxérono á venta e finalmente comprouno Ricardo Dios,que fixo un novo balneario.

HOTEL
  Ao principio todo parecia marchar moi ben,pero despois pensou que non era negocio.Ricardo,primeiro pechou o bar e o restaurante e máis tarde os baños e volveu a Madrid.

  As augas minerais do Balneario son augas frías procedentes dos mananciais de Laxiñas e Recarén.Son augas sódico-radioactivas,sulfrídicas-sulfurosas; saben como a ovos podridos,pero teñen boa influencia sobre o metabolismo, aparato respiratorio,aparato digestivo e sobre a pel.Tamén a bronquite,sunusite,asma ou rinite poden contrarrestarse coa súa aplicación.
  En 1907 as augas do Balneario foron declaradas de “Utilidade Pública” e recoñecidas coma mineiro-medicinais mediante o Real decreto de 26 de abril de 1928.

   A luz chegou ao Balneario arredor de 1926, na época de máis esplendor.

  En 1912 o prezo por persoa no Hotel era de 6 a 7 pesetas por día e, o baño no Balneario, entre 1 e 1,50 pesetas.Un tratamento duraba de 7 a 15 días.
BALNEARIO




FONTE MEDICINAL


FONTE MEDICINAL



FONTE MEDICINAL




BALNEARIO 

               O seu propietario, D.Alonso Mosquera,comercializa un xabón e unhas sales minerais que se facían nunca fábrica de Caldas de Reis e coñecidas baixo o nome de “Torres del Oeste”.Estes produtos acadaban un bo prestixio mesmo no estranxeiro,nas exposicións de Londres,Roma e Bos Aires.Vendíanse a 1 peseta e tiñan boa 
 influencia sobre a pel,úlceras e órganos xenitais femininos.
  Outro manancial de auga mineral estaba na Burga,na parroquia do Oeste,ao lado da vía do tren,e alí segue estando.

                                          Dende 1850 a 1900 xa tiñamos Baños públicos de augas minerais (non termais) nas árbores de Xamardo no Ameneiró.O seu propietario era Vicente Xamardo.As bañeiras eran de pedra,cos seus asentos,que aínda se conservan.Tiñan influencia polas súas propiedades curativas.Alí acudía xente de toda a comarca,incluso do outro lado 
do río. 

  




           Nestes últimos anos veu a sumarse a localización dun novo manancial,xunto ao campo de fútbol de As Lombas, cun importante caudal de augas e cunhas propiedades mineiro medicinais e termais que permitiron declaralas de utilidade pública o 4 de xaneiro de 2013, posibilitando que se poida retomar esta importante actividade e procurar devolverlle o auxe que tivo en tempos pasados.








































Feito por: ADRIÁN EITOR MORRAZO 


Ningún comentario:

Publicar un comentario