02/12/15

REFRÁNS DO MES DE DECEMBRO



En Santa Lucía mingoan as noites e crecen os días.

 En Santa Lucía o allo quere ver o día.

  En Santo Tomé colle á porca polo pé, si fai cué-cué, dille que tempo é.

En Natal, chover e nevar e escarabanar.

 Mes de Nadal, mes de capón a carón do lar.

Nadal e xaneiro, medio santeiro.

No mes de Nadal, gárdate a carón do lar.

O que queira ter bo allal, que o semente en Nadal

Polo Nadal, cada ovella ao seu corral.

 Real ganado por san Xoán, vale por real e medio de Nadal

O que non é en santa Lucía é pró outro día

Pola santa Lucía deita a túa galiña

Pola santa Lucía, o paso dunha galiña

Santa Lucía anda co porco á porfía.

 Santa Lucía, neve na pía; si non é ese será outro día.

 O que a San Silvestre vai e alá dorme nun ano vai e no outro volve.

 O que vai ó san Silvestre a Larouco, si non volve naquel día, vai nun ano e volve noutro.

Mel e ben que non falte no belén.

 A castaña no nadal, sabe ben e parte mal.

A Concepción sempre trai a sua arribazón. 

A un tempo non pode ser o gastar e mailo ter, nin que luza o sol na eira sin que chova no Nadal.

Aceitona, unha por san Xoán e un cento por Navidá.

Aí vén o mes de Nadal, que non deixe o millo sin apañar.

Allo, ¿por que non fuches bo? Porque Nadal posto non me atopou.

Ata as Navidás nin fame nin frío; das Navidás pra diante fame e frío bastante.

Cando Nadal nada, sinal de boa anada.

Castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.

Chovendo o día de santa Viviana, chove un mes ou sete semanas. 

Chuvia por Santa Lucía, tolle a sardiña.

De san Tomé a san Matías poden as noites cós días.





Ningún comentario:

Publicar un comentario