16/04/16

REFRÁNS DO MES DE ABRIL


Les Très Riches Heures du duc de Berry 





 Seméntesme tarde, seméntesme cedo,
hasta o mes de abril non me verás o pelo.
(as patacas)
   
En abril, augas mil

Unha agua de maio e tres de abril, valen por mil.
  
Abril, augas mil coadas por un mandil.
  
A ti chova todo o ano e a min abril e maio.

Xaneiro, xeadeiro; 
febreiro, marmaruxeiro, cada surco seu regueiro;

marzo nin o rabo do gato mollado;
abril canta poida vir; 
maio pardo;

 San Xoán craro; 
Santa Mariña calor;

agosto millor, conténtate labrador.

Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil.

Viño de abril arde no candil; 
viño de maio pouco e malo.


Viño de abril non vai ó funil.
   
Vale máis o trebón de abril 
que os bois e o carro e aquel que vai nil.
  
Vale mais abada de marzo que feixe de abril.

Si queres ter boas pitas e bó galo,
colle os ovos en abril e bótallos en maio
  
Si marzo non marcea, abril cantalea.

Que lista era a vella dos anos mil gardaba o

pan pra maio e a leña pra abril.
   
Pra cenar en abril nin sol nin candil

Os enxames de abril, gárdallos pra ti,
os de maio a quen chos pida, dallos
 e  os de San Xoan bótallos ó can. 

  
Os aires de abril fan meter o porco no cubil.
  
O sol da na cama en abril; deixa labrego de dormir
  
O millo polo San Marcos
nin no saco nin nado. 
( 25 abril día de San Marcos)

O año de abril enche o regazo e o mandil. 

No mes de abril fai queixos mil.

No abril, pra min;

no maio, pró amo,
no san Xoán, pró criado. 
(a lamprea ou o salmón, dependendo do lugar)

Labrador no abril deixate ir hasta o meixil

Guarda pan pra maio e palla pra abril. 

Escárbame en abril, e pódame en maio
que chepagaréi o teu traballo.

En abril vai onde has de ir qu'a tua casa virás a durmir.


Ningún comentario:

Publicar un comentario