Les Très Riches Heures du duc de Berry |
Seméntesme tarde, seméntesme cedo,
hasta o mes de abril non me verás o pelo.
(as patacas)
En abril,
augas mil
Unha agua de maio e tres de abril, valen por mil.
Abril, augas mil coadas por un mandil.
A
ti chova todo o ano e a min abril e maio.
Xaneiro,
xeadeiro;
febreiro, marmaruxeiro, cada surco
seu regueiro;
marzo
nin o rabo do gato mollado;
abril canta poida vir;
maio pardo;
San Xoán craro;
Santa Mariña calor;
agosto
millor, conténtate labrador.
Viño de maio pouco e malo o de abril é xentil.
Viño
de abril arde no candil;
viño de maio pouco e malo.
Viño
de abril non vai ó funil.
Vale
máis o trebón de abril
que
os bois e o carro e aquel que vai
nil.
Vale mais abada de marzo que feixe de abril.
Si
queres ter boas pitas e bó galo,
colle os ovos en abril e bótallos en maio
Si marzo non marcea, abril cantalea.
Que
lista era a vella dos anos mil gardaba o
pan
pra maio e a leña pra abril.
Pra cenar en abril nin sol nin candil
Os
enxames de abril, gárdallos pra
ti,
os de maio a quen chos pida, dallos
e
os de San Xoan bótallos ó can.
Os
aires de abril fan meter o porco no cubil.
O
sol da na cama en abril; deixa
labrego de dormir
O millo polo San
Marcos
nin no saco nin
nado.
( 25 abril día de San Marcos)
O
año de abril enche o regazo e o mandil.
No mes de abril fai queixos mil.
No abril,
pra min;
no
maio, pró amo,
no san Xoán, pró criado.
(a
lamprea ou o salmón, dependendo do lugar)
Labrador no abril deixate ir hasta o meixil
Guarda pan pra maio e palla pra abril.
Escárbame
en abril, e pódame en maio
que
chepagaréi o teu traballo.
En abril vai onde has de ir qu'a tua casa virás
a durmir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario