22/06/16

A CASA DA AVOA DE PABLO








Por: Pablo Sumay Dios
Son moitas as historias que a miña avoa conta da casa.

É unha casa moi grande, unha casa chea de historia, e cada unha das súas habitacións ten algunha anécdota.

Agora mesmo, a casa utilizámola para xuntarnos os fins de semana a familia:os meus pais,a  miña irmá, a miña avoa, os meus curmáns e os  meus tíos.
Pero isto antes non pasaba, era unha casa chea de xente. Miña avoa tiña oito irmáns e, entre eles, os meus avós e as persoas que axudaban nas labores do campo; sempre estaba chea de xente.
Antes de todo isto, polo que me contan e polo que me amosan, a casa chegou a ser importante en tempos da guerra. Hai moitos detalles nela que así o indican; como por exemplo apreciar que  está rodeada de pequenas fiestras que se utilizaban para disparar por elas. Son ventás moi estreitiñas polas que era fácil disparar e ver e, en cambio, era moi complicado que te viran.
Tamén, ata hai pouco, unha das portas de entrada da casa, tiña aínda un buratiño que era dun disparo daqueles anos pero claro, co tempo, a porta foi substituída.
Todo isto son historias rescatadas do que á miña avoa lle contaban, porque todo iso ela non o viviu.

Contáronlle tamén que a casa é coñecida polo alcume “A Casa das Pexejas” polo seu bisavó. El era un home que sempre andaba cun pau de pexegueiro na man e un mono no ombro, vixiando a propiedade en busca da xente que lle roubaba froita e todo aquilo que prantaban. 
Nos tempos nos que a miña avoa era nena, estaba a escola do pobo na propia casa. Nunha das fotos vese a entrada a ela. Os nenos subían polas escaleiras que hai no lateral e entraban á clase(porta de arriba). Pasaron varias mestras por ela, algunha das cales chegou a vivir na casa e ser parte da familia.

Entrada para a escola 
Conta a miña nai que no despacho, o meu avó pasaba horas e horas lendo.
Meu avo fai 15 anos que faleceu pero, neste lugar, todo continúa tal e como el o deixou. Hai miles de libros e un montón de recordos seus.
Os mobles que nel hai teñen centos de anos.Este é un lugar moi especial para toda a familia.
Outra das estancias características da casa é unha das habitacións  que, agora mesmo, é unha habitación normal e corrente pero,  antigamente, era o forno da casa. Neste lugar era onde facían o pan, as empanadas e todo alimento que necesitaba pasar polo forno. Quentábano con leña e ,unha vez que estaba ben quente ,cocían os alimentos.

Forno de leña
Continuamos co que agora é a bodega e a lareira .

Actual bodega


Estes sitios, agora mesmo, utilízanse para as comidas e reunións familiares e para todo tipo de celebracións.
Pero antes isto non era así, antes aquí estaban os animais, estaba todo ocupado polas cuadras.
A habitación da miña avoa estaba xusto enriba da bodega. Nunha esquina era onde tiñan o que antes chamaban cuarto de baño, que consistía unicamente nun burato no chan que daba directamente ás cuadras. Para anécdotas, a miña avoa, recorda cantidade de veces que o estaban a utilizar, e vían as cabezas dos animais por el.
Ao redor da casa temos un hórreo, que agora non se utiliza; un muíño de auga, onde antes moían o millo todos os veciños; un río e fontes , das que aínda hoxe na familia utilizamos a súa auga.
Nas seguintes imaxes podemos ver o río, o muíño e a fonte, coñecida como "Fonte Gaiteira".

Entorno da casa xunto ao río Catoira


Muiño no río Catoira


Fonte Gaiteira


Segundo di a miña avoa, habería moitísimo para contar pouco a pouco.

Todo na casa está cheo de recordos e cousas daquela época. De feito, cando xogamos nela sempre aparece a miña avoa nalgún momento para dicirnos: “Coidado! iso ten moitísimos anos”.


Pablo, no exterior da casa


2 comentarios:

  1. Noraboa Pablo:Fas unha descripción detallada da casa e das almas que a habitaron.Amosas unhas fotos con moito encanto.

    ResponderEliminar
  2. Paréceme moi interesante en especial o forno de leña

    ResponderEliminar