18/06/16

AS NOSAS XENTES




ENTREVISTA A JUAN CONDE 

RESTAURANTE "A PEDRA”

Exterior do Restaurante "A Pedra"



Por: Tania Otero Isorna


Hoxe imos entrevistar a Juan Conde, que rexenta o Restaurante “A Pedra,” en Catoira.
Tal como se presenta na súa páxina web, é "o único restaurante que ten batea e barco beeiro".

Situado nun marco incomparable, onde o río Ulla entrega as súas augas ao Mar de Arousa, aquí  pódese disfrutar dunhas estupendas vista sobre a ría.

Teñen fama as súas "pizzas" artesanais , feitas en forno de leña.

Pero a continuación, será o propio Juan Conde o que responda ás preguntas que a moitos de nós nos interesa coñecer. 


Juan Conde e Tania diante dunha das famosas pizzas.

- Como empezaches na hostalería?
- Empecei en Suiza con 18 anos, de axudante de cociña.
- Cantos anos levas traballando en restaurantes?
- Levo 34 anos.
- Xa rexentaras máis restaurantes antes da Pedra?
- Si, en Suiza, durante 10 anos.
- En Suiza, cal era o prato máis demandado?
- A pizza e o churrasco.
- E na "Pedra" cal e o prato que máis piden os clientes?
- A "pizza" e o "pincho vikingo".
- Sobre cantos quilos de fariña e de carne consumes?
- De fariña, ao mes, uns 1200 quilos e, de carne, no fin de semán, sobre 200 quilos.
- Que días son os que hai máis comensales?
- Os fins de semán,  cunha media de 300 persoas, entre o mediodía e a noite.
- Que tipo de clientela é a que ven "A Pedra"?
- Todo tipo, dende xóvenes , familias, excursións, despedidas, comunións, ata alguna boda…
- Cantas horas traballas ó día?
- Unha media de 10 horas.
- É de supoñer que con tanto traballo necesitarás moitos empregados; cantos empregados tes?
- Uns 10 contando, cos extras.
- Se puideses elexir, volverías a traballar na restauración?
- Si, gústame moito relacionarme ca xente e organizar o necesario para o día a día do restaurante.
Juan Conde elaborando as "pizzas".
- Teño entendido que as "pizzas" da "Pedra" son coñecidas en media Galicia e que incluso veu a televisión a grabar como as facías.
- Si, é verdade;  o boca a boca funciona moi ben e veñen clientes de moi distintos sitios a probar a "pizza". A gran maioría marchan encantados e voltan outro día con máis amigos.




- Moitas gracias e que teñas un bo día.

 Pódovos asegurar que as pizzas da Pedra están boísimas!!!




1 comentario:

  1. Gustoume e chamoume moito a atención a xente que vai só nun finde semana

    ResponderEliminar