17/06/16

AS NOSAS XENTES

ENTREVISTA A CÉSAR LOMBERA.

Por:CLAUDIA LOUREIRO ROMERO 

César Lombera Moret (Baracaldo, 1953). Aínda que nacido no País Vasco, tiña oito anos cando veu cos seus pais para Galicia. A súa vocación artística veulle de pequeno. Estudou Económicas , pero deixouno porque a súa vocación estaba nas Belas Artes.
Pasou por París, Bilbao, Barcelona....Adicouse á pintura e á escultura e tivo contactoco "teatro na rúa", o cal le levou a realizar xigantes e cabezudos.
Paro quizáis polo que é máis coñecido é polo seu traballo de "As Marías" da Alameda santiaguesa. Tamén podemos contemplar outras obras súas situads nas rúas de moitas cidades galegas: "Valle- Inclán" , "Viúvas de vivos", "Sereas", "Colas de peixes", "A fonte da serea","Conxunto escultórico da Tertulia Literaria"(Pontevedra).....
Tamén fixo guións de cine e televisión e guións teatrais: "Sisnando II" , "A barca de pedra"; "A raíña Lupa" e moitos máis.
Un artista moi completo que imos entrevistar e a ver se nos desvela algo da súa traxectoria profesional.

César Lombera no seu taller co seu próximo traballo, acompañado por Claudia.

- Con cantos anos comezaches a facer esculturas?
- De pequeno. Meu pai tiña unha fundición e eu xogaba alí.
- Cal foi a túa primeira escultura?
- Empecei facendo cousas pequenas, pero non lembro cál foi a primeira.
- Cál é a túa escultura máis famosa?
- A que máis xente coñece é seguramente As Marías.
- Ónde te inspiras para facer as esculturas?
- A partir de modelos reais. Como por exemplo Isaac Díaz Pardo, do que estou facendo unha escultura actualmente.
- De pequeno, querías ser escultor? Por que?
- Nunca pensei en ser escultor, pero gustábame facer figuras na fundición do meu pai. E iso levoume a ser escultor.
- Fixeches esculturas para algo importante? ¿Cales?
- Si. Por exemplo As Marías, Tertulia do Café Moderno, etc.
- Por que che gusta facer esculturas?
- Porque é unha forma creativa de facer arte.
- Cómo aprendiches a esculpir?
- Estudei Bellas Artes en Bilbao e Escenografía no Instituto Teatro de Barcelona.
- Cal é o teu material favorito?
- Non teño un material favorito. Traballo con pedra, bronce, poliéster e barro.
- Fas outro tipo de arte?
- Si. Debuxo, pinto, fixen “xigantes e cabezudos” e tamén estiven facendo Fallas en Valencia.
- Coñeces a outros artistas famosos?
- Si. Isaac Díaz Pardo, Leopoldo Novoa, Paco Leiro, e moitos máis.
- Fixeches algunha exposición?
- Si, pero non acostumo a facer moitas.
- Onde podemos ver obras túas?
- En Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Barcelona, etc..
- Querías ser un famoso escultor?
- Nunca me plantexei ser famoso, aínda que me gustaría. O que  importa é que as esculturas funcionen para ter traballo.



"Tertulia Literaria".Pontevedra.
"Cola de Peixe"-Vilagarcía de Arousa.


Valle- Inclán. Pontevedra.
"O Carrabouxo". Ourense

"As Marías". Alameda de Santiago.(Xornal El País)


Valle-Inclán. Santiago de Compostela

Neste enlace podedes ver a César Lombera nunha entevista feita para o programa "Galicia para el mundo":

http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=2026


3 comentarios: