ENTREVISTA A MARCELINO CAMPAÑA IGLESIAS
Por: Naroa Correa Bouzón
Marcelino Campaña Iglesias naceu en
Cordeiro (Valga) no ano 1945, no seo dunha familia humilde. Foi en Valga onde
realizou os seus estudos básicos; en Barcelona , estudou idiomas e
cálculo comercial. Empezou a traballar de axudante de camareiro aos 12 anos.
A sua longa experiencia como cociñeiro
levouno a escribir varios libros sobre cociña e gastronomía: "Consejos y
recetas de cocina para ostomizados", "Cociña Vikinga, una cocina
gallega diferente".
Na actualidade está xubilado e está
preparando a publicación dun novo libro sobre a comida para os diabéticos.
- Bos
días, Marcelino !
-
Bos días!
- Bueno,
ti tes fama de ser un gran cociñeiro pero, como empezachees nisto da
cociña?
- Traballando de axudante
de camareiro e axudante de cociña.
- Cociñaras
algo antes de facerte profesional; non sei, para os amigos, na túa casa …?
- Non, porque era moi novo.
- Que
che gusta máis, a cociña tradicional ou a innovadora?
- A tradicional, máis ben.
- Dinos
algún nome dun prato da túa colleita, que inventaras ti ?
-
Un moi rico, bacon con chocolate e almendras en tostadas estilo
"payés".
- Gústache experimentar coas
técnicas novas uo prefires, como se soe dicir, as receitas da avoa?
- Quédome cas receitas da avoa, aínda que
me gusta innovar, pero prefiro o tradicional.
- Falemos
agora un pouco dos teus libros, que che levou a escribilos ?
- Pois,
non poder seguir exercendo como chef debido a unha enfermidade que me
retirou dos fogóns.
- Custouche
moito escribir o primero libro, "Consejos y recetas de cocina para
ostomizados"?
- Pois a verdade é que non, non moito,
debido a tantos anos de experiencia.
- De
que trata ?
- Aconsello e recomendo menús para
ostomizados, debido a que nestos momentos estou pasando por isa enfermidade
- Escribiches tamén un libroque leva
por título "Cociña vikinga,una cocina gallega diferente", como che
xurdiu esa idea?
- Pois fixen durante varios anos a comida
para a" Romaría Vikinga", porque era a Cedonosa a organizadora do
evento e rexenteba o comedor desa empresa.
- As
receitas foron elaboradas por ti ou documentácheste a través de libros
viquingos?
- A maioria delas fíxenas eu.
- Teño oído que vas escribir un novo
libro, e certo ?
-
Si, e un libro para diabéticos. Neste
caso aconsello e dou receitas ós diabéticos.
- Por
último vouche facer unha pregunta un pouco indiscreta, algunha vez cociñaches
para algún famoso?
- Si,
jajajaja!!… para distintos políticos, como por exemplo Miguel Roca,
deportistas, cantantes e algún que outro artista como Norma Duval…
- Xa
vexo que te codeas con xente moi importante…!
- É o que ten ter un traballo de cara ao
público e saber que a xente vai contenta.
- Foi
un pracer poder facerche esta entrevista, espero que non sexa a última e, na
próxima a ver se hai a posibilidade de que poida probar algúns dos teus pratos.
Deséxoche moita sorte co
teu próximo libro, moitas grazas por todo.
- Grazas a ti, Naroa.
Neste libro, Marcelino Campaña mestura datos sobre a máis alta cociña e a historia de Catoira..."os niños viquingos especiais" ou o "guiso de pulpo ao albariño", saboréanse nas Torres de Oeste.
Proporciona recomendacions sobre a sua alimentación aos pacientes ostomizados ao tempo que ofrece unha guía para manter un estado nutricional adecuado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario