Buscar neste blog

17/06/16

AS NOSAS XENTES





ENTREVISTA A MARCELINO CAMPAÑA IGLESIAS



Por: Naroa Correa Bouzón



Marcelino Campaña Iglesias naceu en Cordeiro (Valga) no ano 1945, no seo dunha familia humilde. Foi en Valga onde realizou os seus estudos básicos;  en Barcelona , estudou idiomas e cálculo comercial. Empezou a traballar de axudante de camareiro aos 12 anos.

A sua longa experiencia como cociñeiro levouno a escribir varios libros sobre cociña e gastronomía: "Consejos y recetas de cocina para ostomizados", "Cociña Vikinga, una cocina gallega diferente".
Na actualidade está xubilado e está preparando a publicación dun novo libro sobre a comida para os diabéticos.


- Bos días, Marcelino !
- Bos días!
- Bueno, ti tes fama de ser un gran cociñeiro pero,  como empezachees nisto da cociña?
- Traballando de axudante de camareiro e axudante de cociña.
- Cociñaras algo antes de facerte profesional; non sei, para os amigos, na túa casa …?
- Non, porque era moi novo.
- Que che gusta máis, a cociña tradicional ou a innovadora?
- A tradicional, máis ben.
- Dinos algún nome dun prato da túa colleita, que inventaras ti ?
- Un moi rico, bacon con chocolate e almendras en tostadas estilo "payés".
- Gústache experimentar coas técnicas novas uo prefires, como se soe dicir, as receitas da avoa?
- Quédome cas receitas da avoa, aínda que me gusta innovar, pero prefiro o tradicional.
- Falemos agora un pouco dos teus libros, que che levou a escribilos ?
- Pois,  non poder seguir exercendo como chef debido a unha enfermidade que me retirou dos fogóns.
- Custouche moito escribir o primero libro, "Consejos y recetas de cocina para ostomizados"?
- Pois a verdade é que non, non moito, debido a tantos anos de experiencia.
- De que trata ?
- Aconsello e recomendo menús para ostomizados, debido a que nestos momentos estou pasando por isa enfermidade
- Escribiches tamén un libroque leva por título "Cociña vikinga,una cocina gallega diferente", como che xurdiu esa idea?
- Pois fixen durante varios anos a comida para a" Romaría Vikinga", porque era a Cedonosa a organizadora do evento e rexenteba o comedor desa empresa.
- As receitas foron elaboradas por ti ou documentácheste a través de libros viquingos?
- A maioria delas fíxenas  eu.
- Teño oído que vas escribir un novo libro, e certo ?
- Si, e un libro para diabéticos. Neste caso aconsello e dou receitas ós diabéticos.
- Por último vouche facer unha pregunta un pouco indiscreta, algunha vez cociñaches para algún famoso?
- Si, jajajaja!!… para distintos políticos, como por exemplo Miguel Roca, deportistas, cantantes e algún que outro artista como Norma Duval…
- Xa vexo que te codeas con xente moi importante…!
- É o que ten ter un traballo de cara ao público e saber que a xente vai contenta.
- Foi un pracer poder facerche esta entrevista, espero que non sexa a última e, na próxima a ver se hai a posibilidade de que poida probar algúns dos teus pratos. Deséxoche moita sorte co teu próximo libro, moitas grazas por todo.
- Grazas a ti, Naroa.





Neste libro, Marcelino Campaña mestura datos sobre a máis alta cociña e a historia de Catoira..."os niños viquingos especiais" ou o  "guiso de pulpo ao albariño", saboréanse nas Torres de Oeste.





Proporciona recomendacions sobre a sua alimentación aos pacientes ostomizados ao tempo que ofrece unha guía para manter un estado nutricional adecuado.






Ningún comentario:

Publicar un comentario