Buscar neste blog

15/06/16

AS NOSAS XENTES


XOSÉ RAMIRO PAZ TARRÍO

Hoxe, ímoslle facer unha entrevista a Xosé Ramiro Paz Tarrío, un mestre que naceu en Rubiáns e que agora está vivindo coa súa dona en Catoira.



Xosé Ramiro, no seu xardín.
  
Por: Manuel Rodríguez Paz

- Cando eras novo, cal era a túa afición?
- Non tiña ningunha afición destacada. Xogaba aos xogos que daquela xogaban case todos os nenos como o trompo, as bolas, a pelota, ás agachadas, lía tebeos e contos...

 - Por que decidiches ser mestre?
- Porque eran os estudos máis asequibles económicamente para a miña familia, porque a miña familia non tiña moitos recursos.

-E cando o conseguíches?
- Con 20 anos aprobei as oposicións de Maxisterio.

- En que colexios estiveches dando clase?
- Primeiro, en Vigo, ao lado de Balaídos; logo, en Vilagarcía de Arousa; máis tarde, pasei a un colexio da Conca Mineira Asturiana, Sotrondio; despois vin destinado a Valga e, finalmente, a Catoira.

- Se non te fixeras mestre, que outra carreira estudiarías?
-Pois a verdade é que non o sei.

- Gustábache máis a vida no campo ou a vida na cidade?
- Pois eu que nacín en Rubiáns, unha parroquia de Vilagarcía, sempre estiven vinculado ao mundo rural: aos animais, ás plantas, ás tarefas agrícolas e gandeiras, aos xogos de aldea... e todo iso pasa a formar parte dun mesmo, é algo que nunca se esquece. Polo tanto, eu prefiro a vida no campo.

-A que anos te xubilaches?
- Xubileime aos 61 anos, despois de case 40 anos de exercer de mestre.

- ¿ E agora que estás xubilado, como é a túa vida?
- Paso as  horas entretido entre axudar á miña dona nas tarefas da casa, en atender aos meus netos e tamén formo parte do BNG local e da Comunidade de Montes parroquial, entre outras cousas. En resumo, que non me aburro.
- Moitas grazas por contestar ás miñas preguntas.
- Non hai de que.


Saudamos dende aquí a Ramiro, que foi compañeiro de traballo neste colexio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario