Entrevista a Arantxa Pérez
Por: Sabela Lorenzo
Nome: Arantxa Pérez Mariño
Vocalista, cantautora/ guitarra
Idade: 29 anos
Lugar de nacemento e residencia: Catoira
Vocalista, cantautora/ guitarra
Idade: 29 anos
Lugar de nacemento e residencia: Catoira
É Arantxa unha persoa que pisou por primeira vez os escearios formando parte do grupo da súa clase de 2º curso de E.X.B. nun festival do Colexio de Catoira. Interpretaba a parte solista dunhas cancións galegas moi coñecidas que dicían así: "vai o gato metido nun saco..." e " teño unha casa no monte con piñeiros arredore...."
A súa doce voz entoaba perfectamente estas e outras cancións e, así como ía medrando en idade tamén o facía a nivel interpretativo.
Como ela mesma conta, foi nun festival local, durante as festas da parroquia de Santabaia onde , con nove anos, se animou a participar e, dende aquela, comezaría a súa afición pola música, chegando a grabar unha casette xunto cos demáis participantes.
Lémbrome especialmente dun tema de Mecano, "Eugenio Salvador Dalí", durante outro dos festivais do colexio no que deixaba amosar unhas boas dotes interpretativas.
Participou en diferentes concursos televisivos ata a idade de quince anos, momento no que decidiu formar parte de diferentes agrupacións musicais ,en calidade de vocalista.
A súa andadura "verbeneira" comeza no ano 2007, no Grupo Triunfo; no que estivo durante dúas temporadas. Dalí pasou a formar parte do Grupo Limón tres anos e continuando no Grupo Metrópolis no ano no que se creou esta formación musical. Finaliza de mometo esta etapa na Orquetra Passarela e inicia a súa preparación como intérprete de guitarra , o que a levaría a compoñer as súas propias cancións.
A finais de 2013, presenta as súas primeiras composicións a través das redes sociais e, a mediados de 2014, leva a cabo os seus primeiros concertos en solitario.
Pero é neste ano 2016 cando sae á luz a súa primeira maqueta "Hay tanto camino por andar", co que quere simbolizar que " o máis importante non sempre está por chegar, senon por loitar".
Co permiso da entrevistada e da entrevistadora, non podía deixar pasar a oportunidade de presentala persoalmente, xa que me une con Arantxa unha boa relación de amizade e afecto. Unha mestra orgullosa da súa antiga alumna.
(Marisel)
Agora si que vai a entrevista feita por Sabela.
-Cantos anos levas dedicándote á música?
- Empecei con 9 anos
participando en concursos da canción e con 16
cantaba en bodas. ...e dende
aquel momento non deixo de cantar .
- En que colexio estudaches?
- No CPI Progreso de
Catoira.
- Tes
máis aficións que cantar?
- Encántanme os animais ,
camiñar e os deportes en xeral .(Ainda que non practico ningún en concreto.)
- Cando subes ao escenario a cantar , poste nerviosa?
- Si... un pouco sempre.
- Cando tiñas 7 ou menos anos, gústabache
a música?
- Xa cantaba coa profesora
Marisel cancións populares galegas que ela me ensinaba.
- Se non foses cantante ou música ,¿ que che gustaría ser?
- Seguro que querería ser cantante.
- Cal é o teu ídolo?
- Vanesa Martín ,compositora
malagueña, e Alejandro Sanz.
- En que mes naceches?
- En outubro
- Con que compañeiro de profesión che gustaría volver a cantar.
- Cun cantantautor galego,
Manuele de Felisa, que visitou o Colexio en varias ocasións para cantar.
Hai multitude de cancións interpretadas por Arantxa Pérez ás que lle imprime un toque moi persoal e transmite moitas das súas vivencias :
Aquí podedes escoitar os seus últimos traballos:
www.youtube.com/results?search_query=hay+tanto+camino+por+andar+arantxa
Dende aquí desexámoslle todo o mellor ....
Noraboa Sabela.Gostame a tua entrevista a Arantxa.Creo que na sinxeleza da mesma está a sua grandeza.
ResponderEliminarNoraboa Sabela.Gostame a tua entrevista a Arantxa.Creo que na sinxeleza da mesma está a sua grandeza.
ResponderEliminarMoi chula a entrevista
ResponderEliminar