Buscar neste blog

10/06/16

AS NOSAS XENTES


ENTREVISTA A ROI CASAL FIGUEIRA


Martín, Roi e Lucas.

No estudio de Roi, rodeados de moitos instrumentos musicais.


Por: Martín  Manteiga Rodríguez 
        Lucas Lorenzo  García 

Roi Casal Figueira naceu en  Catoira  o día 25 de abril de 1980. É  músico e farmacéutico. Está casado e ten  dous fillos.

·         - Como  comenzou o teu interés pola música, influeu  a túa familia?
-Pois claro que influeu a miña familia.O meu avó paterno,  Baldomero  Casal,  era o tamborileiro dunha  orquestra; o meu pai, Nando Casal,  pertence ó grupo "Milladoiro" e antes xa formara o grupo de gaitas    "Faiscas do  Xiabre".  
Na casa sempre tivemos un  cuarto con  instrumentos: gaitas, piano, tambores... similar a este onde    estamos.  Teño dous irmán  que non se adicaron á música,  pero non cabe duda de que por   pertencer a    una familia de músicos, é  máis fácil.

·          -Dedícaste a algo máis que á música?
-Eu estudei  Farmacia en  Santiago  e compaxinei as dúas cousas,  reparto o tempo como podo,  agora  vivo  da música pero  ó  principio axudoume moito a outra profesión.  Nos comezos non puiden vivir dela  pero  agora, con  moita dedicación  e esforzo,  vivo dela.

·         -Que instrumentos tocas,  con  cal comenzaches e  a que idade?
-Comecei  co  piano; penso  que se debe comezar por el.  De neno  ía ás clases de solfeo  de Tino Moure,    tamén  na Banda de Música de Catoira e con dezaseis anos tiña algún  grupiño  con  amigos,pero aos    dezanove anos,  no grupo Milladoiro deuse de baixa o arpista e eu collín a praza.  Quedoume o pesar de  non  ter comezado dende abaixo e tomei una decisión  moi  difícil:  deixei o grupo  "Milladoiro", e o  que  fixen  foi comenzar dende abaixo,  e crear a miña propia Banda ,  con  moito  traballo, horas e adicación,  ata aquí cheguei.

·         -Que che inspira para componer as cancións?
-Sempre taballando  nunha idea que vai xurdindo ó longo do día,  mesmo  na ducha xurdeume,  tarareei    unha  melodía que se converteu  na cabeceira dunha serie que todavía non se entrenou na TVG  (nos  tivemos a sorte de escoitala no  estudo ). Saín  da ducha, grabeina  e logo  traballei nela co meu equipo de  produción.
Ás   veces temos que realizar traballos máis potentes, é un  traballo  moito  máis complexo, como por  exemplo , o  último  disco  foi un traballo de dous anos.

·         -O  teu  último disco,   "Son  Galego , Son  Cubano", como  xurde a idea,  podes contarnos como    foi a túa experiencia con Xosé Neira Vilas?
-Estaba a facer una xira por  Latinoamérica,  Arxentina e Uruguay,   e avisáronme  de que me  concederan    un  premio  Internacional  de música;  non lle din  importancia  e, cando  estou de volta,  chámame Xosé  Neira Vilas.  Eu non  o coñecía persoalmente e propuxèronme facer un traballo  que puxera en  valor os  lazos entre Cuba e Galicia. 
Neira Vilas viveu trinta e un  anos en  Cuba. Traballaba no Ministerio de Industria e, polas tardes,  adicouse  a recopilar  información  sobre os  galegos en  Cuba na época  da  emigración. Os galegos chegaron  a ter  moito  poder na illa,  por  exemplo,   un  dos edificios máis bonitos da Habana foi  feito por eles, trátase  do Palacio da Música, que  foi reconstruído este ano. Invertiron nel  moitos dólares. Obama na súa visita  a  Cuba estivo neste edificio. Aí  estreamos o disco e xa se estreara nel   o  "Hinmo Galego",  e alí está o  escudo  de Galicia. Neira Vilas compuxo  as cancións do disco,  menos unha. Era a persoa idónea,  estaba moi documentado.  O disco naceu como una idea pequeña e foi un  traballo  grande; nel  participaron  as Institución cubanas e  españolas,  tamén grandes voces como  Pablo Milanés e Laritza Bacallao. Traballamos  nel unhas cen  persoas: productores, músicos, deseñadores, técnicos...

·         -Que tal en  Cuba,  estás contento ca presentación do disco?
-Pois  a verdade  moi contento,  fixemos moitas entrevistas, non  puidemos atender a todas. As localidades  para os dous  concertos ,que se puxeron  a venda,  agotáronse moi pronto.   O Concerto  foi un éxito,  asistiron  os presidentes Raúl Castro e Nuñez Feijoo, e foi gravado pola Canle Internacional.
E, sobre todo,  a satisfación de facer aquello que Neira Vilas me pedira,  estrear o dico  en  Cuba no  Palacio da Música , construído por galegos.

Nestes enlaces podedes  coñecer algo máis sobre Roi Casal:



Cartel da presentación do seu disco en La Habana.

http://songalegosoncubano.com/js_albums/abrazongo/

 http://roicasal.com/son-galego-son-cubano-neira-vilas-roi-casal/?lang=es


2 comentarios:

  1. MOY BO TRABALLO DE MEU IRMA E DE MATIN DEBERIAMOS DE DARLLE UN DIPLOMA A TODOS

    ResponderEliminar
  2. Pois aínda haberá mais sorpresas...pode ser que destes traballos saian futuros xornalistas.....quen sabe!!!!

    ResponderEliminar